28/10/10

Necesarios neceseres.

Querer ser curiosiñas e te-lo todo estrado, no è compatìbel. Queremos ter unha barra de beizos con cousas raras pegadas, a marca borrada e con unha dificil identificaciòn? Todo eso metido no bolso e mesturado con chaves, telèfonos, axendas, etc.
NECESER OBJETOS VARIOS
Pequeno neceser de Caroline Lisfranc.

No WC, tampouco favorece nada às relaciòns familiares, ter revolto todo, mesturando perfumes, maquinas de afeitar, cremas con esparadrapo e limas de unllas.
NECESER VIAJE CALI2
Neceser de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

Os neceseres, tan pràcticos para viaxe como para a casa, poden ser orixinais e estimulantes.
Non teñen por que ser aburridos ou de droguerìa de terceira rexional preferente.
Incluso hai modelos forrados con un tecido isotermico para non atopa-la barra de cacao derretida ou evitar que as valiosìsimas cremas se estraguen pola temperatura:
NECESER ISOTERMICO
Neceser isotèrmico de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

È inconcebìbel unha muller, deste mundo actual, con un neceser de publicidade da marca mais descoñecida de deterxentes que non lavan; adquirido cos puntos do supermercado, despois de cinco anos xuntando. Non estamos ainda nese punto de indixencia.
NECESER MAQUILLAJE
Neceser para cosmètica de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.


Para as mais despistadas, pode ser apropiado leva-los medicamentos dos nervos separados da cosmètica, non merece a pena correr riscos:
NECESER
Neceser de medicamentos de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

Os modelos de home, tamèn poden conseguir que se volte ordenado e limpo. Sin castiga-lo e procurando leva-lo dun xeito lùdico e pedagòxico, sen violencias.
Ò ir ò ximnasio tamèn queres que destaque un pouco.
NECESER LEO NYLON C/ASA
Neceser desplegàbel de Valerie Nilyn para Derriere la Porte.

As mais anglòfilas poden optar por modelos de Catseye-London, feitos con reproducciòns fotogràficas de refinadas mascotas, con fondo acharolado.
Neceseres de Catseye-London.

È sabido de todo o mundo que os nòrdicos son moi organizados, a casa danesa Reisenthel tamèn gasta as neuronas cos seus productos de viaxe.
Resulta pràctico abrir e usar, deplegando comodamente todo à vista, incluso un pequeno espello, de urxencia:
NECESER COLGAR L-SILVER
Neceser plegàbel de Reisenthel.

Organizar e ter à man os papeis e pequenas cousas necesarias è practico e calquera que viaxe sabe o moi nervoso que se pon un, por non atopa-lo pasaporte.
BILLETERO PAPELES 3COMPARTIMENTOS

Neceser de viaxe de Caroline Lisfranc.

Nas viaxes, este modelo con doces referencias, dispòn de un fondo de plàstico transparente polo que podemos ensinar o contido, nos controis de pasaxeiros.
NECESER
Neceser Chocolat de Caroline Lisfranc.

Para bolsos estàn mellor os modelos planiños e rìxidos que protexen pero non ocupan, La Marelle e as suas ilustraciòns de estilo Kawaii, son divertidas e moi actuais:

Grande pochette polypropylènePetite pochette polypropylène
Neceseres de Mlle Héolïse para La Marelle.

Incluso as pinzas do pelo poden ter o seu espazo, con estètica e co selo inconfundìbel de Derriere la Porte, que nos anima e axuda a sobreleva-lo dìa.
NECESER BEL
Neceser de Valerie Nilyn, para Derriere la Porte.

U-LA pensa para que ti disfrutes .

25/10/10

Superheroes con problemas.

Unha empresa: Deglingos, que sò leva tres anos funcionando e xa està posicionada no infantil mundo do deseño.
Angelina Jolie e Vanessa Paradis entre outras famosas, xa sucumbiron òs encantos das creaciòns desta marca. ( Sàbese que non eran amigas do empresario)


O seu creador, Lawrence Manceron da cidade de Nantes, ten 35 anos e a sùa premisa foi facer unha colecciòn de cousas para os nenos, con un claro caracter inusual e con moito carisma.
Asì deu luz òs deglingos, unha serie de criaturas con aspecto entre alucinadas e aplastadas por un coche, pero con moita vida interior.

A idea mais pedagòxica è a dos Ze Super Zeros, tràtase duns monecos de peluche dunha cuarta de grandes, que teñen super poderes como camuflarse, escalar moi alto, estar despertos toda a noite; pero teñen tamèn super problemas, como perderse, medo às alturas ou quedarse durmiñentos, que por suposto anulan òs primeiros poderes e quedan a Zero, por eso o seu nome.

Teñen pros e contras, igual que calquera meniño.
Nada de poñerlles metas moi altas os nosos nenos; e ademais que sepan que ca imperfecciòn tamèn se convive.
Zigg o tigre." Son moi intelixente e astuto, pero tamèn son moi esquecido."
Este è un dos ùltimos Super Heroes enmascarados da firma francesa; que este ano, fan xa, un total de sete diferentes bichiños.

Este ano, tamèn lanzaron calzado con peche de velcro pola parte traseira, asì evìtase perdelos. Dispoñen de tallas para meniños de seis a vintecatro meses:
Ron ronos, o gato e Milkos, a vaca.
Zipo, o hipopòtamo que pode nadar moi ràpido pero non lle gusta mollarse; por eso se seca ca sua capa. Zonk, o mono que pode trepar moi alto, pero non soporta as alturas, emprega a sua capa como paracaidas para non pegarse un trastazo.
Discovery Nonos El PerroDiscovery Ronronos El Gato
Axouxeres da colecciòn Discovery, que fan ruidos ò sacudi-los ou apreta-los. O tacto e o material do que estàn feitos; estàn pensados para esperta-la atenciòn dos cativos.

21/10/10

Vitrina Galerìas Duràn Outubro 2010


Xogo de dous pratos de pizza, Pummaroriella Piatti de LPWK e Giacom Massimo para Alessi.
Corta pizzas Match'o de Vanina Crescioni para Pylones.
Reloxio de sobremesa Barroco de S&J para Suck UK.
Pala matamoscas dr. Skud de Philippe Starck para Alessi.
Xarròn Pampaloni,de vidro soplado con serigrafìa de bronce e tubo de prata de lei. De Flavia Alves de Souza para Egizia.
Framboesa de Boltze.
Fervedor electrico Byzance de Crea Crea para Pylones.
Autofalantes para ipod e MP3: Oso e Arche de Pilma design.
Càmaras: Fish Eye, Diana F+ CMYK e Action Sampler de Lomography.

19/10/10

Lavalite

Lampadas de lava, Lavalites, Astrolampadas, moitos nomes para algo con moita historia.

Este señor inglès, que parece tan normaliño, è o verdadeiro inventor da làmpada que tanto se copia e fusila .
Edward Craven-Walker, foi piloto na Segunda Guerra Mundial, famoso nudista na sùa època, ( incluso chegou a facer pelìculas, nudistas submarinas ) e inventor de làmpadas.
A primeira idea naceu nun bar de Dorset, logo de experimentala con cascos de botellas pasou a fabrica-los primeiros modelos, en 1963, òs que denominou "Astro làmpadas".
Neses anos, de vicio e perversiòn, identificaban o movemento e as cores da cera do seu interior, cas alucinaciòns producidas polo LSD, que daquela estaba mais de moda que ahora o està a Cocaina.
Fixèronse moi famosas , por aparecer na TV , en series de culto como " O prisioneiro" ou na emblemàtica pelìcula do 1960 "Barbarella".
No 1966, vendèronse os dereitos de explotacion en varios paises, entre eles òs EEUU, concretamente à empresa Haggerty que comercializou o modelo co nome de "Lava Lite", eles inventaron o nome que mais se popularizou.
1963 image
O Señor Edward craven-Walker e parte dos primeiros modelos da"Prehistoria" de Mathmos.

Nos anos 90 , o señor Edward, liberouse dunha parte do traballo e deixou a empresa nas mans de de Gressida Granger que relanzarou a empresa, no 1992 rebautizouna co nome actual, Mathmos e crearon novos productos, co Señor Edward de conselleiro. Actualmente as sùas làmpadas de lava siguen fabricàndose en Inglaterra.

Un dos modelos espectaculares, que se fixo foi a Telstar, que ten forma de cohete, pois estaba inspirada na carreira espacial dos setenta , època na que a empresa tanto medrou.
Foi apartir do 1998 cando, da man do prestixioso deseñador Ross Lovegrove e debido à gran cantidade de copias chinas que se fixeron, das famosas Lava Lite, a empresa optou por sacar productos diferentes, òs que lle tiñan dado fama e prestixio.

fireflow r1 black
Pop light, lámpada de leds e o recente modelo Fire Flow, que è a ùnica lámpada de lava que funciona con unha vela .

A todas estas creaciòns feitas con deseñadores do estudio Mathmos , tèñenselle concedido premios e menciòns que lles dan unha posiciòn importante no mundo do deseño, ademais de recoñecèrselle mèritos, como ter utilizado tecnoloxìas de leds e sistemas con encendido por sensores de movemento, entre outros.
Tuba, làmpada deseñada no 40 cumpleanos da firma, Mathmos.

Un modelo que sirve de exemplo, do que se pode chegar a facer con estas tecnoloxìas è o modelo Tuba, que cambia de cores ò ritmo e intensidade da mùsica, ou incluso do ruido que se sinta; outra das sùas caracterìsticas è a posibilidade de interrumpirlle o ciclo lumìnico, ò meter a man no seu interior.

Light charm - Bulb Blue
Bulb, colgante avisador luminoso.

Hai uns tres anos , lanzaron uns dispositivos de luz , para os telèfonos que presinten as entradas de chamadas è prèndense, para avisar .
De xeito que se evìta ter que molestar co ruido; uns como Bulb, ( mini bombilla) ou o modelo Astro ( con forma de mini Lava lite); pòdense colgar do aparato e outros, como Light badge, podèmolos prender na roupa ou bolso, totalmente individualizados, como si se tratase dunha chapa .

Red Light Badge
Light badge, broche avisador luminoso de chamadas.

As creaciòns mais impresionantes e relaxantes de Mathmos , nesta dècada, son as làmpadas de ciclos luminosos, que de xeito continuo emiten luz de cor , pasando por varios tonos sucesivos con unha transiciòn suave entre eles. O modelo Aduki ni , è o mais popular, tràtase dunha pequena peza en forma de pedra que , con un cargador, dispòn de luz de leds, independente dunha fonte, durante 6/8 horas.


Video da làmpada aduki Ni

Outro modelo curioso è a Blimp e as Mini Blimp, que sò con presionar derriba da làmpada , comenza o seu ciclo lumìnico.


Vìdeo da làmpada Mini Blimp.

15/10/10

Sò para mulleres espontàneas.

Ò sair da casa para traballar ou a socializar plàcidamente, ninguèn quere perder moito tempo en amañarse, pero tampouco queremos dar impresiòn de abandono ou despreocupaciòn.

Joi D'art, e as deseñadoras Sara Domenech e Cristina Julià, pensan por nòs.
Na colecciòn Outono/Inverno 2010-11 reivindican a naturalidade. Valores como a transparencia e a claridade, vense nas sùas creaciòns.

Anel da colecciòn Carola2 de Sara Domenech para Joi D'art.
Anel simple e còmodo de secciòn redonda . Como base, unha pequena cunca de prata mate presidida por un precioso esmalte ò lume super tradicional, feito derriba de cobre.

Mulleres con imperfecciòns e autènticas, non è necesario aparentar demais. Supòn moito traballo e o resultado final tampouco nos mellora tanto a vida, nin nos fai sentir tan marabillosas !!. Positivas por que si, ser como somos e non morrer no intento.

J2737AR0790
Pendentes da colecciòn Mariona de Cristina Julià, para Joi D'art.
Prata matizada, con uns 7 cm. moi aprobeitados que ca articulaciòn superior, adàptanse ò corte da cara e sempre quedan ben postos.

Nada de excesivas e calculadas simetrìas, nen clasicismos insìpidos. Formas irregulares e libertade para a creatividade. Acabados mate que se pulen e personalizan co paso do tempo, como a vida mesma.

Pensemos en nos e como Ocar Wilde, dirìa : "Amarse a un mesmo è o principio dunha viaxe que dura toda a vida".

11/10/10

La Marelle.


O xogo infantil da Mariola,( onde se lle pega co pè a unha pedra, que se arrastra por un percorrido de nove cadros, ata chegar ò final, medio coxo) , da nome à nosa nova e trascendental firma francesa, La Marelle, sendo ese o nome do xogo en Francia.
Este è un xogo tradicional europeo que, ò parecer provèn da obra de Dante: A Divina Comedia. Seguramente os fundadores da marca non son alleos a esta cultisima informaciòn.
Simboliza o paso do purgatorio ò ceo; ou o que è o mesmo a salvaciòn da alma atravès dos nove mundos e polo tanto o coñecemento dun mesmo. Deu orixe a xogos como a Oca ou a Petanca.

Broches de : Marie Desbons, Adolye Pay e Chloé Rémiat.

Ediciòns La Marelle està creada no 2004 en Rennes, capital da Bretaña e polo tanto nun extremo do paìs, separados do glamour dun Parìs pero con unhas raices culturais fortes e con moito marisco nas costas proximas, (caracterìsticas familiares para nos).

Alì Pascale Nivet e Bernetiere Fabrice impulsaron a firma que poderìa non ser mais que unha marca de cousiñas bonitas, con certo gusto francès; pero no 2006 dan un salto significativo incorporando à marca un grupo de alucinantes ilustradores, deseñadoras e artistas.

Actulamente , desde Hong kong ata New York non hai quen, ò ver pola rùa unha bolsa de La Marelle non se pregunte ¿ de onde ven esa cousa ?.

Les Valises Cerises  LA MARELLE  [Ma Boutîc] - CABAS & BOITES METAL - La Marelle - MA BOUTÎC
Caixas e maletas de Mlle. Héloïse.

Con continuidade incorporan novos artistas ò proxecto, ainda que a estrela da casa è Mlle Héloïse, que è a autora de todos eses personaxes ben alimentados , con orellas de animais e caras de felicidade.
Mijn Schatje, Peggy Nille, Tante Claudine, Sophie Adde, Martine Roch, Matt Pascuarello, Limoon, etc. ata uns 30 nomes mais , procedentes de varios paises, compoñen o equipo creativo.

Caixas de Limoon.
Moitos deles desvelan unha tendencia Kawaii, palabra xaponesa que ven significando preciosa ou encantadora e que designa unha estètica que claramente està marcando època.

Realmente imponse esta corrente, tanto como para que ata tres aviòns Boeing 747 de All Nippon Airways sexan decorados con debuxos de Pokemon e como para que no mundo da moda internacional existan xa, incluso, variantes do Kawaii como a moda Lolita, que toma elementos da subcultura gòtica e da moda Victoriana, ou o estilo Cosplay (Chacha), Meganekko, etc.

Exclu La Marelle - Printemps 2010
Aneis da colecciòn 2010.
Mijn Schatje - La Marelle, 2010Mijn Schatje - La Marelle, 2010
Prendedores do pelo e pendentes de Mijn Schatje.

Algùn debuxos lembran òs monecos de animaciòn ou modelos de plastilina; transmiten un sentimento de tenrura e amor òs que poderìamos clasificar de riquiños.
Outros fan que pensemos nas monecas de colecciòn , pel branca, ollos grandes e beizos vermellos; con motivos como sereas, pallasos e damas con certos toques case psicòpatas.

Nunha entrevista ca cosmopolita artìsta de La Marelle Mijn Schatje ( que significa cariño, amorciño, en holandès ) conta, que nesta vida tan dificil de soportar, os da xeraciòn dela (1983), precisan ideais e a beleza nas sùas obras, asì como a perfecciòn dos detalles, son un xeito de escapar e de levar a inocencia a todo o mundo , xa que considera que non està reservada sò para os meniños.
CAHIER D'IDEES FOLLES ET SAUGRENUES CAT THE CAT
Caderno Loucura e absurdo de Cat the cat.
Moitas das ilustraciòns son atemporais e reflexan un ambiente purìsimo e càndido, onde o factor tempo non pode contaminar nada.
Cadernos de nenos, de receitas, para apuntes, maletas, neceseres, pendentes, colgantes, aneis , etc. Un universo Lamarellesco cheo de suxerencias para grandes e pequenos.
Cahier de multiplication
Caderno de multiplicaciòn de Chloé Rémiat.

U-LA Boutique è a primeira en traer a este paìs, un golpe de frescura do tamaño desta editora.
Cremos que vai dar que falar. Non te quedes sin coñece-lo, ven à nosa Boutique.
NeceserCorazòn de Mlle Héloïse.






07/10/10

Meniños actuais.

Esto està dedicado os pais e nais que non se resignan a que os seus pequenos rematen por converterse en repolos cheos de lazos e puntillas, propias da moda de 1920. Para quenes pretenden evitar a influencia excesiva das avoas e darlle un toque chic à vida dos mais pìcaros.


Leva-los à gardaria faise mais levadeiro si sabemos que estaràn ben. Con estas bolsiñas tèrmicas ter'emo-la seguridade que a comida estarà quente, cando vaian a merendar, asì o caldo de nabizas, que tanto lles gusta, estarà à temperatura apropiada para o seu càndido padàl.

1-Coello; 2-Xoaniña; 3-Pirata; 4-Robot; 5-Gatiña; 6-Fada; 7-Ra; 8-Xaponesa.

A deseñadora de Pylones, Vanina Crescioni rematou de presentar, nestes dìas, os ùltimos estampados das bolsas tèrmicas, acharoladas, Picnic.

Miden 17 x17 x7 cm. e teñen un peto exterior , tamèn tèrmico, onde gardàr pequenas cousas e o seu interior ven dividido en dous compartimentos que se poden converter en un sò, bandoleira de quita e pon e cremalleira.
¿Pode ir mais chic, o teu fillo, à escola?

Unhas ricas lentellas, poden ser mais doadas de tragar si o superheroe se transforma en culler.
O deseñador Carlos Mitsch de Fred Studio, creou esta ferramenta de integraciòn familiar chamada Souper!!.
Està feita con materiais aptos para alimentaciòn e o aceiro è inoxidàbel. Pòdese articular e està preparada para que a sopa, callos, fabada e outros pratos de comer con culler, resulten mais atractivos òs peques.

U-LA Boutique axuda òs pais e fillos a levarse ben e a xenerar sinerxias positivas entre as familias. Non queremos dèspotas nin pequenos Pinochets no futuro.








05/10/10

Cafes de pota e deseño.

Este mes, que anticipa o outono, os nosos deseñadores son de Copenhague, e traballan para a coñecida firma danesa, EVA SOLO.
Eva Solo non è o nome de ningunha deseñadora,
nin è o da nai destes dous profesionais pero algo de muller hai detras:
A casa lànzase con este nome no 1997 como fusiòn entre a experiencia dunha fàbrica fundada no 1913 ( Eva Denmark) e a xuventude dos novos deseñadores daneses.
O certo è que o seu director e fundador, Erik Manger, utilizou o nome da sùa filla para crear a marca.
Todo-los seus productos estàn concibidos para se-los centros do universo e de atenciòn. Xùntanse look e enxeñerìa do mais vangardista. Convinaciòn de aparencia e funcionalidade.

Os productos desta firma, non son de reducidos prezos pero, seguramente, non lles podemos chamar caros; xa que a valoraciòn que temos que facer è a seguinte:
¿Os obxetos que nos rodean cubren as nosas necesidades de armonìa, beleza e equilibrio?,(è dicir ARTE), ou temos outro tipo de sensibilidade e non precisamos destes valores.


Os nosos deseñadores do mes son os ùnicos deseñadores da firma EVA SOLO, o innovador estudo Tools Design.
Formado por Henrik Holbaek (1960) deseñador industrial e arquitecto (Royal Danish Academy of Fine Arts) e Claus Jensen (1966) deseñador industrial (Designskole of Copenhagen).
Galardoados no 2008 co premio òs mellores deseñadores da Red Dot Design Award e con mais de 200 premios e menciòns; que os convirten nos representantes do deseño danes, en todo o mundo.
O deseño industrial destes autores, oculta detràs da sùa funcionalidade, a verdadeira personalidade dos productos, equilibrando coidadosamente a beleza da forma,a utilidade e o material co que se fabrica.

Unha das mais emblemàticas pezas deles , è a coffee-maker Cafe solo.
Gañadora, ela soa, de mais de 10 premios, desde o 2003, en Alemaña, Finlandia, EEUU, Francia, etc.
Nela faise cafè polo mètodo tradicional, do cafè de pota, pero mellorado:
Sobre o cafè moido, vèrtese auga a ferver na xerra de vidro tèrmico, remèxese durante uns 10 segundos e colòcaselle a tapa-filtro anti gotexo, espèranse catro minutos e sìrvese directamente.

Ten uns segredos, ò poñe-la auga fervendo no recipiente de vidro, a temperatura baixa a 94º , (temperatura ideal para esta preparaciòn), ò axitalo garantìzase a inmersiòn completa do pouso, considerado, o mellor mètodo de facer cafè, por moitos expertos.

A cuberta de neopreno, mantèn a temperatura de consumo durante media hora, o cafè non adquire mais forza pois o 80% das sùas propiedades desprèndense do po de cafè, nos catro primeiros minutos de contacto ca auga.
O filtro- tapa è un sistema patentado por Eva Solo e engade practicidade e rapidez ò proceso de servi-lo contido.

Aquì podemos ver unha demostraciòn: