23/06/11

Para que esperar a voar?

Jan Kaplicky e un dos seus proxectos de coche eléctrico, para Maseratti.

Este arquitecto checo formaba parte de Future Systems, quenes deseñaron estas cuberterías para Alessi dentro doutro proxecto xa editado no 2008, o Bettina.


O nome desta contenporánea cubertería é Zlin, como o dos lexendarios avións checos. O difunto do autor era un emblemático arquitecto dese país.

Outra das razóns de bautizala así foi por que estaba prevista a súa utilización nunha aerolínea, seguramente tiveron medo de que os pasaxeiros non estiveran á altura ou tal vez a roubasen, a pesar de que a aerolínea non era española.

As catro pezas véndense en sets de 8.50€ cada un, pódelos atopar na nosa web.

O falecemento do autor, fixo que a firma Alessi editase esos modelos, pensados para cambiarlle o aspecto á mesa nesas sofisticadas ceas que ti das na túa casa.
Con menús de Nouvelle Cuisine van moi ben, claro que non son aptas para Carne ó caldeiro, Callos, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario