30/07/10

Vasos de porcallada.

Moldes de galletas con forma de noso señor, xoguetes infantìs en ganchillo con forma de motoserra e mais cousas que non pensarìamos regalar a ninguèn; forman parte das ocurrencias das mentes pervertidas dos deseñadores da firma Donkey products; que gastan o seu tempo e imaxinaciòn en crear estas estupendas anti poesìas visuais polas que un dìa os sorprenderàn con unha demanda( por non ser politicamente correctos).

Freddy K./HäkelobjektKittyCat/KinderbecherGuns in Roses/HandseifeLalüLala/Kinderlöffel
Etiquetas identificadoras para equipaxes, con anagramas de toxicidade ou perigo; metros de carpinteiro contemporanizados para utilizarse como medidor infantil ,onde anota-las marcas de crecemento; bolsiñas de te con striper incorporado. Obxetos nos que o deseño confìrelles novos usos, mais artìsticos e domesticados pola poesìa.
O cen por cen do deseño è xermànico, nòtase que o sentido do humor è de mais ò norte, toda a sùa producciòn è dunha calidade alta e os seus acabados estàn moi coidados.

Heiliger BimBam/HandseifeSpeed & Cocaine/Salt & Pepper-SetHeilig’s Blechle/AusstechformStripTea/5 Teebeutel
Sempre pode haber cousas no mercado que nos fagan pensar na audacia, atrevimento e valor que hai que ter para inverti-los cartos nunha producciòn como esta, onde o ùnico que se garantiza è a sorpresa de quen os chega a ver.

Para quenes non coñezan U-LA Boutique, decirlles que non somos de algùn grupo terrorista, nosos gustos estàn avalados por unha cultivadìsima formaciòn acadèmica e traxectoria profesional longa ; somos os mesmos de sempre, pero con mais humor.

26/07/10

5 Estrelas de Lomography.

Pode ser que levemos dentro un artista e ainda non se nos teña notificado nada, hai que descubri-lo.

Xa temos comentado antes (21/05/10) desta marca, que està sendo un fenòmeno asombroso. Lomography è un fabricante de càmaras analòxicas, deste sèculo, que ademais de reeditar algunhas que no seu dìa fracasaron comercialmente ou non se difundiron como se esperaba, ten a ocurrencia de crear modelos que dan prestaciòns que ningunha càmara ofrece actualmente.

As cinco estrelas da marca, funcionan con carrete de 35 mm,( de toda a vida) son tan simples que non temos que facer un curso de novas tecnoloxìas, e son estas:

Fish Eye; en varias versiòns, todas comparten o seu efecto distorsionante.
Canto mais se aproxima ò seu obxetivo, maior è a deformaciòn do ollo de peixe, con un àngulo de 170º.
Dotada de gran profundidade; dispòn, entre outros, de un acesorio para realizar fotos submarinas.




Action Sampler; con ou sen flash. Tràtase da primeira càmara secuencial da marca.
Non usa pilas. Durante un minuto realiza catro disparos que podemos intuir atraves dun visor plegàbel.
A carcasa da versiòn sinxela, è transparente e deixanos ver toda-las interioridades, con unha beleza da simplicidade que distrae un pouco do seu fin.




Super Sampler; Proporciona catro imaxes de formato panoràmico tomadas en dous segundos ou en 0.2 segundos de xeito opcional.
Non se precisa enfocar e a sùa pelìcula mòvese con un cordel do que hai que tirar, resultando este un eficaz sistema, paleolìtico, patentado pola marca.



Oktomat ; oito lentes que realizando nun sò click os oito disparos , crea unha pequena curtametraxe en 2.5 segundos.
Estimula tanto a creatividade que quenes a teñen, resultan incluso pesados, como periodistas dos famosos.




Color Splash; Ten a particularidade de incorporar un flash de catro posiciòns, intercambiàndose os seus acetatos para varia-la cor do resultado.
Dispòn de duas alternativas de exposiciòn, instantànea ou longa. O seu aspecto e espacial.


Con estos artefactos seràs a persoa mais creativa de toda a volta. En U-LA Boutique axudàmosche a destacar .


25/07/10

Video mostrativo de U-LA BOUTIQUE

U-LA Boutique, participou no programa Calles y Barrios de Localia-Vigo.

Esto foi emitido o dìa 30 de Abril do 2010 e para quen non o veu, esta pode ser unha boa aproximaciòn òs productos dos que dispoñemos neste momento:



Como é de supoñer a oferta e variedade de productos cambia con rapidez, en función das novidades que incorporamos e tamèn da època do ano; pero o noso espìritu segue sendo extravagante, orixinal, excèntrico e sempre cargado de creatividade.

Visìtanos fisicamente, en U-LA Boutique atenderèmosche con mais simpatìa da que demostramos diante da càmara.

19/07/10

Alfombras todoterreo.

Sempre buscamos cousas estéticas para a nosa casa, pero è frustrante cando, pasado pouco tempo envellecen e se poñen impresentàbeis.
Cando falamos de alfombras para o baño, cociña ou hall è precisamente cando nos lembramos de todas esas malas inversiòns feitas antes, Arte Espina è unha firma Holandesa, que xa por segunda vez , saca uns modelos que realmente supoñen unha soluciòn de deseño e calidade que merece a pena.

img/products/mainimage/Style_Main.jpg

Os Living mats, son unhas alfombras de poliamida, moi resistente pola pate visìbel e con antideslizante de respaldo de caucho por abaixo.
O seu aspecto innovador, a variedade de deseños que van desde cores vivas a tonos e convinaciòns mais sobrias, aportanlles versatilidade à hora de situalas.

img/products/mainimage/On-Line_Vorlage.jpg

Moitos dos seus debuxos estàn contorneados en tres dimensiòns, sendo posìbel dado que teñen un centìmetro de espesor e o efecto que causan è o dunha verdadeira alfombra, non dun aldraxe que se arruga e acabamos caendo nel.

img/products/mainimage/Fantasy_Main.jpg

Son de facil coidado: lavàbeis a màquina ata 40º, aptas para nenos e ò non ser la, non dan problemas alèrxicos.
En U-LA Boutique non queremos que o teu afàn decorador se vexa frustrado ou relegado ò farrapo.

13/07/10

Xoias con personalidade propia.


¿Hai unha vida despois de Cartier, Tous ou Pomellato?

Gargantilla e colar Marido celoso de A. Calder 1940.

Este ùltimo colar-escultura è famoso por ter sido portada do magazine do The New York Times do 17-10-76, con Anjelica Huston como modelo.

Desde Calder a Dali, moitos artistas son tentados por este medio: A xoia.
Noutos paises con outra historia e cultura, a xoierìa de autor vese como ARTE (non en minùsculas) expoñèndose en galerìas e tratàndose como a escultura ou a pintura.

En España a xoierìa de autor, a artesanìa e certa gama da industria bisuteira, conviven no mesmo espazo mercantil. Reducìndose ò mundo tendas. Incluso as feiras profesionais do sector non separan nin diferencian.

Esto implica unha confusiòn à hora de valorar as diferentes alternativas dentro do concepto de xoia, que vai en detrimento da parte mais dèbil do conxunto e incluso do mundo da xoierìa en xeral.

Como queira que sexa a xoierìa vincula a materia inerte co noso corpo, para cumplir unha funciòn vital como è a de dotarnos de identidade.
Coloca un delicioso velo entre a persona e o mundo, parecido ò efecto das gafas de sol ou determinada roupa, que nos poden dar prestixio, converternos nunhas chambonas, aportarnos seguridade ou incluso separanos do resto da xente.


Afortunadamente hai 27 anos naceu Joi D'art, que defende o mellor dos gustos en xoierìa contemporanea, sen convertilo en inalcanzàbel e mantendo as sùas creaciòns cheas de contido e emociòns. Este verdadeiro valor da xoia è o que lle da significado e xustifica o seu uso.


Un grupo de deseñadoras composto por: Emilie Bliguet, Sara Domenech, Mar Vidal, Cristina Julià, Carme Fabregas, Nuria Casanova e Anabelle Royo, como habituais, crean para nos e
presentan duas veces ò ano, varias colecciòns exquisitas e nutridas, con variantes para satisface-la ànsia de creatividade da clientela mais esixente. Esto acompañado das colecciòns anteriores, que non perden vixencia, fai a oferta inagotàbel.

Ventaxa pràctica desta firma , que non son pezas exclusivamente de tendencia polo que teñen unha vida longa.A outra è que tecnicamente, dispoñen de tecnoloxìa ùnica en España para nos ofrecer calidade a prezo apropiado.








Esta firma ten varias liñas de traballo pero comparten a mesma filosofìa.

Pese a ser a ùnica empresa destas caracterìsticas ten unha proxecciòn discreta, dentro de España. Non sendo asì no resto de Europa , donde o recoñecemento è mais evidente.



Segùn o historiador Serge Gruzinski, os indios tainos que se atopou Colòn nas Antillas, levaban no pescozo uns monequiños de madeira que segùn eles pechaban dentro a alma de quen os portaba.
Era tan importante, esta xoia , que si se perdìa , perdìase con el a identidade e o destino.


06/07/10

Bolas de marisco (non gastronomìa)

Verdadeiramente lembran aqueles famosos monos de auga dos 70 que se vendìan nas revistas exitosas do momento como a Pronto. Pero esto non è unha estafa. E estètico e moi curioso, os seus fundamentos cientìficos son algo mais crìbel.

bioglobe_selenite_box

Apareceron en España hai 7/8 anos. As ecosferas Bio Globe da empresa italiana Beach World, son ecosistemas de verdade, pechados nunha bola ou ovo de vidro; que contèn varias gambas opae-ula (de Hawai) acompañadas de microalgas, alimentadas por bacterias que tamèn viven dentro.

As algas xeneran osìxeno, coa fotosìntese incorpòrase ò espazo libre da ecosfera, que de novo entra no auga para ser aprobeitado por todo-los habitantes do ecosistema. Simple, de educaciòn primaria.

Aquì podemos ver varios minutos na vida de tres gambas, que conviviràn durante moito tempo, ata cinco anos:



Pois esta simplicidade è o resultado dun esperimento da NASA, feito no Space Shuttle, que agora podemos comprar para nos, empregando como disculpa que se trata dun recurso pedagòxico para os nosos fillos.

Non hai que saber moito para o seu coidado; basicamente proporcionarlles luz e non poñelas directamente ò sol. Como curiosidade, mencionar que as bioglobe mais grandes miden 50 cm. de diàmetro e nelas viven 200 gambas.



En U-LA Boutique fumos os primeiros en traer as ecosferas hai cinco anos e agora tèmolas en exclusiva, pòdense ver na nosa Boutique.

03/07/10

Vitrina Galerias Duràn Xullo 2010.




Accèdese pola rua Prìncipe ou por Velazquez Moreno, localìzase facilmente , enfrente Vilma.

Xoias de autor Joi D,art.
Xoias de Ardentia.
Bodye ladròn de sueños de Papalote.
Monecas Shorty de Pia Eriksson para Thilde.
Gomas do pelo Hair de Paris de cea crea para Pylones.
Vacas en tres tamaños dde Cow Parade.
Xarròn Black Ball Bronce, soplado e serigrafiado con bronce xenuino à man, de Sotsass A. para Egizia.
Flor Manglie de Leonardo.
Carteira Voyage, abanico Lho, Pinza depilatoria Bikini, lima Manuku, tesouras manicura Sissicut, Cepillo Lady pop e espello aumento Pussy Cat de crea crea para Pylones.
Càmaras analòxicas Supersampler Cromo, chaveiros e càmaraFish Eye 2 de Lomography.
Xabròn, body wash, xabròn lìquido e minixabròns Voga de Claus Porto.

02/07/10

Momentos para disfrutar.

Copa xelado, dobre corpo, mais culler Big Love de Miriam Mirri para Alessi.
Saca Tapas Pop-Up de Giovanni Alessi.
Set para viño-adictos Vignon de Jakob Wagner e Martin Somme para Menu.
Cocteleira Chiringuito Shaker de Ron Arad para Alessi.
Contedor con pala untadora Ship de Stefano Giovannoni para Alessi.
Repousa tarteiras Tripod de LPWK & Chiave para Alessi.
Sacarrollas Alessandro M. serie limitada, de A.Mendini para Alessi.
Culler de cafè Il caffe de varios autores, desde Jean Nouvell a Fuksass par Alessi.

Cow Parade non para.


Vaca mediana en poliresina, Coco Via de Gerardo Fuentes e Pedro Sardiña.
Vaca grande en poliresina, Cow Bucino de Can Yalman.
Vaca mediana en porcelana, Maddis Garden de M.Whalen.
Vaca mediana enpoliresina, Jackes Mosteau de T.Haynes.
Vaca grande en poliresina, Twins cow de N Ribovic.
Vacas mini varios.
Todas de Cow Parade.

Vibra con U-LA Boutique.


Bolas chinas Luna Balls de Lelo.
Bolas chinas Smart Balls de Fun Factory.
Vibradores Tickler.
Vibrador oval para telefono movil Bodytalk de Ohmibod.
Pato vibrador Paris Mir de Big Teaze Toys.

Super-plàstica.

Taburetes La Boheme de Philippe Starck para Kartell.
Carro plegabel con rodas,Gastone de Antonio Citterio para Kartell.
Coiteleiros Voodoo e Five finger fillet de Raffaele Iannello.
Servilleteiro e termo Mimi, cafeteira, palilleiro e azucareiro Feeling de Angeletti Ruzza para Guzzini.
Repousa culler, paneira con tapa e xarra latina de Lorenzo Gecchelein para Guzzini.
Ensaladeira con palas e paneira Mirage de Luca Nichetto para Guzzini.
Palas de ensalada Vintage de Elistomo Oggetti para Guzzini.
Queixeira Bolli de Elisabeth Vidal para Guzzini.
Servilleteiro plegabel Happy hour e Azucareiro Murano de Guzzini.

01/07/10

Raffaele Iannello,deseño màxico.

Rafz è o seu nome artìstico,(1974, Italia),estudou deseño industrial e arquitectura en Milan, colabora como director de arte coa maiorìa das axencias de novas tecnoloxìas italianas;coas que xa gañou numerosos premios .

Durante o mes de Xullo-2010, dedicarèmoslle o espazo do deseñador do mes na nosa Boutique:


È autor das webs oficiais de Bulgari, Chicco e Pioner, entre outras.
A primeiros dos 90, funda o seu estudio Rafz, que hoxe è unha marca rexistrada.

Desde o 2002 deseña mobiliario e obxetos de deseño industrial, presentes en galerìas e centros de arte contemporànea de todo o mundo.
Escribe desde 1999 sobre arte e novas tecnoloxìas en publicaciòns italianas e estranxeiras à vez que colabora para algunhas editoriais nas que realiza a direcciòn artìstica.


Esta peza,Five finger fillet, è unha das mais recentes editada actualmente. Pero pola que se coñece internacionalmente è polo Voodoo, un set de coitelos resultado da participaciòn, do autor, nun certamen de "deseño e boa sorte" en Abril do 2003 durante a Semana do Deseño de Milàn.


Este era o deseño inicial, experimentou algunhas modificaciòns relativas à seguridade e à estètica. Quedando do xeito seguinte, fabrìcase en varias cores pero os mais reclamados son os cromados e os vermellos.


O popular modelo ten aperecido en filmes, TV e revistas de todo tipo polo mundo enteiro. En españa, a Pronto, ensinou fotos do castelo de Elsa Pataky co coiteleiro como romàntico fondo da pose do seu mozo e ela, abrazados. Pero aprece en Sublime-2007, Yes man-2008, Dresses 2008,etc. A sorte, a maxia e a supersticiòn sempre funcionan nas comedias, no deseño tamèn è habitual que o sarcasmo e o còmico triunfen mais dificil o teñen os temas serios.