04/06/11

TeleiPhoneando.

Coque pour téléphone

Modelo deseñado por Mlle Héloïse para La Marelle, o seu prezo é de 14.90€ e pódelo atopar aquí.


Pasou pouco tempo dende que tirabamo-lo noso móbil no bolso e non pasaba nada, pero xa sabede-las consecuencias desta revolución que se está a producir na telefonía.
Por eso precisamos bonitas carcasas para a nosa xoia... o iPhone de turno.




Deseños de Marie Desbons e Chloé Rémiat para La marelle.


Hai madelos ríxidos e duros que protexen e mesmo parece que se trate da propia carcasa do aparato.
Estes modelos son da firma francesa La Marelle, e están feitos en plástico de acabado mate. Aptos para iPhone 3G e 3GS.


Chocolat, é de La Chaise Longue, costa 6.20€, e pódelo atopar aquí.


Modelos brandos, pero que ó ser de goma, tamén protexen de golpes e raiaduras.
O máis apropiado para persoas cálidas e doces, absterse xente sen humor ou quen non está disposta a dar conversa a toda unha cafetería.




Deseños de Crea Crea para Pylones, costan 15€ e pódelos atopar aquí.



Ou estos de Pylones que están feitos de loneta de algodón laminada e plastificada, que son espectaculares e rechamantes. Aptos para iPhone 3 e 4.

Lado práctico... que se cho rouban, saberás quen o fixo, xa que non vai haber moitos iguais.



U-LA Boutique mira polos teus tesouros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario