26/01/11

A loita entre o bo e o malo.

De tanto ver e tocar cousas de mala calidade, de comprar e rachar nas mans; acaba pasándonos que cando tocamos algo realmente ben acabado e con aspecto de durar moito tempo, sentímonos raros e sospeitamos do producto; incluso da tenda ou do vendedor.
( A non ser que veña dos grandes almacéns cuio nome non se pode escribir, sen expoñerse a unha demanda. ¡¡ Eses que teñen un logotipo triangular de cor verde !!)
Marco múltiple, Muchomix, de Alan Wisniewski.

Nos anos cincuenta e sesenta, todo duraba máis, porque era "do bo" e os productos eran "para
toda a vida", as tendencias estéticas duraban máis tempo, tamén.

Despois dos setenta, o imperio do "malo" fíxose co poder. Valorábase o feito de ter moitas cousas ainda que non serviran para nada, que non fose dar traballo de limpalas.

Actualmente e grazas a esta nova situación económica, comenzamos a recuperá-lo auténtico valor do "bo". Pois aprecia-la calidade, ainda que xa nos resulte raro, é natural en nós.

Celia Cruz dicía nunha das súas letras. "Yo no nací pa pobre , me gusta todo lo bueno", ela xa sabía.
Por outro lado, ¿ quen non diferencia o marisco da ría, do outro?, está claro que estamos capacitados para voltar a valora-las cousas boas.

Pois esta gran calidade non ten que estar acompañada dun grande prezo.
O deseño está emparentado ca calidade, polo que casa moi ben ca idea que Paul Rowan e Les Mandelbaun, tiveron hai uns anos e que daría orixe à firma con sede en Canada: UMBRA.

Soporte de pé, para fotografías, Fotofalls deTom Vicent.

Esta marca creouse no 1979, as súas premisas son ofrecer deseño funcional a prezos equilibrados
e con unha calidade superior.
O deles pode encaixar nun ambiente convencional ou nun entorno de estética máis radical, por que é clásico-funcional.
Marco múltiple, Flo de Fiona Ara.

Os acabados son espléndidos, dominan cores brancas e negras conbinadas ca calidez das madeiras (¡¡ Que dirían nas revistas de decoración, que tanto nos gustan!!).

Todo con un deixe entre Holandés e Newyorkino, moi cosmopolita; que seguro, ven dado pola multiculturalidade do seu equipo de deseño, composto por máis de dez persoas, que parecen un anuncio de Nacións Unidas, pola súa variedade.


Umbra® 'Thork' 18'' sq. Bulletin Board
Taboeiro de corcho,Thork, de Paul Rowan.
Soporte de libros, Criss Cross de Alan Wisniewski.
Os fundadores de UMBRA , Les Madelbaun e Paul Rowan, siguen dirixindo a firma, á que imprimen uniformidade e un selo estético recoñecible, por derriba desta diversidade.
Colaboran decotío, con escolas e institutos de deseño de Canada e de EEUU, incorporando esa frescura ós deseños da marca.
Xaboeira, Wishbone de Jeremy Alden en colaboración con Pratt institute.
Organizador Grassy, de Thea Yuzyk.
A vez incorporan puntualmente, nomes da talla de Karim Rashid ó seu catálogo de productos, que os fai acaparar premios e recoñecemento.


Soporte de fotos, Fotofalls de Tom Vicent.

Os seus marcos de fotos marcan tendencia, pois incluso fixeron varia-lo concepto. Axudaron a desprenderse de adornos excesivos e da herdanza de séculos de lacerías e reviravoltas innecesarias.
Calidade e deseño, recoñecibles a primeira vista , eso é UMBRA.
Colgador de xoias, Twigsy de Anna Docherty.

U-LA Boutique está sempre cos bos.





























22/01/11

Cafeteiras de ollos rasgados e espírito italiano.

Hiroshi Ono, é un deseñador nacido en Xapón, pero que traballa en Italia; terra de Pizza, pasta pero tamén famosa polo café espresso.
Coñecido polos seus proxectos innovadores e contratado por diversas marcas de tecnoloxía, á que se sinte ligado pola súa formación e relación profesional.
Desde hai uns anos deseña todo tipo de productos para o seu estudo en Milan: Happy Design; pero tamén electrodomésticos para a marca italiana Guzzini. No 2010 creou este modelo, Single, o segundo para a firma.
Segundo este autor o Look destas cafeteiras ven inspirado pola sinxeleza de liñas e a simplicidade; e cando se lle preguntou polo resultado final dixo:

"Creo que a sinxeleza é a característica fundamental para que este obxeto poda integrarse facilmente en calquera ambiente da casa, ou oficina.
Como deseñador, daríame por satisfeito se o consumidor final lograse advertir, ademais da funcionalidade, unha chisca de simpatía e alegría, dadas pola forma da mesma máquina"
Single Espresso espresso coffee machine home appliances

Serve para café moido, polo que non hai que utilizar necesariamente monodose, e tamén se se quere, para monodose de varias marcas.
Ten un depósito de boa capacidade, control da dose da auga que queremos, ademais de 1200W de potencia e 5 bares de presión.

Os expertos en cafeteiras deste tipo, din que a presión de 5 bares, é a mais apropiada, pois a que moitas cafeteiras teñen, ó ser inferior non obtén do cafe toda-las cualidades .
Preséntase en cor crema, vermella, laranxa e branca.

En U-LA Boutique, gústanos o bonito e o práctico.

18/01/11

"O pequeno é intelixente".

Esto afirma o deseñador francés Reno, que è mestre de deseño na universidade de Nimes.

Traballou en deseño de aparatos de estratexia militar, pero finalmente decantouse polo deseño de productos máis divertidos ( entre outras cousas, podemos dicir que foi membro do grupo de deseño da divertida marca francesa Pylones).

Claramente: o humor, da mellor vida!!.

Lupa acrílica, marcalibros, plana e con aumento, para os maiores de 40; de Reno para Kikkerland.

Esta vocación lúdico-festeira non é exclusiva deste creativo, podemos mencionar case vinte deseñadores máis que colaboran habitualmente ca firma Kikkerland.
Esta marca, é unha das que enchen as estanterías das tendas dos museos de arte de todo o mundo.
Reloxio de sobremesa, que indica a hora e minutos ca mesma liña vermella, o segundeiro está na parte superior; deseño de David Dear para Kikkerland.

Poderiamos pensar que o éxito da firma, ven motivado polo democrático dos seus prezos.
Xa que evidentemente, nin imos comprar o que expoñen nos centros de arte, ( é pouco accesible), nin tampouco pensamos en roubalo, ( só nas películas), e como xa sabemos que temos que levarnos algo para a casa, (só para apropiarnos dun cachiño de sensacións placenteiras, que a TV, non nos aporta xa), así é que estos productos reunen os ingredentes necesarios:

-Simplicidade conceptual, para non nos cansar intelectualmente..
-Humor, chiste e divertimento case apolítico.
-Poesía visual, tan necesaria nesta época que non queremos ler.
-Contidos sarcásticos, a retranca imprescindible.
Paraugas Katana mini e Cabaleiro; de Materious, para Kikkerland.


O estudo estable da marca crea ó ano, máis de 150 chorradiñas que nos fan felices sen ansiar ser trascendentes, nin necesidade de pasar ós libros de deseño da editorial Taschen; este grupo está formado por catro nomes pouco coñecidos, pero moi creativos:
-Jay Lee
-Megumi Yoshida.
-Laura Kellner.
-David Kuchargky.

Lanterna de leds, para lectura; con placa solar e batería; deseñado polo Estudo de Kikkerland.

Ata os temas máis macarras e pouco propicios para a inspiración, son obxeto da revisión destes filósofos do pequeno deseño.
A guerra, os sucesos, etc.

Destructor, enchufe de cinco portos USB de Giffin Termeer para Kikkerland.
Cortina de ducha,Liña policial, de Aleksandr Mukomelov para Kikkerland.


A necesidade de crear bó humor non é só patrimonio dos Morancos, e demais respetables artistas da tele, os deseñadores non son todos como Karim Rashid e tampouco fai falla que o sexan.
Hai creativos que deseñan cousas simples pero con un toque.
Xerra de cervexa, do Estudo Kikkerland.

Ainda que sexamos traballadores do BBVA ou funcionarias da Xunta, tamén podemos sobrevivir incorporando un guiño sarcástico ó noso quefacer diario, e non só non seremos despedidas, senón que farémo-lo noso traballo con mellor humor e seremos maís felices.
Papeleira lenticular Trash, de Pieter Woudt, para Kikkerland.

Por que non podemos adorna-la nosa casa con algo aparemtemente tan infantíil que nos faga recupera-la ilusión desa epoca da vida que foi tan divertida. Poida que só nos riamos nós, pero de esto se trata.
Temporizador de 60 minutos, Vaca do Estudo Kikkerland.

A case todos nos gusta a performance, a actuación, o exhibicionismo.
E non só cando estamos bébedos, ensinamos partes da nosa personalidade que non se coñecen demasiado.
Os obxetos que nos acompañan tamén din cousas.

Funda de neopreno, para cámara fotográfica.

Incluso os obxetos prácticos, que sacamos do bolso e todos ven, tamén manifestan quen somos, como vivimos e que manías temos.

Báscula dixital, de viaxe e clip altavóz con adaptador, deseñados polo Estudo Kikkerland.


Seguramente non podemos disfrutar de todo o que quixéramos, pero podemos elixir o que compramos disfrutando, con estética e bó humor.
U-LA Boutique cumple esa función, como norma de constitución da empresa.


15/01/11

Matrioskas con picardía e fumadoras.

Todos coñecemo-las monecas rusas que encaixan unhas noutras.

Dise que son famosas dende 1890, sendo orixinarias do Xapón , onde representaban ós sete deuses da fortuna, (con un aspecto algo diferente a estas). Tamén se relacionan ca maternidade e a fertilidade, como case toda-las imaxes que representan señoras que non estén anorexicas.

Tamén teremos visto, nos documentais, en "Callejeros viajeros" e os centos de programas que nos intentan mostra-lo mundo sen sair do sofá, as moitas variantes que se fan con personaxes famosos, lideres políticos e outras creativas ideas que renovan a oferta destas monecas.
Poupée x,y,z de Letizia Reuss para Pylones, feitas en madeira torneada e decorada á man.
Pois unha das novidades da marca francesa Pylones é este conxunto de sete sexymatrioskas, que ofrecemos fotográficamente, sen ou con censura, para menores.
Unha doble vida, con cada peza vemos como desaparece unha prenda de roupa, ata quedar espida.
Un concepto tradicional con un toque traste.
Tamén un guiño ás fumadoras (Cas que nos solidarizamos, como grupo oprimido que son), pois só se desprende do pitillo con boquilla, na moneca máis pequena; para taparse, pudorosamente, as partes.

Creada por Letizia Reuss, deseñadora de estravagantes cousas, asentada en Suiza; a súa primeira peza para a editora de obxetos, Pylones. Esperamos que manteñan esta colaboración que de ser así, estamos seguros, dará que falar.

En U-LA Boutique, non queremos perde-lo humor.

11/01/11

Deseñadores do mes e escultores e algo máis.

Os Irmáns Campana, forman parte da élite do deseño contemporáneo, pero non sen esforzo.

Chegarón á escena, desde o país emerxente, mais poboado de américa do sur, onde curiosamente, despois de 10 anos de traxectoria non lles tiñan ofrecido fabricar ningúnha das súas creacións e (como frecuentemente pasa aquí, tamén) impulsados polo interés de institucións extranxeiras; neste caso foi o MOMA de nova York e a comisaria Paola Antonelli.
Firmas como Edra, Fontana Arte, Abitar ou Alessi editan os seus traballos.
Museos de todo o mundo expoñen pezas deles, nas coleccións permanentes.


En Post mais antigos, e con motivo da exposición en Galiza producida polo Vitra Design Museum, na Fundación Barrié de La Maza, temos falado dos dous irmáns mais recicladores de toda a volta.

Pero queremos comenza-lo ano reafirmando o papel tan poéticamente importante, que teñen estos autores, e que nós vemos moi próximos ás nosas raices culturais, a pesar das diferenzas históricas, culturais e de todo tipo, que verdadeiramente existen entre o noso país e o deles.

Unha das cuestións cas que nos identificamos está relacionada co papel que a artesanía ten no deseño dos autores brasileiros. En moitas ocasións e con motivo da concepción dalgunhas coleccións comerciais como a Nuvem ou a Blow up, para a firma Alessi, dedicaron tempo a observar e incluso aprender as técnicas artesanais de manipulación do metal e outros traballos do mesmo caracter.
Como sabemos moitos dos nosos abós realizaban ata hai moi pouco, labores de caracter artesanal, xa que o cambio, que neste país se fixo, do "Paleolítico"( no que estabamos sumidos ata os anos setenta), ata a era actual, tivo lugar nun par de xeracións.

Continuamente, en feiras extranxeiras do sector, atopamos espazos reducidos onde deseñadores nóbeles de paises diferentes de España, como Inglaterra, Francia ou Alemaña expoñen os seus prototipos e traballos con un marcado caracter artesanal, e sen complexos por esto. Algúns deles conseguen triunfar!!.

Mesa, paraugueiro e espello de parede, da colección Blow up de Alessi. .
Alessi Blow Up Wall Mirror

A colección Blow up xurdíu, según os autores," Dun biombo feito con baras de aluminio das antenas da TV, que ó irse evolucionando e desenvolvendo, conseguemos mostrá-la deconstrucción do material".
Ensinándonos así de onde provén o producto orixinario que deu lugar e forma, á colección integrada por pezas en aceiro e tamén en bambú, como revisteiros, mesas, centros de mesa, espellos e reloxios de parede, ademais doutras pequenas pezas.

Centro-froiteiro ou paneira da colección Nuvem de Alessi.

Unha colección máis antiga, do 1989, é a Nuvem, que parte do deseño de cadeiras de ferro que os Irmáns Campana prepararon para outos menesteres. Varias releituras despois, innovacións relativas ó material, que neste caso é aluminio anodizado, danlle un caracter especial á vez que revalorizan a segunda vida dos materiais.
Unha segunda oportunidade superpoética.
Porta panos de mesa e cuberteiro da colección Nuvem de Alessi.
Paneiras en aluminio de cores, da colección Nuvem de Alessi.

Según Alberto Alessi, responsable da firma editora Italiana, estes traballos "Reflexan os xeitos de reciclaxe típicos de conglomerados urbanos do terceiro mundo, pero poéticamente, con respeto polas esixencias dos obxetos".
Nós engadiríamos que Brasil é un país emerxente, que esa clasificación de orde é inadecuada. Pois ademais, ¿en que lugar nos deixa ós demais?.

Lembremo-la capacidade de reciclaxe e inxenio que temo-los galegos, manifestada nas fotografías do concurso do 2008, de La Voz de Galicia:

chapuza


Rematamos con un video onde o caracter da obra dos Irmáns, se explica através do seu país e dos habitantes dunha das partes máis deprimidas e que xeneran máis migracións internas, do Brasil:

08/01/11

Para non ir feitos uns bandallos.






Esta marca de Alemaña ofrécenos calidade e practicidade.


Unha vez máis os tópicos funcionan; sempre se relaciona durabilidade, resistencia e calidade con "producto alemán", cousas boas e pácticas. Pois neste caso é verdade.

Fabrican moito e moi bo, pero a sùa caracterìstica diferenciadora è a versatilidade, perfecto para quenes nos movemos moito diariamente e necesitamos non dar mala impresión, polo que precisamos accesorios que cumplan varias funcións rápida e verdadeiramente.


A colección Mini Maxi é un prodixio de rapidez e unha homenaxe á improvisación controlada, con só uns segundos desplegamos unha mochila ou un anorak, e sen dificultades voltámo-lo a encartar e gardar, para cando precisemos.


close windowMini Maxi Rucksack mustard


Mochila Mini Maxi de 200 Gr. de peso, con capacidade para levar 8 Kg. de carga.



Tamén os seus neceseres e porta cosméticos están deseñados con estas premisas de practicidade, que fan que nunha ollada rápida, localizemo-lo que queremos, petos interiores e exteriores con un superfeminino sentido da orde.


Este concepto práctico fai de toda-las creacións de Reisenthel, algo dinámico e que nos axuda, ainda sendo moi caóticos, a organizarnos.



Travelling toilet bag, con espello e gancho de suspensión.


Ademais bolsas de viaxe feitas en Poliester altamente resistente, con peche de cremalleira, pero con boca metálica e petos elásticos ou con velcro, bandoleira con reforzo e unhas cantas ideas que reforzan a comodidade e axilidade.


close window


Bolsa de viaxe Allrounder, de 18 l. ou 30 l. de capacidade.




En U-LA Boutique esforzámonos para que viaxes e te movas en boas condicións, sen necesidade de ir feita un baldreo.


03/01/11

Hit parade de regalos orixinais.

Nestas datas non nos resistimos a recomendar a orixinalidade.
Sorprender sempre da bo resultado, se ademais regalamos algo que reuna algunha das caracterìsticas seguintes: pràctico, bonito, de bo precio, especial, divertido, de marca, ou todas, estaremos facendo feliz a alguèn máis, no mundo.

EXTRAORDINARIAMENTE: en U-LA Boutique, estaremos abertos en horario continuo
De 10:00 hs. a 20:30 hs.
Por si queres leva-los deberes feitos e dado que estamos no 2011, propoñemos unha selecciòn de 11 regalos para impactar:


Regalo nùmero 1
Extintores domèsticos de Fire Design.

Autènticos extintores domèsticos para non ser perdidos e formar parte activa da decoraciòn.
Carga de po, apta para calquera tipo de incendio: por gas, liquidos inflamables, madeira, papel, textil, compoñentes electrònicos e elèctricos, etc.
O contido dura cinco anos, ò remate dos cais pòdese repoñer en calquera casa de seguridade.
Non asusta e calquera casa estarìa encantada de ter esta protecciòn tan extra-ordinaria.
U-LA Boutique è a ùnica que os comercializa en España.

FIRE MARGUERITE Blanc/NoirFIRE LED NoirFIRE LINES Vert d'eauFIRE RAINBOW Blanc

Regalo nùmero 2.
Camara Lomography Spinner 360º.

A càmara sen pilas que saca unha panoràmica "familiar" de 360º, funciona con pelìcula normal de 35mm. , pòdese poñer nun trìpode e ùsase tirando da argola que fai que nunha dècima de segundo, de unha volta completa rexistrando todo todo o que vexa ò seu redor.
Tràtase dunha imaxe de gran angular enorme, catro veces mais ampla que unha imaxe convencional.

Regalo nùmero 3.
Vibrador INA de Lelo.

Varios premios de deseño e un sò obxetivo, divertirse.
Vibrador dual con 8 modos de estimulaciòn, catro horas seguidas de vibraciòn silenciosa que se pode bloquear totalmente. Un interfaz intuitivo que fai que non se teña que pensar nada nun momento tan especial, e permite selecciona-la velocidade e a intensidade.
Ademais nada de cables, pois ten cargador separado, ven todo con bolsiña de satèn, e pòdese ensinar às amigas.
Regalo nùmero 4.
Ecosistema Beach World Gorgonia.

Tràtase dunha bola de vidro, hermèticamente pechada , onde conviven ( mais ou menos, ata 5 anos) unhas gambas de Hawai alimentadas por microalgas e bacterias, que viven só, ca luz, regulando entre elas roda-las condiciòns necesarias para cnstituir un ecosistema, artificial.
Só precisan te-lo coidado de non deixa-las a escuras mais de 72 horas seguidas e non expoñe-las à luz solar directa.
Tràtase dun experimento testado pola NASA e probada na estaciòn Space Shuttlel.
Sò as encontraràs en U-LA Boutique.

Regalo nùmero 5.
Bastòn plegable Luxury Black de Switch Sticks.

Resiste ata 80/100 kg. de peso, pòdese regular a altura para adecualo a señoriños/as máis pequenos/as ou máis grandes. Este modelo ten empuñadura de madeira, è moi lixeiro por que o material è aluminio gravado.
Variedade de acabados e cores, pero nunca apto para persoas excesivamente tristes ou serias.
Dispòn dun remate de goma que garantiza a seguridade e ten unha bolsiña para recolle-lo .
Gañador do premio de Regalo do ano de Startups.

Regalo nùmero 6.
Baleirapetos Fètiche mafioso do estudo de deseñadores Crea Crea de Pylones .

Madeira lacada con imán para notas, cravos dourados para colga-las chaves e unha fenda superior para correo e tarxetas.
Naif-basto para gustos refinados, sen complexos e con aires franceses.
Sò as encontraràs en U-LA Boutique.




Regalo nùmero 7.
Telèfono Alessiphone de Stefano Giovannoni para Alessi
Sò o encontraràs en U-LA Boutique.

Telèfono inalambrico DECT, feito por Alessi no 2008 en colaboraciòn con Telecom Italia.
único no mercado; ten retroiluminaciòn no teclado, pantalla OLED de 65000 cores, (case un pequeno TV), fondos de pantalla de S. Giovannoni, politonos compostos polo DJ xaponès Gak Sato, directorio con 200 contactos memorizables, menù multilingue e autofalante de alta calidade.
Como se dixo en "El Pais" cando se presentou: "un artigo para sibaritas, excepto no prezo".

Regalo nùmero 8.
Xogo de maleta e neceser de Mlle Heloise para La Marelle.

Viaxar con esta maleta axùdache a subi-la autoestima, quen as leve non vai pasar desapercibido/a. Conxunto formado por maleta grande de 31 x 47 x 16 cm. e neceser, ou bolso de man de 20 x 18 x 10 cm.
Un e outro lado da maleta foron ilustrados pola deseñadora insignia da firma da Bretaña francesa La Marelle, no estilo Kawaii, que os caracteriza.
Sò as encontraràs en U-LA Boutique.

Valise CeriseValise Cerise

Regalo nùmero 9.
Secador Blow de Crea Crea para Pylones.

Esta marca Parisina edita moitos productos relacionados ca beleza e o coidado persoal, non sò son famosas as sùas pinzas depiladoras, limas, tesouriñas e cortaunllas, senòn que o mais pràctico e resultòn è o secador de pelo, fabricado en varios estampados de excelente calidade.
Para toda-las idades e clases sociais, que democràtico!!.

Un pequeno secador con 1200wat. de potencia e dùas velocidades que permite a calquera sentirse a raiña do camerino.
Sò os encontraràs en U-LA Boutique.


Regalo nùmero 10.
Anti estres Cao Maru de Makiko Yoshida para +D.

120gr. de resina de poliuretano que ten un tacto exquisito. Pòdense aplastar, esmagar, apertar e deformar ata que un se canse.
Despois dun dìa de traballo duro, loitas cos xefes, parellas complicadas ou amigos vìctimas que choran pero non escoitan, unha soluciòn efectiva.
Fabrican duas cores e catro caras diferentes.
Tràtase dunha figura tradicional da cultura xaponesa.
Sò as encontraràs en U-LA Boutique.

Cao Maru Stress Balls

Regalo nùmero 11.
Set de coitelos voodoo de Rafaello Lannello

Xogo de cinco coitelos dos bos, totalmente de aceiro, polo tanto mais duradeiros, con soporte de tomar venganza.
Està provisto de imáns e fundas, para evitar problemas e por seguridade. Ten varios premios de deseño e ademais de sair en teleseries, e programas da TV, foi argumento central dunha pelìcula.
Como curiosidade dicir que Elsa Pataquis foi agasallada con un destes, dentro do castelo que o seu mozo lle regalou.

Esta é unha proposta de lista, pero aquí estamos para ofrecerche outras
alternativas.
EXTRAORDINARIAMENTE: estaremos abertos en horario continuo
De 10:00 hs. a 20:30 hs.
Pásate correndo por U-LA Boutique si queres quedar ben e non perdas tempo, poderemos atenderche mellor si o fas antes ou despois das horas punta, ( De 11:30-13:00 e de 17:30 a19:00 Hs.).