30/07/11

Vacacións para os mestres.

Nestas datas, lembrámonos moito da estupenda laboura, que os educadores fan cos nosos fillos.
Ocupándose deles durante todo o curso e dándolles cariño e dedicación.
¿Temo-los meniños a monte e non sabemos como educa-los?

É aquí onde entra en xogo o atractivo da temida didáctica. Non te arrepíes, non terás que face-lo ridículo diante do teu fillo,¡Se ese é o medo que tés!.
Tampouco terás que poñer voces, nen caras teatrais, pero ¡¡ xoga un pouco con el, é divertido!!.

Deseñadorísimas como Mlle Heloise , Cat the Cat ou Chloé Rémiat,
son as autoras das atractivas ilustracións de La Marelle.

Os Quebracabezas da firma francesa La Marelle , con preciosas ilustracións de deseñadoras con moita sabedoría e experiencia infantil, son unha boa desculpa para relacionarnos cos cativos e axudarlles a non senti-la despreocupación que algúns pais e nais, poden sentir ás veces por eles.

Puzzles de 54 pezas, para maiores de 4 anos, entre 13.50 € e 15.50 €,
pódelos atopar aquí na nosa web.

Non queremos futuros adultos con carencias afectivas nen tampouco futuros adolescentes aillados no teléfono e a web 2.0.

Axudalles e divírtete con eles, disfrutando destas ilustracións, ricas, ricas!!!.

27/07/11

¿Como darlle a volta a unha moda?

Se ollas revistas de decoración ou se frecuenta-las tendas máis na tendencia, terás observado o exito dun clásico na decoración e que de étnico e característico dun país , trascendeu ó mundo.
Trátase das Matrioskas, das que xa temos comentado algo anteriormente,(15-1-2011).

Massimo, Matrioska de sete pezas, realizada en madeira torneada e decorada.
O seu prezo é de 19€ e xa está na nosa web.

Esta é de Pylones, da mesma deseñadora, Letizia Reuss, á que lle editaron a indiscreta Poupee xyz..., este modelo de hai un ano vese completado, agora polo seu compañeiro de profesión Massimo, tamén na mesma tendencia sexy, pero en masculino.

23/07/11

Alegrías con estilo.

Ter cousas feas na casa xa non é preciso, todas esas cacharrerías de gran superficie, onde non se aprecie nada de especial, simplemente cousas básicas, necesarias e que podemos utilizar pero, ¡¡¡ nada de pedir que transmita algo!!!. Eso non é para a masa.
Cesto da roupa Sale de Mâle, o seu prezo é de 32.90€ e pódelo atopar aquí.

Certo punto de inocencia estética, nas ilustracións un pouco Naïf, son o que caracteriza a toda esta nova utilidade doméstica cargada de ironía, deseñada por Valérie Nylin e Bilb.
Caixa para tiritas con 20 unidades, para pupas e accidentados habituais etc.
O seu prezo é de 7.60€ e pódelo atopar na nosa boutique.

Levar esto no bolso ou ter cousas como estas debaixo dos pés teletranspórtanos a outra realidade que ademais de resultar unha viaxe supereconómica, é desestresante e refrescante de verdade.

Pesa de baño con un obxetivo imposible...o seu prezo é de 42.70€ e pódelo atopar aquí.

As accións diarias como mante-la limpeza, orde e hixiene básica da casa, poden resultar reconfortantes e levadeiras.
Non precisamos ver plasticos puros e duros que nos lembren a pouca gana de innovar dalgúns.

Papeleira de baño Aux petits soins,o seu prezo é de 24.30€ e pódelo atopar neste link.

U-LA Boutique quere formar un "grupo terrorista" para atentar contra o mundo do aburrido.

19/07/11

Comodidade ante todo.

Dende que xa non nos permiten que contaminemos os regatos con bolsas de plástico e ata que se lles ocurra outo xeito de entreternos, ímos ter que nos acostumar a leva-la bolsiña ó super como as nosas aboas ou nais o faian antes de Boney M, María Jimenez ou Miguel Bosé.
Como non todos ides ó ximnasio (ainda), o mellor e que esas bolsas leven rodas incorporadas, ¿Que menos, na era da motorización?
Modeliño art-deco,de 29.70€, pódelo atopar neste link.

Estes carros plegables son dun textil alemán altamente resistente, non se enlixan facilmente e se así fose, tamén limpan facilmente con un pano húmido e quedando como novos.
Falttroll / Foldable Trolley I like shopping cu0020 Reisenthel Falttroll / Foldable Trolley grafic cu0002 Reisenthel
Modeliños shopping de 27.90€ e grafic,de 29.70€, pódelos atopar neste link.

Ademáis son prácticos, pois encártanselle todo-los compoñentes nuns 8 segundos e o peto exterior traseiro, do carro, é a propia bolsa que o recolle, para que cando o levemos recollido sexa a envexa de tódalas veciñas e a conversa da academia de manualidades.

Falttroll / Foldable Trolley I like shopping cu0020 Reisenthel Foldable Trolley love
Modelos shopping e love de 27.90€.

Algúns dos últimos e máis exitosos estampados da colección veñen rematados con unha bolsa de cor lisa e peto estampado.



Vede como se plegan e desencartan con moita facilidade e rapidez, non precisamos ningun curso de formación do INEM. Tampouco é preciso poñerse nervosa e tropezar cas cremalleiras como a protagonista do vídeo.
podemos facelo nós mesmos nun momentiño.

16/07/11

Cando todo pode chegar a ser poesía...

Non só a literatura e a música, teñen o patrimonio poético da creación.
Tamén a escultura, a pintura e como non o deseño.
Obxetos que engaden un contido, ademais da estética, son os nosos preferidos para facer un agasallo, pois estamos regalando unha pequena e simpática reflexión.


Porquiño de carnicería, con despece do seu contido. Deseño de Liz Goulett Dubois. O seu prezo é de 17.75€, pódelo atopar na nosa web.

Podes aforrar para unha liposucción, unhas vacacións ou cousas máis ó alcance dos malos aforradores, como donuts ou roupa interior.


Porta bolígrafos tapa, de porcelana, deseño de Martin Broen e Silvina Iglesias. O seu prezo son 12.50€´pódelo atopar na nosa web.

As imaxede toda a vida tamén esconden esa poesía. Como esquecer esa tapa que comimos durante tantas horas mentres nos falaban de ecuacións, límites, tanxentes ou derivadas, ás que nunca fumos capaces de enter por máis de 5 minutos seguidos.


Taco de notas, con estampado de auténtico taco de 600 folliñas. O seu prezo son 9.45€ e pódelo atopar na nosa páxina.

Só lle falta o cheiro a madeira para conseguir evoca-lo resto da carpintería.

U-LA Boutique é unha poetisa frustrada.

14/07/11

Cambios de tramoya.

En toda casa son precisos certos cambios na escenografía, xa que como os espectáculos.... poden chegar a aburrir.
Os actores son os mesmos, a obra se repite. Sería recomendable certos cambios de superficie, para estimula-los cambios profundos, máis difíciles de lograr.

-Taburetes La Boheme de Philippe Starck para Kartell, dende 105€.
-Litografías circulares "Desayunos" de 90€.
-Reloxo LED de 242.90€.
-Froiteiro Babel, de 23.95€.
-Teléfono negro con peto, de 84.70€.
-Velas Klaus, de 9.95€.
-Extintores para todo tipo de lumes, entre os 109 e os 118€.
-Vaca New York Celebration de Cow Parade, por 71.70€.
-Vaca Verónica, exposición Madrid, de Cow Parade, por 74.30€.
-Vaca Sandía de Cow Parade, por 67.30€.
-Vinilos Art Applique, de 17.70€.
-Vinilos en tubo ou plancha, dende 6.50€ ata 49.90€.
-Felpudo "Entree des Artistes", de 27.90€
-Stickers mirilla portas, de 6.75€.
-Matamoscas Mr. Skud de Philippe Starck para Alessi, de 11€.
-Matamoscas Fly de 6.20€.
-Perchas de parede Smoking, de 19€.
-Vinilo gaiola de Sofía Antonovich, de 49.90€.




11/07/11

Invasións vinílicasssssss.

VINILOS
Deseñadores xenuinamente franceses, que exportan estilo e renovación inmediata.

Vinilos, stickers, "pegatinas", ilustracións adhesivas que se pegan con facilidade e tamén se sacan limpamente, non deixan residuos e pódelos poñer ti mesma.
Sen dúbida unha alternativa ó empapelado, á pintura e a calquera obra ou reforma; que xa non se levan... nada, nada, nada!!.

Cage de Sofia Antonovich. O seu prezo é de 49.90€ e pódelo atopar neste link da nosa WEB.

Ainda que cada un é da súa medida, permítenos adaptalo ó noso espazo, xa que podemos articulalos como precisemos, separando ou xuntando a composición.

