29/05/14

Retro pero actual, iRecorder.

¿ Quen non lembra as grabadoras de cintas dos setenta ?
Ainda que actualmente xa non se precisan, a firma inglesa Thums-up, seguramente con añoranzas delas, sacou este altavoz para o smartphone, que nos axuda a facer un bonito flashback .


Orixinal e riquiño  aparato que nos retrotrae á infancia.
 A súa asombrosa curiosidade é que incorpora botóns de play/pause, FF/REW; volume +/- que naturalmente...funcionan .


Cando queramos levalo de festa, temos unha asa extraible para collelo.

iRecorder, por 41.85 € en U-LA Boutique.

Conectase con un plug de 3.5 mm.


No compartimento da cinta, pódese introducir o iPhone 5 e incluso o 4 e 4S.


 Dispón de conexión micro USB para alimentalo, pero tamén funciona con 3 pilas AA.

16/05/14

Bohemia, bolsos con melancolía.

Cas bolboretas como leitmotiv, esta nova proposta de Disaster é un acerto. 

Bolso de man ou bandoleira, por 46.25 €

As formas ou patróns dos bolsos son super apoveitables pero igualmente o tamaño e acabado conectan ca tendencia.
Foulard por 13.95 €

O románticismo dos motivos e a bolboreta cas cores castañas e crema, son fáciles de introducir no día a día.

Bolso de bandoleira ou portadocumentos, por 58.20 €

Todas as pezas, incluidos foulares , están protagonizadas por pequenas ou grandes bolboretas.

Carteira, por 33.95 €

Fondos de cor negra ou castaña permíten que usemos o bolso en calquera época do ano. 

Bolsiño de man ou neceser, por33.85 €

Contundentes formas con un deixe retro completan a estética da colección redondeándoa e facéndoa apta para calquera ocasión.
Bolso de bandoleira, por 32.25€

Traballo, ocio ou noite son posibles con Bohemia de Disaster Designs.  

Moedeiro de clip, por 27.80€

15/05/14

A chave que todo o abre

Lock & Key é o nome da colección con toques árabes que a firma londinense Disaster Designs, presentou como novidade en toda Europa.


Ca chave como nexo: un rosario de propostas, bandoleiras, shopping, finde, carteira ou neceser.
Bolso Finde por 84.80€

Trátase dunha gama que ten un deixe hippie, que, por certo,a convirte nun fondo de armario realmente rentable, pola versatilidade e as combinacións posibles.


Bolso bandoleira por 46.25€





O grosor do material ademais dos detalles perforados e troquelados, danlle un aspecto moi traballado.



Neceser por 30.65€

A combinación de cores vivos dos forros e interiores provoca sorpresa ó abrir calquera dos complementos.

Bolso Shopping por 52.45€



Carteira por 31.30€


 Este preciosismo dos acabados interiores é unha lembranza do espírito de traballo islámico.

 Xa que tradicionalmente nas labouras artesanais, remataban incluso as partes interiores dos seus deseños. Ainda a sabendas, de que non era probable que se viran, estos acabados.