06/06/11

Viaxa con comodidade e información.

Perderse viaxando é normal.
Pero suar a gota gorda, por pechar e despechar un plano, non o é tanto.

Agora unha marca italiana, ( país experto en turistas ), pensou o xeito de facer un plano de uso rápido.
Deu con este material 100% Waterproof, que só temos que arrugar e meter onde queiramos. Ainda que no paquete inclue unha pequena bolsa, para gardalo.

Rematouse tanto dobladillo e planchado que mesmo pareciamos unhas costureiras.
A firma Palomares e o deseñador Emanuele Pizzolorusso, pensaron moi ben canto tempo e discusións colectivas, se aforran con este sistema, que se chama Crumpler City.
Costan 12.85 € e pódelos atopar aquí.

Tardamos 2 segundos en gardalo ou abrilo, inclue a información máis importante da cidade así como unha lista dos dez sitios a visitar.
A medida dos planos é de 87 X 58 Cm. algo mais grandes que os GPS, pero diferentes.

Pesa 20 gramos, e ademais é superresistente pois está feito con un tecido de enxeñería empregado como barreira contra a humidade, na construcción.
Por eso se pode usar con vento, choiva e para poñer como pano da cabeza, estilo señoriña.


U-LA Pensa para ti...

Ningún comentario:

Publicar un comentario