28/05/10

Accesexorios.

Naughtibod Naranja
Cando a nosa nai nos explicou o sexo non nos falou de canto nos terìamos que actualizar e sofisticar, tampouco sospeitàbamos que ese iPod ou o movil que nos regalou alguèn recentemente, fora a ser compañeiro de traballo dun vibrador.
Nesta era de interacciòn, o sexo e a tecnoloxìa terìan que tocarse algùn dìa.

A simbiose fììxoa posibel a firma Oh mi Bod;En U-LA Boutique, como sempre, sensibilizados cas necesidades de relax do noso pùblico, puxèmonos a investigar e trouxemos (hai tres anos) a primeira versiòn de vibrador que funcionaba ca mùsica dun iPod ou MP3: Naughtibod, actualmente perfeccionado con materiais hipoalerxènicos, pòdese conectar con portàtiles, equipos estereofònicos, guitarras elèctricas e calquera fonte electrònica de saida de audio con jack de 3.5mm.

A posibilidade de escoitar e senti-la mùsica dentro dos nosos espàcios mais ìntimos, transpòrtanos rapidamente creando unha esperiencia sexual sen competencia (è verdade que esto resulta facil actualmente, pois as persoas somos bastante decepcionantes).

Existe unha comunidade: vibe club, donde podemos recibir e dar consellos e ademais de comparti-las listas de mùsica, podemos entrar en iTunes e, buscando Oh mi Bod, elexi-los temas que estàn facendo felices òs demais.

Outro dos vibradores que resulta sorprendente é o Boditalk. Tràtase de un ovo conectado a un mando a distancia que se activa con un movil e vibra durante o tempo de duraciòn da conversa. Cousa moi pàctica para persoas inapetentes, que deste xeito pòdense preperar para un encontro ou mesmo sair da rutina dunhas vidas condenadas à monotonìa.

È fascinante como a conexiòn ca mùsica e as chamadas dun movil, revisten de sentimentalidade uns accesorios que non teñen valor poètico algùn e axudan a representar, mellor, as nosas necesidades.

Boditalk Huevo Vibrador Movil

24/05/10

Vitrina Galerias Duràn Maio 2010




A partir de este mes U-LA Boutique dispòn dun espazo mais, de exposiciòn, està nas Galerìas Duràn.
Pòdese acceder pola rua do Prìncipe ou por Velazquez Moreno, esta vitrina localìzase facilmente, enfrente a Vilma.

Xoias de autor de Joi D'art.
Porta cd, Porta PC, Flexo e Grapadora de Pylones.
Oso Libidinoso de Cha-Cha.
Xabòn Bim-Bam de Donkey Products.
Windups de Chico Bicalho para Kikkerland.
Porta papel Bunny&Carrot e Escobiña de wc Merdolino de Stefano Giovannoni para Alessi.
Matamoscas FlyFlap de Ramon Middelkoop para Invotis.
Xerròn iris de Flavia alves de souza e portavelas de Egizia.

22/05/10

Tomarse algo con Pantone.


O que sempre quixo ter, a miña amiga, que era corteeconfeccionadora zurda, foi unha tesoura para zurdos. O seu irmàn, que navegaba polo mundo, trouxolla de Inglaterra e fìxoa feliz, pois era o obxeto que completaba o seu universo creativo.

Os deseñadores e impresores estàn afeitos a ve-lo abano de Pantone (Pantone Matching Sistem,P.M.S.) que non è outra cousa que un xeito de clasifica-las cores con un estricto control dos pigmentos, que a modo de gìa de cor, fan o traballo mais facil a estos profesionais.

Calquera que coñeza a un deseñador gràfico ou a un profesional da imprenta saberà como foi de especial o dìa que se fixo co seu primeiro Pantone, para o seu traballo. E afortunadamente coñecerà a sua predilecciòn polas clasificaciòns estrictamente ultraesactas ademais da sùa exquisitisima maxisensibilidade òs matices de cor, dimensiòns etc.

A empresa inglesa W2 Products, ten a licenza oficial Pantone e desde o 2000 fabrican exquisitos productos aplicando o PMS; dispoñen de blocks, bolsos etc. pero o maior exito seu è sacar ò mercado mugs e cuncas de cafè de diferentes capacidades, donde o motivo decorativo è a cor segùn a clasificaciòn da que falamos.

De este xeito un pode tomar algo nun mug violeta 2645C, que è precisamente a cor que figuraba nos deseñados sonos do teu amigo.

Si estàs disposto a cumpli-lo teu sono ou non queres decepcionar a ninguèn con cores sin clasificar podes visitarnos, en U-LA Boutique, e escoller o mug pantone, rigurosamente controlado, clasificado e numerado como ten que ser.

21/05/10

Nova fotografìa ¡¡¡ ANALOXICA ¡¡¡

La cámara Diana
Seguramente os ciclos do consumo, as apetèncias e a bùsqueda da nosa identidade, xustifican calquera mirada hacia atràs.
Na moda somos conscientes dos ciclos: perna ancha dos 70, perna estreita dos 80, volta à "pata de elefante" dos grunge e de novo pantalóns "pitillo"; sempre cada càmbio nun contexto estètico diferente e suxeito a modificaciòns importantes.

Pois nunha era dixital, precisamos volta-la mirada às camaras rusas, xaponesas dos 60,70 e 80 e extraendo a sùa concepciòn mais bàsica, fabricarse unha versiòn nunha òrbita mais espontànea, artìstica, despreocupada polos aspectos tècnicos, pola bùsqueda da perfecciòn e con un relax na ànsia por rexistra-lo todo.
Diana,Lubitel, Holga, Fisheye son nomes de càmaras con un pasado mais ou menos glorioso e que ahora forman parte dunha comunidade virtual: Lomography, o seu promotor è o fabricante austrìiaco ,Lomographische AG.
Ainda que o mais importante non è a pròpia màquina, è a nova idea de fotografìa creativa e experimental, rescatada e renovada que, (sìmbolo da contracultura) simplifica a ecuación en catro elementos: ollo, lente, pelìcula e o noso obxetivo.

Esta comunidade que promove contactos e exposiciòns virtuais e fìsicas està creando un xènero desprovisto das formalidades da fotografìa tradicional aportando efectos de fugas de luz, viñeteados, saturaciòns de cor, etc. que presaxian algo moi NOVO.

Unha das 10 regras do lomògrafo è a de "non pensar",esto liberanos desa loita que as camaras dixitaìs nos teñen trasladado, cada vez mais tècnicas, automatizadas e sofìsticadas. A contrapartida da "non tecnolòxia" è seductora para quen disfruta ca sinxeleza do imprescindibel.

Na nosa boutique somos distribuidores da marca LOMOGRAPHY e dispoñemos dos modelos mais coñecidos. E de outros que non o son tanto.

20/05/10

Tecnoloxìa resesa.



















A simple vista, esto poderìa parecernos que è unha obsolescente tecnoloxia (afeitos à electrònica predominante), è evidente a marca do feito à man. Estes xoguetes, que non finxen facer nada son sò o que son, mecanismos de corda dotados dun excèntrico movemento.

O seu autor è Chico Bicalho ,(1960, nacido na vila de Petròpolis, situada nunha marabillosa serra , a duas horas do Rio de Janeiro, rodeada de natureza ), cursou estudos de escultura, fotografìa e outras disciplinas en EEUU, pero non perdeu a conciencia ecolòxica adquirida na infancia no seu paìs ; conta que no campo de futbol do colexio tiñan àrbores polo medio, pois o centro non querìa cortalas, ¡¡ igualiño que aquì ¡¡ .

Os seus referentes son, entre outros: Aalto, Eames, Stark, Richard Serra, etc.(Incluso admira a Felipe Gonzalez) Ten antepasados nativos , portugueses, africanos etc, todo un deseñador multiètnico.
Foi asistente e logo productor no estudio da fotografa Annie Liebowitz . Actualmente traballa en colaboraciòn ca sua muller Isabella Torcuato, deseñadora gràfica e industrial .

A creaciòn destes aparellos està relacionada ca compra dos excedentes dunha chatarreria de Canal Street, perto do soho newyorkino, no 1992; creando o seu primeiro Critter, despois de comercializarse no shop do guggenheim, no MOMA, no Beaubourg de Paris e en tendas de deseño de todo o mundo e grazas a editora de obxetos: Kikkerland (Deseño accesìbel e divertido) que os popularizou ,chegàronse a vender en 5 anos 5000 unidades dos xoguetes windups .

Algo moi interesante è que no 2001, colaborando coa deseñadora Giga Casari, creou o Zecar e o 100% dos royalties deste pequeno coche que funciona por inercia, estàn destinados a un romàntico proxecto chamado "Milfolhas" co que se pretende reforestar a mata atlàntica na sua vila natal. Xa levan plantadas 100 mil àrbores e pararàn cando cheguen a 300 mil.

È moi estimulante vender na nosa boutique productos que colaboran directamente en un acto, responsable e coherente, como preservar parte da selva atlàntica do sur de un paìs tan sorprendente como è Brasil, e ainda mais o è, pensar que algùn dìa as fragas do Eume seràn reforestadas cos royalties que proveñan dun proxecto dun deseñador de Vigo, Santiago ou incluso da Coruña.
Frase do multietnico autor:
"A peor cousa que està pasando è a pasteurizaciòn das culturas pola globalizaciòn"

Certamente nos sabemos moito de pasteurizaciòn ,encantanos e temos varias versiòns que nos resultan moi naturais e estàn perfectamente integradas.

Recomendamos ver estes mecanismos en acciòn :

12/05/10

Xoierìa de Autor, joi D'art



Colecciòn Flas de Mar Vidal para Joi Dàrt.

Xoierìa de autor, Joi D'art



Colecciòn Claudia de Nuria Casanova para Joi D'art.

Xoierìa de autor,Joi D'art



Colecciòn Diana de Sara Domenech para Joi D'art.

Muller actual



Cunca de cafe Diamante de Invotis.
Vela en lata ovo Dinner de Donkey Products.
Radio-autofalante e oso para mp3/ipod de Pilma Disseny.
Raiña solar de kikerland.

Muller Beleza galego-francesa.



Abano, secador, corta-unllas, pinza depilatoria, lima, tesoura, cepillo, espello e funda de gafas de Pylones.
Xabon e sais de baño de Claus Porto.

Ecosistemas



Gambas ,auga, algas e convivencia no Beachworld de Globus.

Viaxe,entre cinzas volcànicas.



Bolsa de fin de semana, neceser flower e mochila plegable de Reisenthel.
Càmaras fotogràficas deLomography.
bolsas de roupa, calzado de Dernière la porte.
Termos e etiquetas identificadoras de Pylones.
Fundas de casco de cha cha.
Moble Optic de Patric Jouin para Kartell.

11/05/10

¿Empapelàmoste?

Pon catro rollos de papel na tua vida e veras como superas calquera situaciòn. Os libros de autoaxuda poderàn quedar aparcados e as tuas amistades verante con un certo glamour cosmopolita.
Non se che ocurra pensar que con un "rodillo" e un pouco de pintura cambia todo. O papel ilustrado è o que realmente crea ambientes personalizados e a firma Trestintas, por calidade, prezo, facilidades e estètica, è a que està sendo recoñecida como a mais vangardista do mercado,( como din eles mesmos "vanguardista si pero no iconoclasta",¿Serà tan perigoso, comercialmente, ser "iconoclasta?).
Neste mes participan nunha exposiciòn de Spanish Design no Tribeca grand Hotel de New York.
As suas coleciòns estàn deseñadas por Mariscal, Mirian Ocariz, La casita de wendy entre outros, teñen 142 referèncias diferentes e a sua experiencia, neste mundo do papel, venlles de familia: Papeles Aribau, famosa editora dos anos setenta propiedade do seu pai.

En u-la boutique temos toda-las colecións, estos dìas chegou a ùltima: Sophie de Estudio Inocuo.

Para que te empapelemos podes, antes, comproba-las suas calidades en directo pois ademais de se-los primeiros en traer Trestintas a galicia, decidimos enche-las paredes da boutique coas suas obras de arte. Podes ve-la presentaciòn de Sophie:

07/05/10

ENXEÑERIA ARTESANAL


!!Poderìa face-lo eu mesmo!! Esta è a frase que se escoitarìa en moitas das tendas que tentasen de vender estos productos dos irmàns Campana (Brasil).
Aquì, donde a maiorìa nacimos nunha sociedade moi rural, donde o artesanal e a economìa de subsistencia e reciclaxe erà habitual, tendemos a despreza-las nosas propias raices, tan tocadas pola fraxilidade da baixa autoestima.
Todo o que nos obrigue a recuperar ese pasado ou, nos lembre às artesanìas dos nosos abòs, con todas esas connotaciòns etnogràficas que parecen, hoxe, materìal de exposiciòn do museo de San Domingos de Bonaval, van a desencadear certos sentementos de repulsa que mesmo nos fan mal.

ALESSI, firma de ultraprestixio, decide celebra-los 5 anos de colaboraiòn con estos arquitectos de Sao Paulo (cidade con mais de 20.000.000 de habitantes) re-elaborando uns dos seus icònicos deseños: a colecciòn Blow-up, que no 2006 fabricàbase con aceiro e ahora transfòrmase en bambù.
Tràtase dun cambio de frio a càlido que ademais de resaltar as habilides manuais, pon à firma italiana nunha posiciòn que revoluciona o concepto de deseño.
Aporta frescura e unha carga poètica que fai pouco clara a froteira entre arte e deseño,entre recolleita no basureiro e a enxeñeria artesanal.

O inconformismo dos Campana, o enfoque humanista, a actitude crìtica frente à volatilidade do gusto, o revelarse contra a homoxenizaciòn dos procesos de deseño, supoñen para o mundo do deseño, un mangueirazo de auga refrescante sò comparable ò recibido por Carmen Maura en "La lei del deseo".

En algùns aspectos à nosa cultura, semellase à brasileira, e estos deseños entroncan coas nosas raices. A producciòn de obxetos que recrean un ambiente rural è unha utopia necesaria e lèmbranos que ainda que seguramente !! o poderiamos facer nos mesmos!! conceptualmente, teremos que gasta-las neuronas e facer, ainda, unhas cantas sesiòns colectivas de psicoteràpia para recupera-la parte do noso pasado que tanto nos molesta.

06/05/10

Lelo, o que mais pensa

Cando falamos de consolarse ou de xoguetes sexuais, a temperatura ten que sobrepasa-los 40 grados, para pensar en introducirse calquera obxeto domèstico nos orificios mais ìntimos, nese estado non teremos ningun tipo de consideraciòns.

Pero, seguramente, serèmo-los mais frios e esixentes cando, por exemplo, vaiamos adquirir bisuterìa que terà que ser antialèrxica; ou no caso da xoierìa, o ouro serà para moitos, a ùnica garantìa de non sufrir picores ou sintomas de enfermidades casi tropicais coa conseguinte visita ò mèdico.Logo aquì priman a calidade e as garantìas de seguridade.

Pois precisamente esas garantìas son un dos puntos de partida que no 2003 fan nacer unha firma sueca, LELO, que coas ideas do deseñador industrial Eric Kalèn crea uns aparatos que se estàn transformando nos iconos do pracer e da sensualidade moderna, para mulleres e homes.

A moitos de nos , o feito de comprar un vibrador, nunha sexshop, pòdenos resultar divertido, pero esas texturas, veas, cores rosa (ou negro) con pretensiòns de realismo, crèanos unha contractura que nos distancia da compra e incluso do establecemento, transportàndonos a experiencias e momentos que às veces non queremos lembrar. Todo eso non pasa ò ver as esquisitas formas dos sofisticados LELO, femme, homme ou luxe, que para tranquilizarnos son hipoalerxènicos ,antidepresivos, baixos en calorias e dunha calidade artìstica que anima ò seu uso inmediato.

Seguramente ,ainda con todas estas consideraciòns estèticas, nunca veremos estos productos no escaparate de E.C.I. (Grandes almacèns dos anos setenta) a moral xa non deberìa de impoñe-la sua censura.

En U-LA Boutique ensinarèmosche estas sofisticaciòns e outras que non imaxinas, sin perde-lo bo humor que nos caracteriza.