30/05/11

Vitrina Galerías Durán Maio 2011

-Táboas de corte, en vidro Kiwi, en PVC Chop 2 Pot e Chop 2 Pot Plus de Mark Sanders para Joseph Joseph.
-Muiño de pementa Pepermeister de Cole & Mason.
-Coitelos de pan Mordicus e de queixo Beau & Fort de Sam Froid para Pylones.

-Libreta de contas, Mon jolie Puzzles pequeno e grande de Chloé Rémiat para La Marelle.
-peluche Ze Superzeros Tiger de Stéfanie Bardy e axouxere Ratos de Deglingos.

-Gorro de ducha peixes de Surfing Gecko.
-Cepillo de WC Flor de Amendoeira de La Chaise longue.
-Dosificador Shampoo e cepillo de unllas Cathy, de Crea Crea para Pylones.
-Xaboeira Wishbone , do premiado Jeremy Alden no Umbra-Pratt design Competition.

-Klaxon de Crea Crea e candado Ketzabelo de Laurent Mouveau para Pylones.

-Xoiería de autor de Joi D'art.

-Cámara Spinner 360º e Minidiana de Lomography.

-Secador Blow Up e cepillo Lady pop de Vanina Crescioni e Crea Crea para Pylones.
-Cortaunllas Koupala, brocha Chekita e espello Mimi de Crea Crea para Pylones.

27/05/11

Novos amigos.

A cinta adhesiva foi creada no 1930 por Richard Drew, un enxeñeiro de 3M, e dende hai 80 anos, incluso na actual era dixitotecnolóxica, ainda continua usándose en todo-los fogares e oficinas civilizadas e incluso sen civilizar.



Xa temos falado da famosa cinta xaponesa ou Washi Tape, da marca xaponesa Mark's Japan.
Pois nestes días, comprobamos o bo ollo que temos para adiantarnos ás tendencias; ó recibir unha proposta de colaboración dun novo Blog, específico, sobre a mencionada cinta feita de papel con base de arroz tamén chamada Maskin Tape.

Polo que parece hai máis persoas fans "desta solución de vida", e esto dicímolo por que se visitade-lo Blog amigo, comprobaredes como é posible obsesionarse co producto e "empapelar" todo o que pilledes por diante.





Esta cinta é lider de ventas en xapón e agora, tamén en Europa está arrasando. A última colección pódela atopar aquí.


En España somos catro os que nos adiantamos a moda; pero se a trouxemos é por que está cargada de suxerencias, ( reciclaxe de obxetos, renovación da papelería, practicidade...) e non se sabe de que xeito, consigue transmiti-la sensibilidade do quefacer xaponés, ademais de comunicar sensibilidade e delicadeza.


Dende un mural infantil ata customizar un prato se snacks; todo é posible neste mundo da MaskingTapeización.

23/05/11

Todo volta, incluso os bos costumes.

Cando íamos á praia ca fiambreira de aluminio anodizado; con varios pisos, para a tortilla, o polo e demais preparacións domingueiras, non pensabamos que puidera inventarse nada mellor.

Pero resulta que estos recipientes térmicos chegaron do futuro, para nos desenganar e facernos recupera-las boas formas outra vez.
Bento lunch box.Con dobre parede de foam, e varios tamaños. O seu prezo é de 26.30€ ou 22.80€, según o tamaño e pódelos atopar aquí.

Trátase dunha marca famosa dende os anos cincuenta, chamada Aladdin que fai recipientes e bowls térmicos con tapas herméticas.
Con plásticos para uso alimentarios que cumplen as medidas máis esixentes do mercado ( libres de Bisfenol-A), e permiten meter todo tipo de comidas dentro, sen perde-la temperatura e...

...levalas á oficina, á praia, de viaxe ou de picnic campestre, sempre sen perder estilo.
Estos son da colección Artistic Series, con ilustracións de Amy Ruppel e Matte Stephens. O seu prezo é de 23.20€ e pódelos atopar aquí.

Conservan a temperatura en quente ou frío entre 1.5 e 5 horas garantizadas, dependendo do modelo, e ademais de non perder unha gota, dispoñen de separacións interiores, para dividi-lo contido.
Non penses que eres cutre, non teñas medo, o que eres é cosmopolita e evolucionada.
Ademais é unha práctica idea, que sepas que o resto do mundo aprecia este concepto e xa se benefician deste invento dende hai moitos anos.

Saude, economía e comodidade, son as tres razóns para retoma-lo tuperware, pero agora con máis prestacións, calidade e con megadeseño.

De feito este producto ten máis dun premio de prestixio ó deseño industrial.

U-LA Boutique mira por ti.

21/05/11

Noxo e pracer, no traballo.

Quen non sinta necesidade de ofrecerlle un café co leite caducado ó seu xefe, polomenos unha vez ó mes, non é deste planeta.
Todos manifestamos polo noso traballo, os compañeiros ou os xefes, algunha vez na vida, instintos que non se deben ter, nin confesar.

SugarCube
Tape Man, portacelo de resina deseñado por Ramon Middelkoop, para Invotis Orange. O seu prezo son 32.50€.Pódelo atopar aquí.

Destas sensacións non se salvan nin os traballadores da Seguridade Social, que teñen acceso á medicación máis apropiada nos casos psicopáticos e ademais posiblemente sexan os máis expostos a estes problemas.
TAPIS SOURIS X-RAY PALMTAPIS SOURIS X-RAY SKELETON ACTION
Alfombras para ordenador X-Ray,de Zanif, para La Chaise Longue. O seu prezo é de 6.95€. Pódelo atopar aquí.

Ás veces precisamos referencias positivas para voltar á alegre e feliz, realidade.Algo que nos saque das nosas rutinas, do aburrimento e da desidia.
Rato óptico, apto para PC e MAC. de Invotis. O seu prezo son 30.50€.Pódelo atopar aquí.

Certos obxetos que nos tocan nas lembranzas ou que nos sacan do contexto, conteñen algo desa poesía funcional que nos encanta.
Portacelos ra, de La Chaise Longue. O seu prezo son 9.50€.Pódelo atopar aquí.

En U-LA Boutique ofrecémosche alegría e distensión.

20/05/11

Cristina Juliá, para mulleres con compoñentes positivos.



Cristina Juliá, unha das nosas deseñadoras favoritas, de Joi D'art, é a creadora desta colección da firma Catalá, especializada en xoias de autor.


Chámase Nisse, é está realizada en prata matizada e esmaltada en dourado.
Con moito predominio do cuadrangular, convina as formas orgánicas que lembran vexetais, follas...
Estas xoias están dotadas dun minimalismo exquisito, que deixa o protagonismo para o corpo que as leve postas.


U-LA Boutique quérete poñer máis guapa.

17/05/11

Poéticos cachiños de campo.

Mlle Héloïse, creadora da firma.

A firma fransesa La Marelle continúa sorprendéndonos cas súas creacións de estilo Naïve ou Kawaii, que causan furor.

Collier "Marguerite" tige
Gargantilla Marguerite de Mlle Héloïse.

O factor poético que impregna os deseños é, seguramente, o que as fai máis atractivas.

O toque bucólico-pastoril que lle da ar de primeira comunión, o encanto de nena cándida, pero á vez con un toque pendanga, é o que inscribe estas creacións na liña Naïve; propia do Xapón e que xa forma parte da moda e das tendencias con un sólido curriculum.

Colección Cerises de Mlle Héloïse.

Pezas feitas cas ilustracións de Melle Héloïse, encapsuladas en resina.
O metal está 100%, libre de Nickel e apto para as alérxicas, que cada vez son máis.

Boucles d'oreilles "Pommes"
Pendentes Pommes de Mlle Héloïse.

Froitas, flores e demais produccións campestres son as novas da colección de Mlle Héloïse; deseñadora e ilustradora estrela, fundadora da firma francesa La Marelle.


O seu gusto polos detalliños, as florituras, pola puntilla e toda esa estética de señoriñas que tanto nos seduce, tradúcese incluso no elaborado dos envases das xoias.

A singuralidade é parte do caracter, U-LA investiga nela, para ti.


15/05/11

Nostalxia das vacacións.

-Album de fotos Vintage de Anna Buechin, marco de fotos Labirinto de Alan Wisniewski e Bola portafotos de Seymer Cruz para Umbra.
-Album de fotos Mail de Mark's Japan.
-Marco de fotos Newstalgic de Doiy.
-Marco de fotos Dollar de Balvi.

Feminino Singular.

-Neceser Ma Trousse de... de Valerie Nylin para Derriere la Porte.
-Brochas Cheekita, cepillo de unllas Cathy, Abano Lho e perfumeiro de Crea crea para Pylones.
-Moedeiro e espello de Les Invasions Ephemeres.
-Sales de baño, xabón líquido e vela Meloia, de Claus porto.

Custo en U-LA Boutique.

-Bolso porta PC de 15", carteira, neceser e bolsiño porta todo de Custo.
-Antiestrás Panic e ladrón USB de La Chaise Longue.
-Metros de Crea Crea para Pylones.
-Caixiñas Pettits trucs e Pettits tresors de Derriere la Porte.
-Rato optico cerebro de Pat Says Now.

14/05/11

Suiza, o pequeno tamén é importante.

Marca suiza lexendaria no campo do menaxe funcional. Con mais de 60 anos inventando productos enxeñosos, fiables e moi, moi duradeiros.
O seu fundador Karl Zysset, fabricou o seu primeiro best-seller no 1948, tratábase dun prensaallos que valeu de inspiración para tódolos posteriores, que á sombra del, fabricaron tódalas firmas de menaxe.

Zyliss, detecta as necesidades dos consumidores, e pon no mercado cousas que ainda non sabemos que precisamos, pero que despois consideraremos imprescindibles.

Un pelador de tomates e de todo tipo de froitos brandos como ,tomates,Kiwis, peras... ainda que non te fai superfeliz, evítache come-las monda do tomate, ( ca que podes facer unha decorativísima flor, para a presentación), come-la froita aplastada, ou reducida a unh cubo, se a pelas con un coitelo.
O 5-Way Opener, é un "5 en 1" ademais de abrebotes, tamén un saca tapas de:
-Botellas de refrescos, cervexas...
-Tapas de rosca.
-Tapas con abrefacil.
-Tapas de latas de bebidas.

Zyliss, sabe que non todas somos forzudas e no ximnasio non nos obigan a traballa-los músculos da man, por eso inventou o abrebotes.


Dado que lle damos moito ó bote, podelo abrir é un adianto. Este modelo é o StrongBoy 2, está preparado con unha tira que se adapta a tódo-los tamaños de tapas.

Este video demostrativo, sacaravos de toda-las dubidas:


U-LA Boutique sempre util, ademais de bonito.

12/05/11

Tantas horas nun cuarto, ( de baño ).


-Cortina de ducha bande de Police de Aleksander Mukomelov, para Kikkerland.
-Contenedores de tres e dous compartimentos, Componibile de Anna Castelli Ferreri para Kartell.
-Cesto de roupa, Les chaussettes de L'Archiduchesse; neceseres Miss 100 Satien, Beau Gosse en balade, Ma Trouse de Beauté, Melle Chance, Belle du Jour e Papeleira Aux Petits Soins ; todo de Valerie Nylin para Derrière la Porte.
-Cepillo de WC en porcelá branca, de SELAB para Seletti.
-Papeleira prateada Mezzo de David Quan, para Umbra.
-Alfombras de WC de Arte Espina.

Esquina esquerda:

-Soporte para secador de pelo e espellos de ventosa con aumento de Balvi.
-Cepillo de WC, flor de Amendoeira de La Chaise Longue.
-Porta obxetos e floreiro Clara de Inci Multu para Koziol.
-Brocha Cheekita, cortaunllas Koupala, Pinza rosa Bikini, lima verde Manuku, de Crea Crea. Secadores de pelo Blow Up e cepillos de pelo Lady Pop, de Crea Crea e Vanina Crescioni; todo para Pylones.









Esquina dereita:
-Alfombra antideslizante Pas de Danse de Martijn Deurloo para Kikkerland.
-Alfombra antideslizante Stein de Surfing Gecko.
-Dosificador de xabón Pure Soap de Balvi.
-Soporte de ventosa para papel hixiénico Plug'Roll, cepillo vermello, de WC Rio e contenedores vermellos Pottichelli de Werksdesign para Koziol.
-Perchas de ventosa Bunny e Tommy de F.Person e J.Hansen para Koziol.









Vista central:
-Dosificador Shine, vaso Shine e xaboeira Wishbone de Jeremy Alden (Umbra-Pratt Design Competition) de Umbra.
-Xel de baño, Sales de baño Melodía e Banho, Xabón líquido Voga e Banho, xabón de mans Melodía e set de Xabonciños Voga de Claus Porto.
-Caixiñas pastilleiros Santé Bonjeur Gloire de Derriere la Porte.

10/05/11

Maquíllate, maquíllate, sombra aquí, sombra...

Maquilla-la vida que nos toca, ou pinta-la de cores, ainda que non sexa unha solución definitiva, está demostrado que axuda psicolóxicamente a continuar adiante.
Tentar vela con máis optimismo e mesmo ler libros de autoaxuda, pode supoñer un estímulo, mellor que ir á perruquería, comer chocolate, beber ou drogarse.

Vinilos adhesivos para disfraza-los teclados con efectos retro, de Sofía Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

Para a maioría de nós, traballar é necesario e vivir esperando á fin de semana non é recomendable, pois non disfrutamo-lo momento.


Algunhas das alternativas para cambia-la escenografía do teu espazo laboral, non teñen por que supoñer instalar un tabique, pladur ou cortinas para facer invisibles ós teus compañeiros de mesa, tampouco se recomenda falar mal ou facer campañas para que os trasladen, esto é unha arma de dobre fío.
Vinilos de aspecto textil, Liberty, para decora-la mesa,paredes ou mobles, de Sofía Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

O mellor é socializar con eles, falar de ensoñacións, das festas gastronómicas que se aveciñan e tamén das novidades de U-LA Boutique no mundo do deseño... do diferente!!

Pizarra de Caroline Kim para Umbra, proxecto gañador de Umbra-Prat Design Competition.

Pode haber solucións máis "sostibles" para esa situación, tendo en conta que as vacacións de verán quedan a certa distancia e que o noso lugar de traballo ... ¡¡ Non é tan terrible !!.


Le Sticker Fusées
Vinilos Fusée de Sofia Antonovich, para Les Invasions Ephemeres.

Nós e tamén os deseñadores, listos e piadosos, decatámonos desto e procuramos
facercho
máis levadeiro
con unha dose de mordacidade, humor e algo de poesía.


Grapadora Vanity de Crea Crea , para Pylones.

Se ainda así vemos que non funciona, mellor será que pensemos en evadirnos temporalmente,
un xogo
disimulado na parte traseira da calculadora, pode valer.

CALCULADORA CON JUEGO BLANCA
Calculadora con xogo do labirinto de Addex, para distraerse sen que ninguén o sepa.

Reláxate, diténdete con U-LA Boutique.



06/05/11

Novas "cortinas" ó estilo nórdico.NOVO

Os que coñezan o norte de Europa, coincidirán con nós que a cultura derivada da moral protestante, luterana... é radicalmente diferente do noso xeito de ve-la vida.

Non aparentar o que non se é, oculta-la vida íntima, as cortinas e outros temas que para nós son controvertidos, para un Holandés, Sueco, ou Alemán, non o son na mesma medida.

Aplicación do film, Ella & Ceasar de Johanna Lindgren Örn.

Neses lugares o feito de poñer cortinas para dar máis privacidade, non é extrictamente necesario, por que "non teñen nada que ocultar" ós seus veciños e ademais, estas tapan a pouca luz solar da que dispoñen no perpétuo inverno que teñen que sufrir.

Aquí temos máis luz.
Pero gústanos preserva-la intimidade e se-los primeiros en conta-la nosa vida, preferíndoo a escoitala na carnicería ou na caixa do Supermercado, na boca doutra persoa.


Estas estudantes suecas, de Deseño téxtil, Johanna Lindgren Örn e Sofía Löfstedt deseñaron un novo método de preserva-la túa cociña, salón, WC... das miradas impudorosas.
No 2003 gradúanse, e como proxecto final crean estos films de plástico adhesivo e removible.
Fundan, nese momento o estudo e marca Strössel Design en Estocolmo.
No 2008, incorporan un socio que se ocupa da distribución, e grazas a eso están aquí.


Aplicación do film, Orkide de Johanna Lindgren Örn.

Trátase dunha película translúcida, para as ventás, que se pode poñer e quitar moitas veces.
Aplícase facilmente mollando o vidro con auga e xabón, logo poñemo-la película e axudándose dun trapo remátase o asunto.
Aplicación do film, Pelargon de Johanna Lindgren Örn.

O efecto é o dun cristal esmerilado, estampado, que deixando pasa-la luz, non permite a visión dende fóra, incluso se é de noite e temo-la lámpada prendida.
Como se trata dunha especie de visillo , se queremos mirar por derriba ou por debaixo, podemos seguir interesándonos polas vidas dos veciños, transeuntes, etc.


Aplicacón do film,Löv de Johanna Lindgren Örn e Sofía Löfstedt.

Suminístrase en tiras de 34 x 88 Cm. ou de 48 x 120 Cm. e como se poden cortar á medida, estes dous tamaños valen para case toda-las ventás e portas estandar.

U-LA Boutique ten o pracer de ofrecer estos films.
por primeira vez e en exclusiva neste país.
Deseñados e feitos, totalmente, en Suecia.