30/06/11

Bombillas-lampada.

Pode que os máis minimalistas...
Tamén quenes xa saben que con unha soa bombilla non temos por que iluminar unha casa completa.
Ó mellor quenes xa se desprenderon do trauma da bombilla de postguerra, triste e soiña, colgando do medio e medio do teito da habitación... estos si valoren esta proposta.

fbweb ska

A empresa sueca, Fristandindustriab, que fabricou os primeiros extensores de cable de Europa, adícase tamén a producir cables e portabombillas, con arte e deseño.

Incluso colaborando ca fabrica máis prestixiosa de vidro do seu país, Nybro Crystal Sweden, sacou ó mercado unhas artísticas lámpadas-bombillas decoradas á man que lle cambian o concepto de "bombilla" ó mais turrón dos maridos desfasados.

Samlingbild handmålade 2
Lámpadas-bombillas de baixo consumo, clase A, decoradas á man por Nybro Crystal Sweden. Pódelas atopar AQUI, o seu prezo é de 61.30€.

Non podemos esquecer aqueles cables tricor, forrados de téxtil dos anos sesenta, que nesta colección cobran vida de novo e actualizan calquera canto da nosa casa; ademais de axudarnos a resolver elaboradísimos problemas de alturas dos nosos duplex e casas unifamiliares.


IMG_6432

O obxetivo da colección é crear ambientes con contrastes, sacando de contexto elementos simples como as bombillas e os cables, para convertilos nunhas auténticas lámpadas, protagonistas da casa.

IMG_7389
Portabombillas regulable de porcelana de 61.95€. Pódelo atopar na nosa web.

Hai unha exquisita sensibilidade nestas pezas, non só nas lámpadas-bombillas se non tamén nos propios portalámpadas e incluso nas pequenas pezas de porcelana que fan de cascos e cubrecables.

O Sr. Staffan Svensson, fundador da firma, Fristandindustriab, que edita estas xoias, lémbranos a maxima do arquitecto Mies Van Der Rohe...

"O que distingue un bó deseño dun malo,
son os detalles."

U-LA Boutique, tamén o pensa así, e tráeche de xeito exclusivo e posiblemente único neste país, as lámpadas-bombillas das persoas con sensibilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario