13/08/13

FIERAS DOMADAS?

¿ Quen non xogou a devorar ós seus amigos con cara de tigresa ou a guindarse do magnolio do parque, facéndose o mono?
Escondendo a súa auténtica identidade detrás da careta de entroido... pero e se sacamos a máscara todos os días para divertirnos cos sobriños... Que pasaría?



Mono, Koala, león ou Panda, tanto ten, o caso e brincar con un recurso rápido, efectista e...rentable.



Difrazarse en 3 segundos é facil, non pesan pois son de espumilla e teñen unha gomiña regulable que fará que vaian cómodas e cómodos a montar o circo durante un bo anaquiño de tempo.
Deseño de Héctor Serrano para a firma americana Kikkerland.
 Paquete de cinco unidades por 7.20€ na nosa Boutique.

09/08/13

Casas de amigos e regalos de cortesía.

INTRODUCCIÓN:
Todos temos amigos?... que nos invitan a estar con eles uns días, unhas mini vacacións ou unha paradiña na viaxe a outro lugar máis lonxano.
Se os visitamos e durmimos na súa casa, comemos o seu almorzo, tomamos os eu viño( ainda que sexa do Lidl)... queda mal non levarlles un detalliño. ¿ Non?
Facelos disfrutar deses momentos e non perder a amistade é unha garantía de que van estar sempre ahí.


CONSELLOS DE EXPERTOS. 
( Titulados e con master en Psicoloxía do regalado)

 Pois imos darvos, 5 Consellos básicos, para quedar ben e non gastar máis nos agasallos, que se fósemos a un superhotel:

1º: Regalar algo que sirva pra home, muller e neno. É dicir un só producto pra todos os da casa. Escapar de regalos personais, polo tanto da roupa,  e cousas supermasculinas ou superfemininas, tampouco  pode ser infantil.



2º: Buscar algo que non teñan xa, algo que non podan ter comprado eles ou que na sua área, sepas que non o vai haber. Non serven cousas demasiado básicas que sepas que incluso poden vender na ferretería da aldea.

3º: Escoller algo megaorixinal do que sexa imposible valorar o verdadeiro prezo de coste. Así nos aseguramos de que non pensen que somos cutres  e non quixemos gastar. Ás vecees hai amigos que son máis cutres eles que nos con estas ideas económicas.
Eye Spy

4º: Que sexa simpático, lúdico, que faga rir, así, se non acertas 100%, polo menos rídesvos un pouco todos e da conversa, distende o ambiente.

5º: Un pouco de rareza fará que se den conta que nos paramos a pensar neles en profundidade, polo tanto quere dicir que os queremos, que os apreciamos e nos tomamos molestias por eles.

Todos estos consellos resúmense nun: 


 Que cheguen á conclusión 
que nos teñen que corresponder 
porque os queremos moito, e desde logo 
comprar o regalo en U-LA Boutique, 
porque moitos dos seus productos non os venden
 en ningun sitio máis: 

O-RI-XI-NA-LI-DA-DE.


06/08/13

Chorradas con humor.

Este boli é xa un "fondo de armario" da nosa Boutique, pero ainda que xa é un coñecido, non deixa de sorprender.
Un clásico popular, que sempre estivo ahí...como Miguel Bosé. 



Todos os xeringofóbicos,poderán realizar unha terapia de choque. 
Con esta inofensiva e práctica xeringa, que pinta de cor azul. 
Por 2.35 € na nosa web.

05/08/13

Pais e fillos...habilidosos.

O fabricante dí que é pra nenos, pero estos origamis, son desas cousas que os pais e nais, disfrutarán tamén.


Mark Bolitho o seu...habilidosísimo deseñador.



Polo tanto é altamente pedagóxico e positivo na educación... dos pais, que como Supernani di, son os primeiros ós que temos que formar.



O dos dinosaurios é o que disfrutarán mellor os máis pequenos, pódelo atopar aquí por 9.55€.

Estes kits,por 9.55€, traen dentro 100 papeis de cores e un libro, de instruccións con 36 páxinas.

A versión Vehículos ten a posibilidade de facer unha canoa apta pra pais torpes ou pra nenos pequenos , un Titanic, un aeroplano, un submarino unha locomotora, un Seat Panda, de dificultade media e unha moto de máis dificultade.

O seu libro de instruccións danos paso a paso o xeitiño de construilos ca papiroflexia.


Kit origami Fashion, por 9.55€.


Alta costura ó alcance das vosas mans.
Camisa, gravata, gorriño e botas de esquimal, de simple construcción; traxe, paxariña e zapatos de dificultade media.


Origami Bra

Pra biólogos e técnicos espaciais, opositores á NASA, etc, hai tamén o seu kit Origami.
Todos eles teñen diferentes construccións de diferentes dificultades pra que experimentes unha progresión estimulante.


Sabedes que os xaponeses son os líderes na papiroflexia, pero vos tamén podedes facerlles a competencia.
Ide entrenando con esto, pero, ollade ó xapo: