31/08/10

Eco-Amigos: LEXON

Hai casi 20 anos, Renè Adda, comprometido co mundiño do deseño fundou esta marca, en Bologne-Francia.
Dedìcanse à edicion de electrònica, equipaxe e oficina, con un destacado ar de minimalìsmo limpo e sin adornos de ningunha clase. Aqui si que se aplica a maxima de Mies van der Rohe, menos è mais.
LR 107 JET WALL CLOCK orLR 112 MAZZ CLOCK aluminiumLA 75 LONG CLOCK RADIO gunLR 113 MORPHEE noir

Con mais de 1000 creaciòns orixinais. Contando nas suas filas con celebridades como Karim Rashid, Philippe Starck, Matali Crasset, Patrick Jouin, Marc berthier,etc.
Non descoidan òs xoves talentos, òs que estimulan con concursos.

Actualmente estàn presentes con tendas LEXON en 55 paises, teñen productos nos principais museos de arte contemporànea e convertèronse nun verdadeiro referente.

Como lareteo, mencionar que 18 obxetos das sùas coleccciòns, foron utilizados polos cargos da OTAN e da Uniòn Europea no 2008, durante a presidencia de Francia neste organismo.
LA 42 TYKHO RADIO yellowLR 102 ELA CLOCK greenLN 660 CHALLENGER MINI DOCUMENT BAG grisLH 25 COFFEE TIME blanc

Hai un ano, a compañìa, asumiu un compromiso co medio ambiente que se traduce en:

-Cambio a materiais biodegradabeis, bambù e derivados da fibra de millo e cana de azucre: PLA.
-Textìs que consuman menos no seu proceso de limpeza: microfibra.
-Emprego de enerxia solar nas sùas creaciòns novas e antigas: placas solares.
-Papeis e tintas biodegradabeis: Papel reciclado e tinta de soxa.

E todo esto mantendo unha estètica LEXON , incluso mellorada, pois a incorporaciòn de materiais como o bambù, da calidez e un aspecto moi contemporàneo.
Unha cita mais de Van Der Rohe: Deus està nos detalles.



LC 69 SAFE CALCULATOR Greenman upsideLA 69 MINI DOLMEN RADIO bambouLR 119 SAFE WALL CLOCK
Pezas de bambù da colecciòn SAFE de Pierre Garner e Elise Berthier.
Greenmam de simone Sspalvieri e Valentina del Ciotto.



27/08/10

Simples Xerròns.



Historia-tradiciòn, creatividade-habilidade : dan como resultado estas obras de arte, sò para sensibilidades eláboradas.
Egizia, fundada en 1949 en Poggibonsi-Siena, è sinònimo de elegancia e refinamento, estas caracterìsticas poderìan significar horteridade e pretenciosidade, pero neste caso tradùcese por deseño.

Colecciòn Boboli de Flavia Alves, con complementos en tubo de prata tratada con antioxidantes.

A historia desta prestixiosa marca è curiosa. Arrinca da tradiciòn artesà do vidro soplado dos Medici pero con unha incorporaciòn tecnica de caracter ùnico.
Nos anos da segunda Guerra Mundial as tropas norteamericanas, que viviron alì , tiveron a oportunidade de facer algo positivo, ensinàronlles as tècnicas da serigrafìa òs artesans do Val D'Elsa.
Que intelixentemente, aplicaron ò seu traballo.

No 1995, a creatividade e ò deseño entrou na firma da man de Ettore Sottsass,( En paz descanse, arquitecto Austrìaco fundador do grupo Menphis), e do seu estudio en Milan,Sottsass Associati, composto por mais de dez deseñadores e arquitectos.

Colecciòn Black Noise de Defne Koz.

Desta mestura de capacidades e habilidades, nace un producto impactante, que sò se aprecia ò velo en directo. Ademais esa calidade e acabados son unha verdadeira barreira infranqueàbel para as cutres imitaciòns.

Ouro de 24 Kilates, prata de 980/1000 de pureza, asì como outros metais preciosos, serigrafiados e fundidos no vidro soplado, son parte das tecnicas e materiais que empregan en estas colecciòns.

Colecciòn Iris de Flavia Alves, vidro soplado revestido con 4 espesores. Serigrafia manual con esmaltes.

No 2003 tamèn Karim Rashid se incorporou ò proxecto estilìstico de Egizia. Utilizando os seus iconos caracterìsticos.

U-LA Boutique è fan e ademais somos os ùnicos que nos atrevemos con esta firma, en Galicia.

24/08/10

Tan preto-tan lonxe.


Esta firma Portuguesa està (como din en portuguès)" fazendo muito sucesso", nos ùltimos cinco anos ten aparecido en mais de 200 publicaciòns de Alemania, EEUU, Inglaterra,Francia ,Dinamarca, España, India, Australia, etc.
Aquì ten unha discreta presenza, ainda que a calidade e a estètica dos seus productos son alucinantes.
A sùa fundaciòn, por alemàns, dalle o nome que ata hoxe conserva.
Foi a primeira fàbrica de xabòns do pais. Os procesos son moi tradicionais e artesanais, pois nesa factorìa poucas cousas cambiaron ata 1980/90, anos nos que se asocia ca sùa distribuidora americana Lafco, que relanza a firma.
Rescàtanse os estampados Art Déco no packaging, que son unha xoia e outro dos seus grandes valores que desvelan a sùa historia.
Claus Porto fabrica unha gran variedade de gamas :
Xabòns, xel e sais de baño, xabòns lìquidos, xabòns de hòspedes e velas aromàticas en moitos cheiros diferentes, todos con bases naturais de altìsima calidade; ademais de tres liñas espèciais: Musgo Real, Clàsico-Fantasia e Floral.


Nos xabòns empregan manteiga de Karitè e son moidos 7 veces, co que se consigue mais espuma e que non partan.
Os Body wash levan Aloe Vera e o seu PH è neutro para elimina-las bacterias.
Nos xabòns lìquidos enriquecen a fòrmula con proteinas de trigo para aumenta-la protecciòn e rexeneraciòn da pel.
As velas superan a duraciòn de 70 horas desprendendo un cheiro espectacular.
As sais de baño incorpòranlles thalasoplamkton e extracto de Athea officinalis que hidratan suavizan e refrescan.
Todo un pequeno e natural SPA na casa.

20/08/10

Mensaxes de Caroline Lisfranc.

As prendas e obxetos con mensaxe supoñen un gancho importante, desde os anos oitenta, pero nos ùltimos tempos son particularmente atractivos.
Todo o que nos lance un guiño, nos transmita unha mensaxe , ten un valor extra (nun mundo repleto de publicidade, parva, agresiva e baleiro de contidos).
Pochette Organisation lot de 4 - Design by Caroline Lisfranc
Organizadores de bolso e Salvamanteis: Dessousde plat chocolat

Caroline Lisfranc, coñecendo o tema, crea estas colecions. Gracias à sùa traxectoria, que parte dunha adolescencia punk, nos oitenta franceses, (chea de pintadas e slogans), chega a os resultados que vemos .
Bolsa de roupa suxa: Sac à sale

Moedeiros que din que estàn secos, portadocumentos que anuncian que conteñen papeis falsos e un sinfìn de mensaxes suxerentes.
Pequenas xoias, que no seu paìs estàn acaparando os escaparates das boutiques mais cool.
U-LA non podia ser menos.
Porte-cartes - 5 coloris au choix - Caroline Lisfranc

17/08/10

DeTel Aviv a Galicia.

Esta capacidade creativa e esta alegrìa son un exemplo que nos fai pensar que ata en circunstancias extremas, podemos manter o optimismo e as boas maneiras.

Xa sabemos que en Isrrael hai de todo, desde persoas que intentan vivi-la sùa vida con normalidade, transexuais que gañan Eurovisiòn e radicais relixiosos que acoitelan òs manifestantes do dìa do orgullo gai en Xerusalen, pero sorprende que existan deseñadores con un xeito tan occidental.

A editora de deseño Monkey Bussines, fundada en 1994, trata de agregar un extra ò ordinario e supòn un refresco para as retinas e mentes mais atascadas.
Sticker para mirilla: Eye Spy de Peleg Design. Latas estampadas de Funtasticplastic.

Desde hai tempo, xurden casas e deseñadores de pequenas cousas e poucas pretensiòns de converte-las suas creaciòns en deseño de culto, como ata hoxe o son, traballos como as ediciòns dos consagrados, como Philippe Starck ou Karim Rashid en grandes editoras como por exemplo Alessi.
Botelleiro de Pelg Design. Caixas: Book de Peleg design

Destacan entre o seu equipo de deseñadores , o estudio Funtastic Plastic que combina diversiòn, fantasìa, nostalxia, funcionalidade e deseño contemporàneo. A colecciòn de efectos de viaxe è unha obra que ilustra estos aspectos:
Humor en tempos revoltos, si eles poden , nos tamèn.
En U-LA Boutique, disfrutamos con estes achados.

13/08/10

De Hawai a Galicia.

Desde hai mais de 25 anos, a editora americana ACME aporta un fondo de elegancia e exquisitez òs escritorios e petos de arquitectos, deseñadores e personas con bò gusto.
O seu comenzo en Los Angeles , por todo o alto, foi no 1985/86 con ediciòns de xoierìa deseñada polo Grupo Menphis; participando en exposiciòns por prèstixiosos museos de Amèrica e Europa
Foi no 1988 cando ò establecerse en Maui-Hawai, dèronlle un xiro à sùa producciòn, creando a marca ACME que hoxe coñecemos.
Modelos de 4 funciòns , con mina de 0.7 , punteiro para PDA, boligrafo negro e Hi-Liter laranxa

A `sua especialidade son as ediciòns de productos de escritura como rollers, boligrafos e Multifunciòn de gama media e ediciòns limitadas. Ainda que tamèn fan carteiras, fundas para gafas, tarxeteiros e accesorios personais.

Rollers das colecciòns actuais.

Desde 0 2007 dispoñen de tendas propias e Shop-in-shop en 63 paises do mundo, o seu logotipo identifìcase con prestixio e innovaciòn.
Convinan as aplicaciòns de deseños de autores clàsicos como Frank Lloid Wright, Charles &Ray Eames, Mendini con outras creaiòns mais contemporaneas de autores como Gene Meyer, Olabuenaga, os irmàns Campana ou Karim Rashid. Sendo apostas moi seguras por tratarse de deseños moi doados de identificar e recoñecer.

Fundas de gafas de Adrian Olabuenaga e Constantin Boym.

En U-LA Boutique somos distribuidores autorizados, desta firma.

10/08/10

¿Como sacarlle partido òs famosos?

Non sò os programas de TV se van a beneficiar das vidas e caras dos personaxes populares.
Tamèn Einstein, Barack Obama, Shakespeare, Freud ou Xesucristo poden cede-la sùa imaxe para xerar beneficios e que ademais nos botemos unhas risas à sùa conta.

TheUnemployed Philosophers guild è unha empresa de Brooklyn- New York, que edita unha gama de productos do mais variado e ainda que o seu deseño non è nada do outro mundo, non ten nada de minimalista, glamour ou sofisticaciòn, si ten algo moi especial, curioso incluso artìstico.
Esa caracterìstica è a alegrìa, todo està tratado con unha xenerosa dose de este ingrediente.



Quen non pensou en disfrazar a Einstein de astronauta ou a Obama de Hawaiano, pois cos imàns de frigorìfico, desta casa, pòdese. Os peluches de famosos como Warhol, Frida Kahlo, Picasso, etc, tacos de notas adhesivas, tarxetas postais e sobre todo as cuncas de cafè ou infusiòn, son algùns dos descubrimentos que fixemos.

A particularidade destes mugs è que mudan de estampado exterior ò verterse o contido quente , dentro. Por exemplo: Xesucristo aparece con ou sen barba, Adan e Eva con ou sen a pudorosa folla ou o mapa do mundo è victima do quentamento global.
E fantàstico que o sarcasmo propio dos anglosaxòns, nos alegre un momento tan amargo como o despertar de cada dìa, para ir a traballar.



09/08/10

Xoierìa de autor,Joi D'art

Colecciòn Duna de Sara Domenech para Joi Dàrt.

Xoierìa de autor,Joi D'art

Colecciòn Oberoi de Cristina Julià para Joi D'art.

Xoierìa de autor,Joi D'art

Colar longo, aneis e pendentes en prata e madeiras tropicais de Cristina Julià para Joi D'art.

Xoierìa de Joi D'art.

Colar longo de vidro transparente e afumado, de Joi D'art.

Xoierìa de autor, Joi D'art.

Colecciòn Glenna con amatista e cuarzo afumado talladas en facetado, de Marta Martì para Joi D'art.

Lomografiando as vacaciòns.




Todo è de Lomography:

Funda de pel para Diana.
Diana F+ CMYK.
Color Splash ediciòn Chacra.
Oktomat.
Supersampler cromada.
Chaveiros càmaras.

Viaxe práctico.




