19/06/13

Réxime e operacióm bikini.

 Este  deseñador británico é Jonathan Aspinall, ademaís de discurrir no seu estudo, pode contribuir a mellorar os estilos de vida:


E este é o seu invento do século,  a Half Spoon:



É o que pensas, si, unha culler, mellor dito unha media culler, destinada a poñer na azucreira, e evitar o exceso de doce e sobre todo... de kilogramos.

Non está  cientificamente estudado, ainda, o seu efecto, pero malo non a de ser.

Os efectos secundarios poden ser os perigosos temas de conversa dos amigos, cando veñan a tomar café, á túa casa. 
Mediaculler de inox; na súa versión popular, por 6.40 €. na nosa boutique..

13/06/13

Cables e solucións.

Esto vaise rematar, tanto cable mesturado, estanos parecendo normal... pero se non queremos sufrir de " Síndrome de Diógenes", no futuro, non ten que parecernos tan habitual.




Driinn, co seu modelo de soporte PLE-GA-BLE, acolchado, pra móbiles , solúciona todos eses problemas.


 Ademáis agora saca novas cores, e estas son fáciles de localizar, por que destacan.
Alegría pra os teus ollos e relax pra o teu teléfono, que terá onde descansar sen arriscarse a levar un golpe.
Este deseño máxico, non ten porque quedar ocupando espazo, como se fose unha bicicleta estática, pódelo levar contigo no bolso ou no maletín de  traballo, e de seguro... ¡¡¡ vaslle dar uso !!!.


Pódelos atopar na nosa  tenda web, por 5.30 €
 ou vir a probalos á nosa Boutique.

04/06/13

MARCALIBROS DE ABRIR E PECHAR

Ainda hai xente que ten libros deses de papel e cartón,  tamén os abre e practica a lectura.
 Pois pra eses excéntricos tamén se producen cousas creativas.



Semella unha cremalleira, pero é un marcalibros de plástico flexible. 


Ademáis este curioso deseño tamén ten unha procedencia curiosa  é de Shahar Peleg ven dende Tel Aviv.
Parece que che vai permitir abrir o libro por un lugar diferente ó normal e que vas atopar algo misterioso.

É realmente poético e cargado de sensibilidade.

Mágoa que non practiquemos todos a lectura.



¡¡ Que logrado queda, o efecto cremalleira!!!

¡¡¡ podes enganar ós teus amigos.!!!