30/12/10

Comenza-lo 2011 à hora e amañadiños.

Mira-la hora no telèfono, non ten glamour, como non o ten ver à ninguèn facendo a hixiene personal. Hoxe, pasada a euforia "telèfono-movilizante", vòltase ò reloxio, como xoia, pulseira e xeito de exibi-las mans, que sempre dixeron moito de quen as usa ben.


Hai poucos anos que a lexendaria firma de reloxios, fundada en 1850, Timex 80, voltou às vitrinas de Selfridges, Colette, Harvey Nichols, Liberty e outras famosas e exclusivas tendas de todo o mundo.
Esta marca da època anterior a Tino Casal, Mecano, ou às màquinas de "marcianitos" e incluso à democracia, ainda que continuou desde os 80, con presencia nas xoierìas, non propoñìa nada que se puxese algùen sen pantalòns de tergal no seu armario.


Moitos poden pensar que sò Casio, Nooka ou Plastichic editan estas marabillas da tecnoloxìa, pero è que Timex , desde Italia vai recuperando o espazo que lle corresponde no panorama da vangarda estètica.

Modelos con glamour dourado para quenes nunca quixemos poñer ouro por que "era de maiores" ou "demasiado lumpen". Ahora recuperando clàsicos renovados, incluso mallas elàsticas que tiran polos pelos, pero que axustan e non permiten que a xoia, caiga demasiado derriba da man.

商品説明画像

Pero tamén , sobre a resurrecciòn do modelo Jumbo de plàstico se crean variaciòns atractivas.

Con aire vintage dos 80", pero con un perfìl mais polivalente, con alternativas de metal e incluso con calculadora, moi pràctica para dividi-las contas do restaurante e elimina-lo sistema de "escote", sempre inxusto cos que non comen moito, non beben ou fuman puros.

U-LA Boutique axùdache a chegar puntual, a establece-la tùa propia estètica, a facer relaciòns e a comenza-lo ano con distinciòn.


27/12/10

Italia non è sò pizza e gòndolas.



Esta firmaItaliana, nacida no 1964, en plena època hippie, ten actualmente o catàlogo de tolerìas mais rariñas que se poda imaxinar. Està ubicada cerca de Milan.

Cando, nas feiras de reputaciòn do sector, se pasa por diante do seu stand, obsèrvanse persoas que miran perplexas para a exposiciòn. Seguramente pensaràn , se non coñecen a firma, que se trata dunha exposiciòn artìstica e que por suposto eso non è para vender e polo tanto non saberàn que fai eso, alì.
Pois os profesionais do sector , moitas veces sò son tendeiros, non coolhunters como nòs, en busca de tendencias, que ainda non son nen sequera eso.
Takeaway Milk Carton JugSELETTI DAILY AESTHETICS PEPPER SHAKER
Sal-pementeiro da colecciòn Estetico Quotidiano de SELAB e Alessandro Zambelli.

O equipo de deseñadores e proxectistas està liderado por Stefano Seletti e a sùa irmà Miria, ademais doutros colaboradores como Alessandro Zambelli, Vittorio Boni, Studio Badini e ocasionalmente mais deseñadores Italianos.
O producto que fan està en posesiòn dunha arma diferenciadora, que è a personalidade, e certa dose de provocaciòn non lle falta.
Pero nel vese unha miga de espìrito punk, mais que hippie, que se lle poderìa presupoñer polas sùas orixes sesenteiras.
Contan que toda-las ideas pasan por un laboratorio chamado SELAB , creado no 1988, que filtra e elabora os deseños que logo se materializaràn, industrialmente falando.
_Palace

Palazzos do Governo , da Signoria e Borghesse, feitos en porcelana Dolomita; de SELAB e Alessandro Zambelli.

È especialmente especial a colecciòn de Palazzos representativos da arquitectura italiana, constituida por sets de seis pratos fondos, chàns ou sobremesa, con un cunco con patas, que fai de tellado, feitos en porcelá dolomita.
Teñen a curiosidade de que, cando estàn xuntos forman un edificio que reproduce, a escala, as caractrìsticas do edificio orixinal.
Cando se decompòn transfòrmase nunha vaixela cuio interior reproduce , no estampado , as divisiòns das plantas do Palazzo.

Toda a producciòn de Seletti està relacionada co mundo da arte e aprècianse referencias ò seu paìs , en moitos dos productos.
Estetico Quotidiano di Seletti
Bandexa con seis vasos de cafè e seis axitadores da colecciòn Estetico Quotidiano, de SELAB.

O mais popular è a colecciòn Estetico Quotidiano, composta por menaxe feito en porcelá fina, que "copia" os envases de aluminio, cartòn e plàstico desfeitables.
Ainda que tòdo-los anos se amplia e enrriquece con novas creaciòns e acabados, as pezas mais populares son a leiteira de tetrabrick aberto e os saleiros de lata de conservas aberta. Xa hai no mercado copias cutres dalgunhas das pezas desta colecciòn.
Mellor te-las orixinais, que son verdadeira porcelá e se non un dìa desapareceràn estos creativos do mercado.

Reloxios de area de, exactamente, 5 minutos. Vidro serigrafiado con tinta metàlizada e areas metàlicas . Deseñado por SELAB.


Dominò de cristal transparente e negro. Deseño de SELAB.

Baleirapetos de porcelá estampada en prateado, de SELAB.

Cuncas para cafè ou infusiòn estampadas co plano de cidades . Deseñado por SELAB.

Ainda hai mais pero as estadìsticas din que non se deben facer post tan longos, pois o lector non quere ler.
Se vos apetece ver mais, podedes face-lo en directo en U-LA Boutique.









20/12/10

Visita de Philippe Starck a U-LA

Con motivo da estrea da nosa páxina web ( http://www.u-laboutique.com/ ), ainda ca L de prácticas nas costas, invitamos ó deseñador estrela Monsieur Philippe Starck a falar do divino e do profano ós nosos usuarios e amigos da Boutique e do blog.
A pequena entrevista está subtitulada en castelán para que os usuarios doutros paises e continentes ( o 20% das visitas, según Google Analitics) poda entende-la.
É un "personaxe" moi asequible e non dubidou un intre, pois tamén ten un gran amor por U-LA Boutique.

Ofrecémosvos o vídeo do acontecemento como agasallo de inauguración da boutique virtual e prometemos mellorala cos vosos comentarios e suxerencias que agradecemos moitísimo sempre.


16/12/10

Tecnoloxìas sorprendentes.

Nestas datas de compromisos inevitables e de necesidade de regalar, convèn non perde-lo norte e lembrar que regalamos para agradar, sorprender e desde logo , non facemo-lo traballo de buscar, decidir e gastar para que outro regale o mesmo que nòs. ¿Verdade?

Cando temos pouco tempo e moito que facer, convèn ter en conta que:

-a/Non podemos regalar cousas que parezcan cutres, pois eso serìa un desprezo para o regalado/a.
-b/Ir ò de sempre, calcetìns, garavatas etc, son soluciòns desesperadas e tampouco demostran terse tomado algo de esforzo na sùa bùsqueda.
-c/ Os" regalos do ano", como o ano dos mòviles, o ano da videoconsola, o ano do portatil etc, son resultòns pero pouco orixinais e cando se xuntan os amigos despois do nadal, quedamos como pasmòns despois de gasta-lo diñeiro e ser vulgares.
-d/Os electrodomèsticos non son unha opciòn politicamente correcta, para as mulleres de hoxe. Moitas veces tampouco para o home, por que non os usa se son para traballar.
-e/Por ùltimo dicir que temos de case todo nas nosas casas.

Esto que presentamos GRATIS, è unha mostra de orixinalidade inèdita e non publicada en ningunha revista nen suplemento dominical, e seguro que se lle pode sacar partido:

Piripicchio Red  Clothes shaver Alessi - Stefano Giovannoni  Shop for design furniture and decoration with Made in Design
Piripiccio,È de Stefano Giovanonni, para Alessi.
Afeitador de xerseis e prendas que fagàn peeling, (boliños de la), apto para mulleres e homes de calquera idade, que lles guste ir como novos às sùas citas ou ò traballo .
Inclùe un cepilliño dentro do depòsito, as pilas, e ten un protector para garda-lo cando non se usa, fabrìcase en tres cores, azul, verde e laranxa.



Reloxio despertador dixital, Lata de conservas.
Para persoas con humor e necesidade de erguerse antes das 16.00Hs. do dìa.
È da marca Kikkerland, ven con abrefacil e dispòn dun iman no fondo, fabrìcase en conservas de dous tipos de atùn e salmòn.

Reloxio de parede"Sliced grandfather clock"
Unha autèntica tallada de reloxio clàsico de parede, semella unha tìpica esfera dos reloxios do abò, pero aforràndose algùns detalles innecesarios para ve-la hora.
Apto para quen ten casa propia ou quen a comparta co seu banco ou caixa de aforros; ben sexa clàsico ou moderno pois combina e entra en calquera espazo.


  Llavero en forma de guitarra española.   Este divertido llavero, tiene música y funciona con dos pilas AG13 que vienen incluidas.   No te lo pienses más personaliza tus llaves con este llave...  Llavero en forma de guitarra eléctrica.   Este divertido llavero, tiene música y funciona con dos pilas AG13 que vienen incluidas.   No te lo pienses más personaliza tus llaves con este estu...

Chaveiros con son de guitarras españolas ou elèctricas.
Son da firma española Balvi, dispoñen dun botòn donde se seleccionan as melodìas, na parte traseira. Todas son mùsicas coñecidas e recoñecibles, que soan ò tocarlle nas cordas, facendo diferente son segùn a velocidade ca que se toque e a posiciòn dos dedos.
O corpo da guitarra mide uns 8 cm.
Apto para mùsicos clàsicos e para espìritus rockeiros.


ScandiPhone - RedtrimPhone - Red


Dreyfuss 500 BlackSeries 302 Red
Reediciòns actualizadas de telèfonos emblemàticos, da firma Inglesa Wild & Wolf.
Sò esta casa ten os dereitos de reproducciòn polo que non hai duda da sùa calidade.
Todos veñen adaptados às clavixas do noso paìs.
Aptos para quen lle gusten os grandes exitos do pasado.

O ScandiPhone, moi popular no resto de Europa nos anos cincuenta, considerado o mellor deseño da sùa dècada, forma parte da colecciòn permanente do MOMA. Dispoñible en prateado e vermello.
O TrimPhone, dos anos setenta. O primeiro telèfono electrònico da historia , està presente na exposiciòn do museo de Greenwich, Londres. dispoñible en vermello e branco.
O Dreyfuss 500 Desk Phone. Telèfono coñecido por sair en todo-los despachos das pelìculas americanas dos anos cincuenta. Foi o mais vendido nesa dècada.
O 302 Desk Phone, dos anos trinta. Do mesmo deseñador industrial Henry Dreyfuss, que empregou un equipo de mais de 2000 persoas para face-lo ergonòmico telèfono, que ademais foi o primeiro en incorpora-la campà na base.

Tocadiscos con mando a distancia, da marca española Fisura.
Un pequeno aparato nostàlxico pero eficaz; ò que seguro, moitos esperan atopar algùn dìa . A forma lembra òs dos sesenta, pero o interior està actualizado.
Apto para fans do vinilo .

Reloxio proxector ovo. Da firma Holandesa karlsson.
Tràtase dun reloxio de sobremesa, con proxector de moita nitidez que permite ve-la hora na parede, incluso en espazos con luz natural ou artificial , con unha distancia mìnima duns 60cm. e màxima de varios metros.
A definiciòn da proxecciòn axùstase con un regulador, facil de manexar e o ovo fìxase ò soporte rotatorio con imàns, para facilita-la orientaciòn.
Apto para xente de toda-las idades, pero mellor se lle gustan os aparatiños.

Aspiradores de migas, da firma inglesa Kitchen Craft.
Son elèctricos, de boa potencia.Veñen ca pila e dispoñen dun compartimento interno para almacena-lo lixo, facil de limpar.
Edìtanse mais bichos (vaca, porquiño, etc.), pero o mais popular è o camiòn do lixo.
Aptos para quenes poñan pan na hora de comer e lles guste te-la mesa impecable de faragullas.

Saca tapas de cervexa ou refrescos, con son.
Editados pola firma inglesa Kitchen Craft.
Cada un destes artefactos mide 7cm. aproximadamente e estàn dotados den sistema de contacto, que ò toca-la tapa metàlica da botella, soa con unha melodìa relacionada co deporte do que verse o abridor.

SAFE CALCULADORA DUAL SOLAR BAMBOO
Càlculadora Eco friendly deseñada por Pierre Gama & Elise Berthier para a firma Lexon.
Tràtase dunha colecciòn de obxetos ecolòxicos, desde o pròpio plàstico, feito con fibra de millo à madeira que se emprega, de bambù; e por suposto as mini placas solares das que està dotada.
Apta para persoas respetuosas coa ecoloxìa e comprometidas co futuro.

DOLMEN RADIO RELOJ LCD BAMBOO
Radio despertador Dolmen de Lexon. Feito con madeira de bambù.
Mide uns 11 cm. e està preparado para sintonizar radio, con baixada automàtica da intensidade, amplificador de MP3, Snooz e iluminaciòn da pantalla, para non molestar òs demais.


LONG RADIO RELOJ LCD NEGRO

Radio despertador Long de Marc Berthier para Lexon.
Sofisticada/o ata os lìmites, con acabados de aluminio e madeira, aparenta gran formato pero mide sò 20 cm.
Apta/o para personas con gustos minimalistas e nada barrocos nen clàsicos, homes e mulleres, incluso entre 25 e 45 anos. Absterse persoas maiores, sò pola falla de habilidade manual.


Caixas de lentillas de Pantone para Kikkerland.
Cinco cores diferentes, feitas en ABS e silicona. Un perfecto regalo para quen non ve; xa que no mercado non hai estas exquisiteces.


Weizenbierglas Ferracioli F09Weizenbierglas Formfindung F09Weizenbierglas St. James F09
Vasos de cervexa de Formfindung, Laura Ferracioli e Alena St. James para a marca alemà Ritzenhof.
È sabido de todos que os oriundos de este paìs saben de cervexa, e esta firma edita todo-los anos unha colecciòn de vasos, etc. de deseñadores europeos, sempre ca mesma forma e tamaño (aprox. 27cm.).
Veñen moi ben presentados nun tubo cos datos do deseñador ou deseñadora e uns pousa vasos estampados co mesmo deseño, ademais dun libriño da colecciòn.
Perfecto para fans da cervexa.

Conclusiòn: sorprender, ser orixinais, diferentes e un pouco exclusivos garantiza que esa demostraciòn de cariño ou amor non se convirta en unha frustraciòn para as dùas partes.

Por certo, nos somos profesionais do regalo e levamos resolvendo estas cuestiòns desde hai mis de 13 anos, por eso filosofamos tanto sobre este tema e sabemos aconsellar os nosos clientes, dispoñemos de moitas opciòns e prezos.
Escoitamos o que nos queran contar e mediante unha tecnica depurada que convina sabedurìa, intuiciòn e bola de cristal, logramos acertar no 95% dos regalos. Ven a U-LA a comproba-lo.

15/12/10

Os meus "Xoguetes".




-Dominò de cristal de SELAB para Seletti.
-Minibillar de Present Time.
-Ecosistemas, esfèrico Mediterraneè cristais azuis e oval Gorgonoia, de Globus- Beach World.
-Radio- altavoz de Mp3 Xamaica de Pilma.
-Navalla 18 usos, Rescue Tool e Navalliña Edelweis de Victorinox.
-Alcoholìmetro chaveiro de Brinck para Present Time.

Humor e antiestres.



-Porta PC de 13" de La Chaise Longue.
-Afeitador quitapelusas Piripiccio de Stefano Giovannoni para Alessi.
-Funda de gafas e tarxeteiro Blue Print de Constantin Boyn ; Tarxeteiro e Roller de Michael Doret e Multifunciòn metro amarelo de ACME.
- Reloxio despertador Jet dourado de Theo Williams; Calculadora Dual Solar Bamboo e Radio despertador Dolmen Bamboo da colecciòn Ecofriendly de Pierre Gama e Elise Berthier para Lexon.
-Bolas antiestres Cao Maru de Makiko Yoshida para +D.

Nostalxia Lomogràfica.



-Spinner 360º
-ColorSplash e o seu libro.
-Oktomat.
-Supersampler azul nacarado.
-Diana F+ El Toro.

13/12/10

As tùas festas, con Fred.

Novidades da marca Fred&friends, desde Cumberland-USA con amor e creatividade.

E que este tipo de cousas fan un estupendo regalo cheo de orixinalidade e sobre todo moita poesìa. De feito xa lles estàn saindo copias "orientais" de calidades dudosas

Cool jazz, de Liz Goulet e Christina Sciullo para Fred.

Canta literatura e escenas de pelìculas nos suxiren estas imaxes.

O mellor amigo dunha muller è un cubo de xelo de diamante. Ainda que, neste caso, non podamos dicir eso de que un diamante è para sempre, mais ben, è para uns minutos.
Sempre podemos conxelar un lote de bandexas e na festa repartir ganancias.

Cool Jewels, de Liz Goulet Dubois para Fred.

Uns enfriadores con forma de pementos de Padròn, è unha inesperada alternativa para enfria-la nosa copa e dar cor na festa mais galaico-mexicana que se nos poda ocorrer.


Non se sabe se estamos pensando nos xogos adolescentes ou se na romàntica pelìcula Titanic.
Pero refrescarnos, està claro que o consiguen, todos estos graciosos tèmpanos de xelo daràn tema de conversa nas nosas festas, sen dùbida algunha.

Afundi-la flota a pedradas de xelo, unha idea de Jason Amendolara para Fred.

En U-LA Boutique , somos às veces, moi frios; ven a ve-las novidades de Fred&frends.

10/12/10

O sereo vòlvese dourado.


No grupo dianteiro esquerdo, estàn:

-Vaixela infantìl Règale toi avec nous, de Natalie Lété para La Marelle.
-Fiambreira Fresa de La Chaise Longue.
-Zapatos vaca de Degingos.
-Cofre Fada, Mon Tresor de Vanina Crescioni para Pylones.
-Peluche Zola o Koala de Super-zeros.
-Rotuladores Granxa de Addex.

No grupo dianteiro dereito, estàn:

-Porta PC Venus e 100 $ de 15"; Smarts e Caveau de l'home cybernetus de 13", todos de La Chaise Longue.
-Porta CD e cinceiro de peto, flor branca; grapadora, portaclips Vanity; baleirapetos Fetiche Mafioso de Crea Crea para Pylones.
-Peto Porquiño e taco de notas Writter's Block de Liz Goulet Dubois para Fred.
-Reloxio de arèa de 30 mts. de SELAB para Seletti.

No grupo central, estàn:

- Set de pratos Palazzo Governo de SELAB e Alessandro Zambelli para Seletti.
-Porta cìtricos Cactus de Alessi.
-Set de coitelos Five Finger Filet de Raffaele Lannello.
-Vaso de cervexa de Melissa Anne Kwee para Ritzenhof.
-Mug London de SELAB, para Seletti.
-Peladora Samurai, Saleiros de corda Rolling Birds e aceiteira Oli de Crea Crea para Pylones.
-Molde de xelos Ice Boat de Kikkerland.

No grupo traseiro esquerdo estàn:

-Xabòn Melodìa, Sales de baño citron e vela Favorito de Claus Porto.
-Neceser grande Cogumelos de Mlle Hèloïse para La Marelle.
-Neceser con esponxas e cepillos e caixa metàlica correo de Valèrie Nylin para Derrière la Porte.
-Maleta Consomè de Peixes Vermellos de La Marelle.
-Caixa Bambies, de Adolie Day para La Marelle.

No grupo traseiro dereito estàn:

-Espremedor Juicy Salif de Philippe Starck para Alessi.
-Set de pratos Palazzo Signoria de SELAB e Alessandro Zambelli para Seletti.
-Extintores Textos negros, Espello Barroco, Raias e Fresas de Fire Design.
-Caixas metàlicas, Boîte a photos e Boîte à cirage de Valèrie Nylin para Derrière la Porte.
-Caixa metàlica viaxes de SELAB para Seletti.
-Caixa Nenas de Mlle. Hèloïse para La Marelle.




07/12/10

Apaga o teu lume con Glamour.

Nova firma para a nosa casa. FIRE DESIGN, marca francesa de calidade garantida.


Fundada por Rodolfe Gimenez, hai uns anos que creou un novo concepto para os nosos fogares, ùnico en Europa.
Tràtase duns modelos de extintor de po , que ademais de ser fàciles de recargar, sirven para apagar todo tipo de lumes.
Diferencia esta, moi importante pois os extintores de espuma sò poden apaga-los lumes de madeira, tecido e papel.
¿Que farìamos co lume da cociña que nos destrozarìa a nosa encimeira e mobiliario, no que invertimos varias pagas extraordinarias e parte do que destinàbamos a ciruxìas estèticas?

Firedesign

Veñen ademais con uns pràcticos soportes para colocar, si queremos, na parede. Por que esto è ademais de ùtil e necesario, unha verdadeira obra de arte, que hai que ensinar en sitios privilexiados da casa.
Teñen un nùmero de rexistro e concesiòn grabado no tanque, que determina o tipo de extintor que è, ademais dun indicador que permite visualiza-lo bo estado de funcionamento. O dispositivo selado da clavixa , garantiza o producto contra calquera defecto de fàbrica.
Estàn pensados para uso domèstico, pois as normativas europeas para locais comerciais, non deixan entra-lo deseño nos usos industriais. Xa que os extintores para as fàbricas, hostelerìa, etc. deben ser sempre de cor vermella, dar suficiente medo e ser doados de atopar.

Realmente estes son moi fàciles de localizar e non pasaràn nunca desapercibidos.


Dispoñen de varios acabados, desde imitaciòns de botellas de viño francès, textos en prateado, con simil a incrustaciòns de nacar, moi alternados, ata estampados"pop psicodèlico" dignos de calquera salòn glamouroso.

Firedesign1

En U-LA Boutique queremos que os nosos usuarios non pasen medo e sigan coidando da estètica e da seguridade das sùas casas, as entidades bancarias e os seguros das nosas hipotecadas mansiòns, certamente estaràn dacordo con nòs en incorpora-lo deseño a estes artefactos.