30/08/11

Para fans de Starwars.

Tamén para informáticos de imitación, e maiores de 40 anos, para xente con fantasía, indivíduos con sensibilidade artística... e por suposto advertimos: absterse profesionais da informática.

Sen prexuizos cos lados oscuros nen claros, pero poñéndose do lado da tal misteriosa ...Forza.
¿ Quen non quere utilizar a forza do auténtico e poderoso Darth Vader
no seu ordenador ?,
¿ Quen sabe se así podería pensar el por ti ? O seu prezo son 35.80€
e pódelo atopar aquí.

Memorias Flash USB 2.0 de 4 GB, que ademais incorporan fondos de pantalla, iconos, clips de audio e moito máis contido dixital extra para o teu entretemento.
Compatibles con MAC e Windows.
Hai moitos personaxes como Yoda, C3PO, etc. pero estes son os que máis riquiños e que despertaron a nosa fantasía.
R2-D2, o seu prezo é de 35.80€, pódelo atopar aquí.

Contan cas autorizacións de Lucasfilm Ltd. & TM, non son unhas versións chaiñas que logo nos meten un virus no PC, que nos remataría por tolear por completo perdendo así os nosos poderes e a compañía da... forza.
Personaxes moi logrados e con un deixe que de seguro, moitos e moitas saberedes apreciar.

U-LA tampouco se pode resistir ó poder da forza.




26/08/11

Para xente desmemoriada e desorganizada... tamén hai deseño.

Organizarse é dificil, pero non imposible; perder as chaves e ter que chamar ós bombeiros non é unha opción para abusar dela.
Eles teñen cousas máis importantes que facer, como que apagar lumes ou entrenar para poder ter eses corpos cos que fantasear, quen teña esa fantasía.

Keypete é un deseño dos Isrraelitas Pelegdesign, por 13.70€.
Dispoñible tamén en negro e pódelo atopar aquí.

Este homiño, é un chaveiro magnético que pega nos dous extremos das mans, dun xeito fortísimo, así podes deixar as chaves na entrada ou en sitio visible, sempre que teñas un elemento metálico mínimo.


Doorganizer é de Monkey business, pódelo atopar na nosa web e o seu prezo son 14.95€.

Este organizador, cólgase no tirador das portas e pode valer para non esquece-las chaves, poñer cousiñas de uso frecuente e tamén para deixar o correo á vista e non ocultarllo ó interesado, a non ser que se faga intencionadamente.

O Magic Keyholder só o podes atopar en U-LA Boutique e o seu prezo son 27.75€.

Esto é unha decorativa peza inclasificable, pódese usar como organizador de correo e tamén para deixar, ou case, tirar as chaves, pois dispón dunha placa magnética potentísima, embutida na madeira, dese xeito calquera cousa metálica queda adherida "máxicamente".
Con esto podes impresionar ás visitas e facerlle a competencia á mesmísima Bruja Lola e os seus conxéneres.

Con estas propostas de U-LA Boutique, se perdes as chaves é por que non queres ser de deseño.

22/08/11

Meniños desdentados temporalmente.

Para moitos de nós o trauma de cortar o pelo cando rapaciños, foi moi grande, e non era por non darllo ò perruqueiro, era por perder parte de nós dese xeito hiperviolento con tesouras, rodeados de maiores, uhhh!!.

Pero o caso dos dentes de leite é grave, pois que a un meniño lle caigan cachos do minicorpiño que deus lle deu... só axuda a superelo un soborno, regalo ou pastel.
Para os máis pedagóxicos está este kit do Ratiño Perez, por 19€; que contén unha minicaixa para gardar o dente caido, pegatinas, calendario de limpeza dental, o conto do famoso rato e todo nunha bonita caixa metálica.
Pódelo atopar aquí, na nosa páxina.

É sabido que a esas alturas os meniños non poden ser sobornados con viaxes ó Caribe, Audis ou traxes de ningún modisto importante, por que ainda non lles dan valor.
Se ademais nesa operación intervén un ratiño, e non é preciso negociar cos superiores, o agasallo fará máis ilusión ainda.
O tal Ratiño Perez e a súa xenerosidade, serán lembrados durante toda a vida. Sen chegar a verlle segundas intencións ou pensar mal del, por terse levado o noso tan preciado ben.
A firma francesa Pylones tamén deseñou algo expresamente para este uso, Quenotte, unhas caixiñas con forma de moa, en diferentes cores, que poden usarse do dereito ou do revés.

Son do estudo de deseño Crea crea. Pódelas atopar aquí e costan 6€.

20/08/11

Disfrutando dos detalles


As pequenas cousas son o que nos fai sentir grandes sensacións, e agora que estamos disfrutando do tempo de lecer, é o momento delas:

-Carro da compra Pousette à legumes de Bilb para DLP, de 57.90€.
-Carro ríxido estampados DLP, 54.95€.
-Carro plegable Love de Reisenthel, de 27.90€.
-Neveira vermella, Cold Drinks de 235.95€.
-Manoplas Pixel de 17.90€.
-Bandexa de asas Plateau Apéro de DLP, 23.90€.
-Pizarras magnéticas, Bombilla, I lait l'heure,Liste des rejouissances,
Pompe-Bête de DLP, por 6.80€.
-Botelleiro negro modular de Koziol, por 25.95€.
-Xerras térmicas Eva Solo de 55.00€
-Cubiteira de aceiro, por 39.95€.
-Set de 2 vasos de copa de cervexa, doble corpo, por 23.50 €.
-Set de 4 vasos On the rocks, por 18.50 €.
-Porta snacks de cerámica e bambú, 17.95€.
-Palilleiro lata vermella, Cold drinks de 5.30€.
-Palilleiro ourizo de 8.30€.
-Carpetiña con set de 2 pousavasos vinilo, de 4.60€.
-Servilleteiro Mami vermello, de Guzzini, 31.95€.
-Set palas de ensalada Bunny de Invotis, por 8.40€.
-Báscula dixital verde de DLP, por 33.50€.
-Báscula culler de 15.80€.
-Bandexa con coxín de 13.30€.
-Set de sal e pementa cogumelos de 8.30€
-Mesturador de vinagreta de 7.40€.
-Set de sal pementa aceite e vinagre con soporte de madeira por 43.95€.
-Ensaladeiras de Koziol por 14.45€.
-Bowles negros de Koziol, por 9.95 e 12.95 €.
-Repousa culler de Bilb para DLP, por 11.95€.
-Temporizador caixa forte de 10.50€.
-Temporizador neveira vermella de 7.50€.

18/08/11

Leituga, tomate...

Ben, ben...como nos puxemos de fermosos!!!

Xa vimos os resultados das comelladas no patrón da aldea e agora para compensar ós que se sintan pouco apoiados na loita contra o crecemento horizontal , faremos...dieta colectiva.

Aceiteira antigotexo de Eva Solo, por 32.40€, pódela atopar aquí.

Tampouco é tan dificil e xa sabemos de memoria o que hai que facer.Aceitiño do bo, vinagres variados, algo verde e algo vermello.
Mesturador de pulsador, para aliños rápidos, por 7.40€, neste link e aceiteira antigotexo de 250ml, por 7.90€ nestoutro link.

Menús esquemáticos, minimalistas, rápidos e moi lonxe do fast food; todo esto faranos gañar tempo para nós, evitando ter que ir ó super demasiadas veces.
Esta dinámica liberará algún tempo máis ó non ter que ir ó ximnasio diariamente, pois este mes estamos so o monitor e nós... e nótase moito cando facemos o tempo.
Ensaladeira ou froiteiro de Eva Solo, entre 30.25 e 58.30€, según tamaño.
Pódelas atopar aquí.

A boa presentación do menú non é exclusiva dos cociñeiros do concurso Bocuse D'Or, os elementos que o rodean axudan a valorar o que se come e fan que teñamos un consumo moderado.

Set de aceite/vinagre e sal/pementa, por43.95€, na nosa páxina.

As comidas lixeiras son recomendables para a conducción prolongada e os cinturóns de uso obligatorio, tamén teñen un límite, pois non ceden nin son de goma, por seguridade.

Non se consola quen non quere, con U-LA Boutique.

16/08/11

Finas e seguras de las mesmas.


-Bolsas da compra, Shopinette de Crea Crea, por 18€.
-Chaveiros plegables de loneta plastificada, de Crea crea por 16€.
-Chaveiros de Pylones de 5€.
-Matrioska Massimo de Letizia Reus, por 19€.

15/08/11

Tecnoloxías que se anticipan.

-Coxín altavoz de 49.95€.
-Guitarra Air Guitar de 21.75€.
-Bateria carga mobil de 28.75€.
-Carga de emerxencia mobil de 10.50€.
-Altavoz mazá de 16.50€.
-Chaveiro altavoz máquina de discos de 20.50€.
-Mando a distancia universal, pelota de 19.90€.

14/08/11

Meniños desdentados temporalmente.

-Caixa metálica de Valérie Nylin por 27.80€.
-Minimug bicho de 13€.
-Funda de cepillo de dentes cocodrilo, de 3.40€.
-Funda para cepillo de dentes Bumblebee de 3.50€.
-Caixiñas de dentes de leite, Quenotte de 5&Citron, por 6€.

13/08/11

Cañas viños e tapas.

Estamos de festas... e os usuarios seguro que tamén, os chiringuitos, as romerías gastronómicas ás que o ilustre Fraga nos acostumou, cas que xa non damos feito e as reunións con amigos, que veñen unha vez ó ano, rematan con toda posibilidade de facer réxime.
Cando non podemos co inimigo é intelixente, unirse a el.
Estos son os imprescindibles para levar a derrota con dignidade:
Vasos de cervexa en borosilicato, son de 23.50€ a parella e pódelos atopar aquí.

Tanto se eres de cervexa fresquiña como se eres de viño, podes disfrutar destas copas-vasos térmicos de doble corpo, especiais para momentos quentes.

Vasos de viño en borosilicato, son de 17.70€ a parella e pódelos atopar aquí.

Na preocupación por manter a temperatura, tamén podes usar estas fundas axustables, según que favoritismos teñas:
Fundas enfriadoras de 10.40, 10.60 e 11.30 €, pódelas atopar aquí.

Non pode faltar unha tapiña cos seus palillos redondos que logo poñeremos na comisura da boca como nos setenta, cando os dentistas non sabían nada do fío dental.

kikkerland Simpáticos palillos con mensajes, disponibles online y en Barcelona
Palillos Message on a toothpick, son de 3.60€ e pódelos atopar aquí.

Palillos con envoltorios impresos con citas de famosos e referencias á comida, por exemplo estas:

" Non preguntes o que podes facer polo teu país. Pregunta que hai para comer." Orson Welles.
" Un non pode pensar ben, amar ben e durmir ben se non ten comido ben." Virginia Wolf.

Tampouco podemos esquecer a presentación dos palillos, se estos son máis vulgares, non pretendemos que nos vexan como antihixiénicos e pouco sofisticados.

Palilleiros de 8.30, 5.30 e 7.50€, pódelos atopar aquí.

Hainos como se fosen bichos e outros mais automáticos, prácticos para non deixar tocar os que logo collerán os demais comensais.

U-LA Boutique pensa para ti.

10/08/11

Prácticos divertidos.

A marca francesa Pylones ven traballando dende 1985 e xa nos ten acostumados a mesturar divertidas formas e estampados á francesa en obxetos de uso diario.


Como moitos saberedes, teñen tendas propias en Francia, Inglaterra, Holanda, Brasil, Dubaï,etc.
Pero tamén están presentes nas tendas de Centros de Arte Contemporánea como o Pompidou de París. Eso pode querer dicir que ademais de arte son productos moi representativos do país, igualiño do que o poda ser Sargadelos, do gusto e deseño de Galiza.


Cada certo tempo o numeroso grupo de deseñadores da marca; exprime o cerebro e pare outra cousiña insólita, que non ten nada que ver co que calquera editora de deseño do mundo poda facer.
Entón os xefes van e atrévense a mandar fabricar semellante cousa, como se fose tomar un licor café. ¿Poderán durmir?
Ademais xa teñen imitacións, pese ás patentes e a que nalgún país oriental descoñezan as súas implicacións.

Definitivamente fartos desas bolsas reutilizables, que semella que levas unha táboa atopada no container, os deseñadores de Pylones, Crea Crea, fixeron estas fabulosas monecas co miriñaque como lugar onde "ocultar" a util bolsa.

Shopinette, bolsa da compra de 18 €, pódelas atopar aquí, na nosa páxina.

U-LA Boutique sempre do lado das que compran.

05/08/11

Fumadoras, depiladas e amañadiñas.

Todos sabemos que o sentir xeral oponse ás fumadoras, pero... ¿E se esas fumadoras estiveran coidadiñas, guapiñas e amañadas como se se tratase dunhas glamourosas Mata Hari versión galega?...¡ Pois non sería tan facil de negativizar!.


O primeiro son estos espelliños para estar sempre insuperable e que podas face-los retoques sempre que o precises, son de 10€ e pódelos atopar aquí.

Os cinceiros de bolso son tamén apropiados para as verdadeiramente prácticas e para non quedar de suxa, aló onde che entre necesidade de fumar.
Son de 11€ e pódelos ver na nosa páxina.

Farían falla moitos máis argumentos difamadores e mala publicidade, para nos convencer do repulsivo que supostamente poderían selas fumadoras amañadiñas e glamourosas .

Estas pitilleiras daranche un estiliño que vai dar que falar entre as amigas. Son de 13€ e pódelas atopar neste link.

Fartos de tanto esfolamento e posta verde, imos axudar á difusión dunha imaxe máis positiva desta minoría aplastada e vilipendiada... as fumadoras, con todos esos efectos nocivos e tantas enfermidades que arrastran e propagan!!. ¡¡¡Uuhh!!

Por se din que o tabaco deixa mal cheiro, aquí están os vaporizadores de Pylones, son de12 €, e pódelos atopar aquí.

Por esa razón e sen que poda parecer unha apoloxía do cancro de pulmón, lingua, etc propoñémosvos uns obxetos imprescindibles para vos sentir ben con vos mesmas e incluso para regalar a outras amigas delincuentes tamén.

Dedos e mans ben coidadiños para colle-lo cigarro con estilo e para os momentos de aburrimento, limas e tesouras son de 8€ e 14€ e pódelas atopar neste link.

Estamos seguros que todo esto pode supoñer unha axuda psicolóxica para garanti-la supervivencia nun universo plagado de presións e agresións; que por suposto, dentro duns anos veremos patéticas.

Interesadas en facer un grupo de loita e lea contra a presión patética, podedes facer comentarios.

02/08/11

Personalidade.

Como é tempo de luci-lo corpo e de expresarse con pouco, temos que saber transmiti-lo noso alegre espírito dun xeito rápido e directo. Sen necesidade de recurrir ó alcohol, que tan comunicativas nos fai.
Trapos e xoias son as nosas aliadas.
É verdade que a roupa pódese personalizar con mesturas apropiadas, pero é a xoia a que define esas pequenas características de nós, que nos diferencian da multitude, que se enche de colgarexos con menos que dicir que asnoyicias da TVG.

Xa temos falado da deseñadora Cristina Juliá, de Joi D'art, pero hai unha colección de entre toda-las súas que destaca polo seu caracter e singularidade.

Gargantilla Davi, de 42.80€, podes atopala aquí .
Pendentes de 59.90€, pódelos atopar neste link.

Trátase da colección Davi, editada hai tempo e que nestas datas é motivo de atención para quen a recorre ca mirada e non só polo brillo ou pola estética.
Por suposto á pulseira é a peza protagonista da temporada. Pois ás máns lúcense sen roupa longa que as tape e adquiren importancia.

Do mesmo xeito que as coidamos con cremas por que discriminalas deses outros coidados, non sempre as orellas e a cara van ser as que fagan o primeiro papel do espectáculo.

Pulseira Davi de 105.80€, pódela atopar neste link.

A conbinación do bronce dourado e a prata pulida, xunto ca forma orgánica, que lembra vexetais indefinibles, fan doblemente, destas pezas, unhas verdadeiras xoias contemporáneas e atemporais á vez.

Pasarán os anos e recurriremos a poñer un pendente ou un colgante Davi, simple e cheo de significados; que fascinan a quen os pon e ós que os admiran.