29/08/12

As novas Fisheyes de LOMO.

O novo aspecto das cámaras Fisheye de Lomography, é este:

Fisheyes azul e verde, por 49.50€ na nosa web.

Cubertas totalmente de cor e parcialmente dun simil pel, que lles da un toque máis retro.
como sempre incorpora esa lente de 170º, que a caracteriza e lle da unha gran profundidade de campo.
Estas imaxes teñen moito atractivo e diferéncianse, totalmente, das tomadas polas cámaras normais.


Versión en cores fortes ou máis apastelados, pra diferentes gustos.

Fisheyes vainilla e rosa, por 49.50€ na nosa web.

Fisheyizate neste próximo outono e disfruta das cores e da luz de Setembro.

17/08/12

Ecofriendly de verdade.

Lámpadas "intelixentes", con autoconsumo e das que non che farán pagar máis no recibo da luz... por que son Ecofriendly.


Por 29.95€ terás este punto de luz, con forma de bombilla; sempre e cando teña recibido luz previamente, pois este modelo está feito con un compoñente luminiscente.


Tamén terás a opción da máis luminosa e con pinta de tarro hermético, de gardar as chuches.
Dispón dunha placa solar que carga, de día, a enerxía suficiente para iluminar pola noite.
Con un par de estas terás a terraciña mais cool de toda a vecindade.

Sun Jars, SuckUK, Solar power lighting, Solar LED Light, Tobias Wong, Toby Wong, Sun LED light, sustainable lighting

A nosa proposta é en amarelo, máis romántica e tradicional:


Olla a nosa WEB, Lámpada solar por 21.95€


11/08/12

Lomo... novas Dianas pra variar.


A cámara máis buscada da marca austríaca LOMOGRAPHY, continúa áctualizándose sen perder ritmo.
O mítico modelo DIANA dos anos 60, reeditado e preparado pra engadirlle multitude de accesorios, que en orixe nunca chegou a ter.

Diana F+Sahara, por 104.20€, na nosa WEB.

A edición limitada da temporada é a Diana F+ Sahara, con estampados temáticos e un irresistible eco desértico que a fai moi atráctiva.


Outra das edicións limitadas da mesma é a Diana F+ Gold, con cadeiña dourada , super actual e que deixaría ca boca aberta ás nosas nais, co seu conxuntiño estilo Chanel.


O glamour do dourado está máis de moda hoxe ainda. Xa non é a cor repulsiva que foi.

Diana F+Gold, por 104.80€, na nosa WEB.



Recuperamos o tono Ibizenco, con estoutra edición da Mini Diana White, un clásico para os máis discretos.
Diana Mini White, por 64.80€, na nosa WEB.

Ollade o vídeo con todo o que acompaña á cámara:




09/08/12

caixaslamarelizadas

¿Quen podía pensar que uns cartóns e un pouco de papel fosen dar estos resultados?
Pois esto non é nada porque, La Marelle puxo ás máis reputadas deseñadoras da firma a facer caixas e o resultado é este.

Estas caixiñas superdecorativas, son ademais prácticas; para gardar todo tipo de chorradas das que acumulamos e que nos son imprescindibles, para a vida.



Caixas con asa en diferentes tamaños, de Mlle Heloise.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Deseños con un deixe romántico e diríamos que un pouquiño Naïf... esa tendencia Naïve, con reminiscencias do manga xaponés, que tanto nos gusta dos actuais deseñadores e deseñadoras francesas.

Caixas con asa en diferentes tamaños, de Peggy Nille.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Caixas con asa en diferentes tamaños, de Miss Clara.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Tamén para a oficina ou o despachiño, para aquelas que lles gusta ter clasificado todo e ademais ben bonito, polo interior e o exterior.


Estes modelos plegables, que cando non uses podes deixar gardados, poden constituir un agarimoso regalo de cumpleanos.

Caixas plegables, Dende 8.90€ ata 14.90€ na nosa WEB.