Tal cal unha gran pegatina, son faciles de colocar e non precisamos ver programas de bricolaxe para instalalos nós mesmos.

Arbre Japanais de Sofía Antonovich. de 69€ , pódelo atopar AQUÍ.

Outros ,pensados para adornar cuartos adolescentes e para os meniños; ós que sempre apetece adapta-la decoración á idade, a medida que van medrando.
Xa que, normalmente non queren seguir vendo "Winisdepús" de cando eran máis "pequenos".



Guitar Bicoloure e Pingouins de Sara Ödman. O seu prezo é de 59 e 49.90€
e pódelos atopar neste link da
nosa páxina WEB.

U-LA Boutique, sempre propoñéndoche solucións.

09/07/11

Cumple de Joi D'art.

A nosa firma de xoiería favorita Joi Dàrt e ca que levamos catorce anos colaborando, está de 30 aniversario.
Para conmemora-lo fixéronlles unha exposición no mes de Maio, no FAD, Foment de les Arts i del Disseny, de Barcelona, chamada TRAÇOS 1981-2011, JOID'ART.
Xa está aquí o video de Joanot Cortés.
Podedes ve-los a eles e un pouco dos seus procesos.



Varias das pezas que se mostran formaron, nalgun momento, parte da nosa tenda.
Nós sentímonos moi orgullosos de ter apostado polo deseño, incluso en tempos máis difíciles.

E para as privilexiadas que teñades unha das súas creacións, ademais de posuír unha obra de arte, sabede, que tamén colaboráchedes nesto.

05/07/11

Mr. Deseño Joseph Joseph

O práctico se é de boa calidade, é dúas veces práctico.

Estos son os argumentos da firma Joseph Joseph, calidade, practicidade e estética.


Qs irmáns xemelgos Antony e Richard Joseph lanzaron a firma en setembro de 2002.
A marca ten as súas raíces nunha empresa de vidro da familia que se remonta a tres xeracións. Joseph Joseph converteuse nunha marca forte que engloba principalmente cociña e mesa.
Tamén fixeron unha colaboración coa House of Fraser ( grandes almacéns con máis de 150 anos en Inglaterra e Irlanda), exclusivamente para lanzar o novo e elegante "Elevate" colección de utensilios que ofrece un pé para "eleva-la cabeza", que permite apoiar na encimeira sen manchar.
O prezo destas ferramentas individualmente, é de 13€.
Pódelas atopar neste botón.

Deste xeito cando o teu marido decida cociñar non terás que perseguilo para limpa-las pingadiñas que vaia deixando, evitanse asi, discusións, violencia e denuncias.


Outra das razóns para usar estos accesorios é por comodidade de traballo e almacenamento.
Cociñar con malas ferramentas e como tentar maquillarse con unha brocha de pintor.

O seu prezo é de 23.30€ e pódelo atopar neste botón.

Pinza Elevate co característico pé e con botón de bloqueo, que se pode pulsar incluso co dorso da man, para garda-la plegada.

Ferramenta imprescindible para toda esa cociña á plancha, que temos que facer por decreto.
U-LA boutique realiza continuos estudos sociolóxicos
A finalidade é fomenta-la labor pedagóxico-marital e facilita-la convivencia das parellas, evitar divorcios sen necesidade e eleva-lo nivel de paz familiar.


02/07/11

A creatividade que te ilumina

As xoias desta colección da marca Demiim de Girona, son auténticamente delicadas e femininamente sensibles.
Esta marca nace do traballo da deseñadora Nuria Casnova que durante anos formou parte do equipo da firma Catalana Joi D'art.
Pendentes de 20€, colgante pequeno 21.60€, anel regulable de 13.60€ e colgante de 21.60€.
Pódelos atopar na nosa web.

O concepto destas xoias abrese a novos materiais, diferentes á plata e o ouro, e crean tendencia.
A deseñadora Ccombina materiais, dun xeito novo; transforma conceptos e elabora xoias nas que laten emociòns.
PRI001N
Anel Print de 13.60€. Pódelo atopar na nosa web.

Anel e pendentes da colección Print, feitos con unha impresion de papel encapsulado, co que queda protexida da humidade.
Unha suxerente colección de referencias Pop, que entre outras emocións, provócanos un flashback, transportándonos á infancia e á adolescencia.
PRI002A
Pendentes Print de 20€. Pódelos atopar na nosa web.

U-LA Boutique, ofreceche xoias con personalidade.