24/09/12

Paraugas antidepresivos


Fabrice Bernetière e a deseñadora Pascale Nivelle, alias Mlle Heloise, son os culpables de... La Marelle.

Pascale Nivelle et Fabrice Bernetière des éditions La Marelle

Dende hai 8 anos traballan con un grupo de  máis detrinta deseñadoras/es pra crear case de todo... pero dende logo nada vulgar, triste, ou feo.

Tamén é Mlle Héloïse a culpable destes paraugas tan especiais e que están causando infartos, pelexas e frustarcións a moitas. Ollade:


No pasado mes de Xuño abriron a súa primeira tenda La Marelle en París.


Pero eles traballan dende Renes pra todo o mundo,( todo o que que teña bo gusto e que valore as súas exquisitísimas creacións, feitas de moita sensibilidade e de seguro que, dedicación).

Prapluie-1
Paraugas de fondo negro, por 45€ na nosa WEB.

Estos paraugas non poden deixarse nos paraugueiros da tenda á que vaias, porque estarías convertindo en delincuente á máis honrada da vila.

Paraugas de fondo azul, bichiños e flores, por 45€, aquí, na nosa Boutique.
Paraugas de cereixas e fondo rosa, por 45€, aquí, na nosa Boutique.

Parapluie-duo-1

19/09/12

Ca imaxinación no día a día.

Non deixes de sorprenderte cas novidades da firma Londinense Suck Uk.


Anota con estilo, eso si, algo nostálxico; con lembranzas do videoxogo que máis che rompeu a cabeza na infancia. Ou regálallo ós que non chegaron a experimentalo ainda.
Este taco de 800 notas do tetris, por 8.20€, AQUI, na nosa páxina.

Os creativos de Suck UK, inspirados no videoxogo de bloques e líñas Tetris, crearon esta colección de tacos de notas encaixables con xeito de puzzle; que contan cas formas básicas e tradicionais do popular xogo de vídeo.

O portalapices, lapiceiro ou como lle chamemos a eso que se usa para manter un pouco de orde nas mesas de traballo, con forma de afia, é unha obra de arte popular que da gusto tocar e ver.

Feito en madeira de desfeito da industria do caucho, desas árbores que xa non dan caucho e son consideradas non servibles, despois de traballar tantos anos tránsfórmanse nunha peza de escritorio...que bonito !!.

Este portabolis de madeira da árbore do caucho, por 17.85€, AQUI, na nosa páxina.

Románticoprácticos marcadores para localizar unha interesante lectura ou para identificar o tema das oposicións, que caerá.

Con aspecto de casiña do Monopoli e con seis cores pra elixir.

Este taco de marcadores de páxinas, casa, por 2.20€, AQUI, na nosa páxina.


Poesía en U-LA Boutique

13/09/12

Como anel ó dedo: La Marelle.

Da colección de La Marelle "La bague au doigt", traémosvos estos preciosos aneis regulables co acabado característico da firma.
As ilustracións son moi Naive e aptas pra calquera, con sensibilidade.



Anel de Adolie Day, en plan tatuaxe mariñeiro, pero máis cándido. Por 14.90€,
na nosa WEB.




Anel de Peggy Nille, con gatiño que non deixa pelos no sofá. Por 14.90€,



Anel de Mlle Heloise, con xeito de lazada pero que non se desfai. Por 14.90 €,




Con la Marelle , as túas mans darán que falar.


10/09/12

Axendas espectacuescolares de La Marelle.

Este ano escolar, todas ides desexar voltar ós 12 anos pra poder usar estas xoias da ilustración do século XXI.

A deseñadora-ilustradora e fundadora de La Marelle; Mlle Héloïse, volta a superarse con esta alfaia.


No interior, tamén ilustrado e cos días rotulados en varios idiomas, axúdanos a ordenar o noso tempo con un día laborable, por páxina e un sinfín de detalles bonitos.
Todiño feito con unha sensibilidade propia desta muller á que tivemos o pracer de tratar e que é un doce de persoa e unha xenial creativa.

Agenda scolaire 2012-2013

Fará as delicias da túa filla, sobriña, neta, prima, se non atopas a quen regalarlla, pensa que sempre podes facer amistade ca veciña do cuarto piso, pra pedirlle logo sal ou perixel cando o precises.
Agenda scolaire 2012-2013
Axenda Familia de Mlle Héloïse, por 14.90, na nosa Web.
Agenda scolaire 2012-2013
Axenda meniña de Mlle Héloïse, por 14.90,na nosa Web.


Non o penses moito, pois temos unidades contadas e La Marelle, non reeditará estas xoias, ata o curso que ven.

Feitas en francia ca clasificación "Imprim vert", que é algo a ter en conta e ademáis están dentro do programa "Objectif zero carbone", con proxectos respetuosos co medio ambiente.


08/09/12

Chaves máis alegres.

Novos, bonitos e máis difíciles de esquecer, chaveiros da firma da Bretaña Fracesa, La Marelle.

Outra vez, as nosas tres deseñadoras preferidas da marca, Chloé Rémiat, Peggy Nille e Mlle Héloïse, aplican o seu talento ilustrador á creación de cousiñas, que nos fan máis agradable o momento de abrir a porta do teu coche, último modelo, ou da túa casa da praia.

Porte-clé_1
Chaveiro con nenufar, de Chloé Rémiat, por 6.50€, aquí, na nosa web.

Xa que non vai ser este ano, no que instales o estanque de nenúfares, no teu luxoso xardín,
pon un chaveiro con ese tema pra lembrarcho. Ademáis con un sereo de peto vermello polo lado sumerxible e unha meniña polo lado da superficie.

Porte-clé_2

Porte-clé_3
Chaveiro de Peggy Nille, por 6.50€, aquí, na nosa web.
Chaveiro con vexetación poética, de Mlle Héloïse , por 6.50€, aquí, na nosa web.

Deixa xa, todo o feo e ponte só o bonito.

03/09/12

RETRO-POP PHONES.

Mira, se eles poden, ¿Por que non vas poder ti tamén?
Celebritys de toda clase, usan este tipo de retro teléfono para falar, conectado ó smartphone.

Ademáis de dar un aspecto moi glamouroso:
-Mellora a comodidade da chamada.
-Permite o acceso ás funcións do teléfono ó facer a chamada.
-Elimina cerca do 99% da radiación do teléfono.
-Transforma o teu PC ou o tablet nun teléfono vía Skype.
-Sistema de reducción de ruidos.
-Botón de colgar e descolgar.
Inclue conexión por enchufe de 3.5mm.
Acabado luxoso suave ó tacto.
Altavoz e micrófono de alta calidade.c
Compatible co iPhone 3G, 3GS, 4G, iPad e co último MacBooks.

Por 22.95 € na nosa web.

SER OPERATIVA...


...á par que elegante, e lembra, sempre é mellor telo antes de que o teñan todas as túas amigas e ti sexas a última en enterarte.