27/11/12

Pasatempos.

Novidades de Kikkerland.

Recuperando momentos da infancia, ¿ Quen non aspirou a desmontarlle o coche ós seus pais e voltar a montalo... con todas as pezas?
Pois esa aspiración ainda pervive, porque todos sabemos que as frustracións infantís non che son nada boas.
Esta práctica e curiosa ferramenta, poderá calmar todas as frustracións dese período e doutros.
Certamente,¡¡ da pra entreterse con calquera aparatiño e incluso pra voltar a montalo!!.

Por 9.10€ na nosa WEB.
Torpedo, con catro cores e con puntas pra oito cabezas diferentes.
Bricómanos e xente desocupada, son os potenciais usuarios desta tecnoloxía.


Os neorománticos teñen a oportunidade de ir dando bucinazos pola rúa no lugar de circular discretamente e atropelar a calquera inocente, con esta bucina clásica pero nova.

Dispón dun adaptador pra enganchar no manillar, á perfección.

Claxon, por 6.65€, aquí, na nosa boutique.
Pra os menos activos, sempre está o "clásico" masaxeador de cabezas, co que pasarás uns momentos de relax.
Este modelo incorpora silicona nas puntas, pra que non remates ferido; ademáis a forma de cana de bambú, dalle un toque máis Zen ó asunto.

Pra eses momentos... mortos.

16/11/12

Informáticos, si, pero divertidos.

¿Como facer do cotián, algo divertido?

Cos obxetos da marca Kikkerland, eso non se poderá evitar.

O traballo duro ó que están expostos os informáticos, require de grandes doses de humor e actitude positiva.
Ladrón cidade, con 4 enchufes USB, por 23.95€, na nosa WEB.

Ladrón con 4 enchufes USB, por 13.95€, na nosa WEB.

Sabemos que as larpeiradas, ainda que sexan conceptuais, son sempre un premio polo esforzo.
Ladrón con 4 enchufes USB, por 9.75€, na nosa WEB.

Tamén temos entendido que hai informáticos que limpan, ¿Que mellor cousa que estes limpapantállas?

Ladrón con 4 enchufes USB, por 7€, na nosa WEB.

Para enchufar todo tipo de periféricos este homiño, é un recurso bonito e ademáis, préndeselle o corazonciño cando está enchufado ó USB do PC.

Ladrón con 4 enchufes USB, por 12.70€, na nosa WEB.
Prémia ó  teu informático, faille a vida menos sacrificada
e faino feliz...¡¡ Regálalle algo.!!

13/11/12

Nenos xemólogos e paleontólogos.


Non temos intención de que metades a científicos forzosos, ós vosos pequenos.
Pero ¿Quen sabe se xogando con esto, lles entra a vocación?


Ceras con forma de xemas facetadas, diríase son pedras preciosas en seis cores brillantes.
Con esto crearán aquelo que teñen na súa imaxinación sen moita máis estimulación.


Crystal Crayons de Kikkerland, Por 8.30€, na nosa Web.
Set de pinturas e tampóns de dedos, por 13.40 €, na nosa Web.
Pra os máis estudosos da materia dinosauria, este suxerente pack co que poderá estampar as súas propias pegadiñas de minidinosaurio.
Valéndose, claro está, dos tampóns en varias cores, ademáis dos que xa trae o kit, e uns lápices de cores cos que perfilará e concretará, na medida da sua habilidade.


Xa os máis maiores, poderán usar esta goma/pelouro que contén un "Cráneo" de dinosaurio, sen identificar... ainda.
Que o teu pequeno científico poderá diseccionar e analizar no seu laboratorio.

Set de dúas gomas de borrar, do deseñador Mexicano Gilberto Gonzales, editado por Kikkerland.
Por 7.60€, na nosa Web.