Neceser, cuberta de pasaporte, porta documentos e porta làpices, mundo de Funtasticplastic para Monkey Business.
Tissues de Natural Products.
Funda documentaciòn para coches de Monkey Bussines.
Funda para càmara dixital de Vax Barcelona.
Etiqueta identificativa para maletas, de Donkey Products.
Caixa tiritas, Meme pas mal de Valèrie Nylin para Derrière la Porte.
Linterna leds+dìnamo de Addex.
Adaptador universal de Kikkerland.
Chaveiro alcoholìmetro, bolìrafo ventilador, bolìgrafo sacatapas, bolìgrafo metro+nivel de Brink.
Bolsa de roupa suxa de Balvi.


Actualidade



Peluche e imans, Barack Obama de Unemployed philosophers.
Panos de mesa e block de notas, Barack Obama de Donkey Products.
Pistola-xabòn de luxo de Andreas Kräftner para Donkey Products.
Mug tèrmico Jesus saves de Unemployed Philosophers.
Bolsas de tè Party de Donkey products.
Marco de fotos oscilante, Shimmy de Umbra.
Sacatapas con son de Kitsch'n'fun.
Vaso Pissiger Hund de Donkey Products.

Facendo limpeza mundial.


En primeiro plano:
Neceser Petit bobós, Belle de jour & nuit, DBeau gosse en balade, I'm famous, todos eleeesee express, miss mousse, Melle chance, Useme, deseñados por Valérie Nylin para Derrière la Porte.
Neceseres isotérmicos Oh la belle plante e J'suis passée en mode trop belle e Bàscula Objetif tabletes de Valérie Nylin para Derrière la Porte.
Neceser Mon jardin secret de Caroline Lisfranc.
Almofada de bañeira Butterfly de Widjet.
Percheiro de parede Caterpillar de Crea Crea para Pylones.
Alfombras acrìlicas, especiais para WC , Fantasy, On-Line, Letters de Living mats Collection II para Arte Espina.

En segundo plano:
Cepillo de WC, dosificador e vaso en melamina, da colecciòn Orvino de Umbra.
Stickers de espello, Home Muller de Fisura.
Soporte para papel , Teardrop de Fiona Ara e Henry Huang para Umbra.
Papel hixiènico, Danger of life de Paper+Design.
Papeleira de pedal e cesto-taburete gris de Konstantin Grcic para Authentics.
Cesto roupa suxa de dous compartimentos, Sac à sale de Caroline Lisfranc.
Papeleira Mezzo dourada, de David Quan para Umbra.
Armario Secrets de Beautè, de Valérie Nylin para Derrière la Porte.
Cortina de ducha, The World de Izola.



06/08/10

Casa lolo: deseños, viños e tapas

A primeiros do 2009 Agustì Garcìa, artista e creador da editora de deseño ChaCha , ante as preocupaciòns e dores de cabeza que a situaciòn econòmica lle provocaba; decide que xa que a creatividade sempre è boa compañeira , el poñerìa en marcha unha idea que lle rondaba, aparentemente rara, pero dàndolle a volta ò establecido:




Escomenza-la casa polo tellado: xa tiña na sua editora de deseño, mandìs, servilleteiros, pratos, chupitos, xogos de cafè, manteis, pousavasos, vasos e un sinfìn de menaxe da colecciòn Casa Lolo, asì que xa dispoñia do material de marketing, incluso a estètica do lugar viña dada, polas ilùstraciòns do seu deseñador Alexis Rom. ¡¡ Pouco mais se precisaba para un bar de tapas !!.

Darìan cañas cando se pedira unha tapa e ademais o cliente non terìa que rouba-lo precioso vaso ou o pratiño no que ven a comida, ¡¡ poderìa compra-lo !!

Segùn confesa, està foi das ideas mais productivas dos ùltimos anos. A ubicaciòn deste local è por agora, sò en Barcelona, no distrito de Sants (Arizala 57).

Todo tipo de comentarios figuran na rede, pero a `sua comida, bebida, servizo e decoraciòn non suscitou criticas que non foran boas. O Kitsch mestùrase co contemporàneo, nun exercìcio de flash-back que nos leva òs anos 60 e nos abanea con sabores e cheiros evocadores.
Seguro que a inspiraciòn de Alexis Rom , para crea-la colecciòn , veulle por ahì.
Este ilustrador e deseñador, formouse en prestixiosas escolas como Parsons, Prat Institute ou Visual Arts. Traballou para Plaza&Janes, El Pais ,woman ,Le Monde Diplomatic , La Caixa, Bayer, Custo, e como non ChaCha, que se aventurou ca idea de face-la ediciòn destes elementos que despois darìan lugar a esta Casa Lolo.
En U-LA Boutique xa apostamos por Casa Lolo e as outras colecciòns de ChaCha, desde que fundamo-la primeira tenda , alà polo 1999.