23/06/12

A fibra que veu de lonxe...

Bonitas fortes, repelen ó auga e teñen uns estampados orixinalísimos, por todas partes.
Estas carteiras están fabricadas co mesmo material co que se fan os sobres de correo urxente de moitos paises , como EEUU e Inglaterra, chámase Tyveck. Está patentado e resiste extraordinariamente á rachadura e ó auga, comprobádeo no seguinte vídeo.
Esta estampada co debuxo orixinal do primeiro Star Trek, por 14.95€, na nosa WEB.

Feitas nunha microfibra, cinco veces máis fina que o cabelo, logran parecer un material semellante ó papel, pero nono é.
Esto, unido á súa anorexia conceptual, fan que só abulten o que ti lles metas, tarxetas, billetes e documentos de identidade, podéndose engordar en funcion do que precises.


Olla o increible neste video, para que comprobes o da resistencia e... ¿que tamén pode servir como vaso para beber?
Son ecolóxicas e reciclables. O seu deseño do plegado elimina as costuras, conseguindo que sexan máis ergonómicas e planas.



Esta está estampada co plano do metro de NYC, por 14.95 €, na nosa WEB.


O prezo na nosa Boutique é especial,14.95€, por que según os seus deseñadores, (Dynomighty) " Non sirve de nada un bó deseño se ninguén se pode permitir compralo"

Olla máis modelos, aquí.


21/06/12

¿ Accesorios ? Bonjour Mon Coussin.



O que nos gusta no menú, tamén nos pode facer disfrutar na moda, esa é unha das premisas dos deseñadores da firma Bonjour mon coussin.
Pano de Bonjourmoncoussin, por 27.90€; AQUÍ, na nosa páxina.
Os panos, deseñados, como todo, por Claire Eglizeaud & Paul Moreau. Cos estampados da colección, e con uns acabados que che fan sentir artista de cine, sen facer carreira.
Neceser con dous petos, un con elástico, por detrás e outro de cremalleira, central. Rematado con untirador de raso,´con exquisitísima sensibilidade, como nos teñen afeitos os de Bonjour...
Trousse à maquillage Exquises
Os deseños pra poder escoller entre o que máis nos agrade.
Por 18.60€ ,AQUÍ, na nosa web.

Trousse Dolce VitaTrousse Irrésistible
Zoo PurseSmarties Purse


Accesorios que se convirten en protagonistas do noso Look.

15/06/12

Do you speak english?

¿Non queres ser detalloso?
Agora que conseguiches ter amigos e que ademáis se queden a dormir!!!
Fai algo que os impacte. Unhas estupendas Cookies de Xenxibre ou chocolate ó estilo británico.
¿Que me dis, se ademais estas, poñen "Home Made"?
Darías o pego e chegarían a pensar ata que eres bo, cariñoso e que pensas neles.
Estampador de galletas, por 10.95€ AQUI na nosa Web.
Feito con silicona e madeira, todiño controlado e apto para uso alimentario... non vaia ser que os intoxiques. !!!
¿Precisas unha boa receita?, olla esta.

Outro dos productos da marca Británica Suck UK, que nos parece destacbilísimo é este peto de ...rachar en caso de emerxéncia.

Peto rachar en caso de emerxencia, por 8.20€, AQUI, na nosa Web.


Aforradores de verdade... preparádevos, á tentación vai ter que ser superable, porque se rompedes o cristal, logo perde o chiste.
Este peto para fixar na parede ou pra sobremesa, pode axudar a aforrar a calquera, ainda que só sexa por facer o chiste.

08/06/12

Comida e decoracion...Bonjour mon coussin.

Decora a túa bulímica casa con estilo actual, na tendencia das famosas cupcakes de "Sex and the City", esa estética riquiña cas merendiñas na Magnolia Bakery.
Caerache a baba mentres durmes, pero xustificadamente.


Coxín con recheo, incluido e peches de laciños repipis, por 29.95€ na nosa WEB.

En Vigo esperamos facerlles compaña ós que xa se apuntan á tendencia como Lovecupcakesvigo.

Estos coxíns forman parte da nova colección de bolsos e complementos que trouxemos dende Francia á nosa boutique.

P1010535P1010536

Maiormente a tematica dos estampados está relacionada ca pastelería fina, pero circo, gatos e demais romanticismos, son tamén unha desculpa para crear fabulosos resultados.
Claire Eglizeaud e Paul Moreau, deseñadora e artista gráfico de Burdeos, montaron a firma Bonjour Mon Coussin ca que están repartindo sorrisos por toda Europa.

P1010539

BÁBATE CON GLAMOUR

05/06/12

Bonjour...NOVIDADES


Novidades de Bonjour Mon Coussin
na nosa Boutique... e na cidade.

Non esperes a velos pola rúa, eso significará que xa non os temos.
Esta firma saca estampados novos con moita frecuencia e retira outros do mercado, polo que che recomendamos non deixalos pasar,( sempre e cando che gusten),(ou lle guste á túa amiga que ten moi bo gusto).

Os estampados de comidas doces e as ilustracións románticas procedentes de panfletos e lembranzas de viaxes son a temática recurrente.
seguramente formarán parte da colección dos deseñadores Claire Eglizeaud &Paul Moreau que teñen relación co mundo do deseño gráfico e a ilustración.

Grand Sac ZooGrand Sac LovecakeGrand Sac Smart
Bolso grande por 46.50€, na nosa web.

Dous tamaños diferentes con peche de broche no centro; ben forradiños no interior.
O grande con dúas asas é o pequeno con bandoleira, son dúas opcións apetecibles para lucir pastelería pola rúa.
Non aptos para xente excesivamente discreta.
Bandoleiras por 32.55€ na nosa páxina.