28/09/10

Naïf sofisticado.

Hai anos que disfrutamos ca firma Derriere la porte, evidentemente francesa, por todo-los cantos.
Utilizan as ilustraciòns como gancho atractivo dos seus productos.
A forma dos obxetos , non deixa de ser normaliña, pero os deseños cos que estàn serigrafiados e decorados son espectaculares.
Textos alusivos ò contido, comentarios con certo sarcasmo ou expresiòns càndidas cheas de graza, son os contidos que ilustran estas creaciòns co gusto mais cosmopolita que podamos imaxinar.
BALANZA
Bàscula dixital os meus peores inimigos.
Os productos que editan , percoren toda a casa e tamèn estàn invadindo o ambito persoal, pois van desde as famosas caixas de hai uns anos ata neceseres, papeleiras, sacos para roupa lixosa, pizarras magnèticas, incluindo utis de cociña e obxetos de viaxe.

Wasmand Waslijn
Cestos para roupa lixosa :Cacetìns da archiduquesa e armario medicamentos : pequenas medicinas grandes remedios.

A autora dos grafismos de toda-las colecciòns è Valerie Nylin, ilustradora con traballos feitos para editoriais galas, entre as que se atopa a prestixiosa Berger-Levrault.
As sùas creaciòns teñen sido empregadas como regalo promocional dos coñecidos almacèns Galeries Lafayette ou da mesma France Television, incluso ten realizado a imaxe institucional para o Salòn Internacional de Alimentaciòn de Francia( SIAL).

CAJA METAL ZAPATOS (C/UTENSILIOS)

Ese aspecto medio naïf, incìtanos a pensar que os fixo a sùa filla na escola infantil, pero son realmente elaboraciòns feitas con unha sensibilidade adulta e que logran meternos, de cabeza , no seu mundo de cor de rosa.
Este è o encanto que desprenden estas obras de seducciòn.Ven a ve-las a U-LA Boutique.

27/09/10

Mostra de deseño poètico dos irmàns Campana na Fundación Pedro Barrié de la Maza

No Brasil, a diferenza do noso paìs, as persoas falecen maioritariamente de afecciòns cardìacas, non de cancros varios , como nos.
O corazòn dos brasileiros està cheo de sentimentos e sensibilidade. Esta paixòn e temperamento, son o verdadeiro motor dese inmenso pais, onde a bandeira ten un lema: orde e progreso.
Portada do libro dos irmáns Campana "Cartas a un novo deseñador, Do manual á industria"

Os irmàns Campana, Humberto-1961 e Fernando-1953, foron os primeiros designers brasileiros en expoñer no MOMA de Nova York.
Desde o 1983, ano no que fundaron o Estudo Campana, pasaron 10 anos, antes de producirse nunha industria brasileira, algùn dos seus deseños.
En pouco mais de 10 anos de carreira, subiron a unha posiciòn de merecido privilexio que non è casual.
Falamos, anteriormente deles nun post do 7 de Maio do 2010.

artemelza - irmãos campana
Foto de parte das sùas obras onde se aprecian, xunto ca cadeira Favela, elementos feitos para a escenografìa do conto musical "Pedro e o lobo" de S. Prokofiev, que se representou no Guggenheim de Nova York no 2008.

Esta mostra, producida polo Vitra Design Museum, recolle o traballo dos brasileiros e reflexa o caracter creativo e as espectativas dun país. Ademais fainos pensar sobre o futuro do noso e tamèn da nosa forma de vida. Incluso os mais rebuscados, poden pensar en cousas mais serias.

Os temas e inspiraciòns dos autores son, basicamente tres:
Medio ambiente-globalizaciòn-Brasil.
O ùltimo è realmente o primeiro, tomàndo este país como un lugar de mestizaxe de razas, culturas e realidades sociais, tamèn como reivindicaciòn das raices que nos individualizan e nos convirten en alguèn, ¡¡ todo un valor, nestes momentos !!.

Cadeira feita con monecas Esperança, que son un xoguete caracterìstico do nordeste do Brasil. Os autores lenbran asì os movementos migratorios dos estados mais pobres ò estado de Sao Paulo.

Os mètodos de traballo dos irmàns, sàltanse os dictàmenes impostos:
Calquera deseñador, preocuparìase pola funciòn do obxeto, logo abordarìa a sùa forma fìsica e finalmente buscarìa o material para realizalo.
Estes dous artistas-deseñadores recollen o material, xogan ca forma e finalmente danlle unha funciòn.
Xustamente ò revès, logrando unhas obras mais artìsticas que funcionais cargadas de significados e que cuestionan ò deseño e à arte, dun xeito aparentemente inocente pero cheo de reivindicaciòns.
CadeiraVictoria regia, unha das moitas versiòns.

A mostra divideuse en dùas ubicaciòns; Vigo e A Coruña, (¿Serìa para que non se feriran sensibilidades?). Que à sùa vez, podemos separar en dous bloques:
Por un lado os obxetos que pertencen à colecciòn dos autores e que son regalos e lembranzas, que supoñen fonte de inspiraciòn para eles e explican algunhas das sùas obras .

Por outro as obras producidas para a exposiciòn ou recolleitadas de colecciòns e museos.
Este ùltimo grupo è o trascendente e supòn unha homenaxe à supervivencia, à superaciòn pero tamèn ò poder da natureza e à adaptaciòn ò medio e às circunstancias.

A obra destes autores , figura nas colecciòns permanentes do MOMA , Vitra Museum de Berlin, Museum of Decorative Arts de Montreal, Museo de Arte moderno de Sao Paulo, etc. ademais forma parte dos catalogos de empresas como Abitar, Alessi, Edra Grendene, Fontana Arte , etc.
Cadeira Fabela, con forma de trono, como homenaxe à creatividade dos habitantes da Favela. Este sirveu como modelo da editora Edra.Un exemplo do xeito de traballo dos autores: xuntar materiais e logo de xogar cas sùas posibilidades, crear unha composiciòn.

Os materiais , plàstico, madeira, coiro, cartòn, metal, textil, etc. son comùns pero a sùa mestura e o xeito de utilizalos, reconvìrteos en delicada poesìa con moitos elementos artesanais e en ocasiòns femininos.
Diamantina III, Asentos de bimbio con incrustaciòns de amatista, unha lembranza da chapada diamantina, perto de Belo Horizonte, no interior do paìs, uns famosos xacementos de pedras preciosas que seguramente coñeceremos, grazas à obra fotogràfica de Sebastiao Salgado : Os Galimpeiros.

O aspecto da obra està lonxe do pretencioso e ainda que non se expòn practicamente ningunha peza de producciòn industrial comercializada, hai series que lembran as sùas colecciòns Blow Up e Nuvem, da editora italiana Alessi.,
Reloxio da coleciòn Blow Up e cestos, floreiro e bandexa de forno da colecciòn Nuvem de Alessi. Obra comercial non exposta na mostra.

Un revulsivo recorrido, que cheo de flashes , debùxanos un futuro fascinante cheo de contrastes e ¿progreso?. Fainos lembra-lo noso pasado artesanal e recente, das nosas orixes rurais e proxèctanos no seu espello brasileiro.
Vistas de Sao Paulo( mais de 20 millòns de habitantes) e edificio do MASP, Museu de Arte de Sao Paulo.


24/09/10

Joi D'art na TV.

A nosa boutique, nos seus comenzos, era mais unha tenda de xoierìa contemporànea que outra cousa; a firma que introducimos nesta cidade e ca que traballamos ininterrumpidamente e a català Joi D'art.
Xa temos falado dela, pero esta temporada parece que as colecciòns gustaron às mulleres mais populares da TV.
Afortunadamente estamos en sintonìa ca actualidade e cos gustos da muller que pisa o chan e que sabe diferenciarse con sò uns pequenos toques.
Para mostra, un botòn.


Esta è a imaxe da campaña da firma, no outono 2010.

U-LA Boutique , sempre no candeeiro.

21/09/10

Antiguidades superactuais.

Lembra-las obras das figuras que deixaron ricas herdanzas para o panorama actual, tamèn è necesario.
Esta señoriña que parece de Cambados, era (ata o 2006) unha das fundadoras de Kartell. Anna Castelli Ferieri, Directora de deseño gràfico da firma nos setenta .
Unha das primeiras mulleres arquitectas tituladas en Milan ( no 1945). Foi, xunto cos Castiglione, Sottsass e Colombo a impulsora do deseño Italiano de Posguerra.

Sede de Kartell en Milan , deseñada por Anna Castelli Ferrieri.

A firma con 59 anos ten o inconfundìbel selo de feito en Italia. O seus productos son iconos e conforman, xa, a historia do deseño. Ano tras ano continuan sacando pezas, que pola sua calidade estètica, egordan as colecciòns dos museos do mundo.
Podemos considerar como emblemàticos, da firma e desta autora, os contedores Componibile:

Feitos nos anos setenta. Foron concebidos para sala, cociña e WC, ainda que a versatilidade do deseño fan do modelo unha peza moi rentàbel.
Acumulan no seu curriculum moitos premios internacionais e estàn presentes nas colecciòns do MOMA e do Pompidou.


En U-LA Boutique valoramo-la obra deta muller.

17/09/10

Pegatinas para casa.

Cando nos plantexamos renova-la decoraciòn da casa ou queremos muda-lo aspecto dalgùn recanto da sala, cuarto dos rapaces, distribuidor ou incluso o WC , inmediatamente imaxinamos un lugar con aspecto rexuvenecido.
Às veces con ou sen mobiliario novo, pero cas paredes doutra cor , con mais luz , pinta acolledora ou plantas vigorosas, modificaciòns que nos refresquen, nos renoven por dentro e nos fagan ve-la vida desde outro escenario.
Acto seguido imaxinamos mover todo de sitio, uns profesionais con mono branco , pintando con unha camiseta de tirantes, provocando unha desfeita e enlixando todo de tal xeito que se nos quitan as ganas de iniciar calquera acciòn, por moi revitalizante que sexa.
Hai uns anos que se atopou unha soluciòn para facer pequenos e significativos cambios na decoraciòn sen necesidade de manchar, sudar ou ver obreiros ( por moi ben que estèn) , tràtase dos stickers ou pegatinas de vinilo.

Stickers Bambù e pòla xaponesa

A firma que resulta das mais antigas è KMG, editora e distribuidora canadiense que ten feito desde papelerìa ata productos para museos, creada inicialmente por dous xogadores de baloncesto de EEUU nun estudio de deseño de Toronto.
Actualmente, con sò uns 15 empregados, consigue estar presente en tendas de Europa, EEUU e Xapòn.
Desde hai un tempo crearon a colecciòn Art Appliqué, que consiste en uns stickers de temas contemporaneos como graffiti, hip hop, infantil, manga, etc. Que ò ser autoadhesivos, pèganse con moita facilidade.

Work EquipmentPoppies
Stickers Coches e Amapolas.
Ven en paquetes de 2 follas cheas de pegatinas con unha temàtica, fàciles de aplicar,quitar e reemplazar. Pòdese reproduci-la imaxe do deseño ou compoñela con outra distribuciòn creada por nos mesmos con estas manciñas.
artappliquecatalogue
O resultado è sempre mellor do que se espera, si pasado un tempo nos fartamos de ve-la cana de bambù , sò temos que quitala e poñer outra cousa.
A U-LA Boutique tamèn lle gustan as pegatinas.

15/09/10

pylones: vivir à francesa.

Nin todo o que ven de fòra è bo,
nin todo o noso è marabilloso.
Pero si è verdade que o que, vindo doutros paises, logra entrar e instalarse, acostuma ser unha marca consolidada incluso aclamada , como è o caso.
De entre todo-los paises que destacan con unha produciòn de obxetos de certo deseño, os nosos veciños franceses, son ,(xeneralizando), os mais alegres, desenfadados e divertidos do panorama.


Con unha sensibilidade que semella non ter traumas estèticos , tanto que às veces poden parecer ñoños ata caer no cursi.


Cursi e desfasado, xenuino gusto rancio español è o estilo que caracteriza òs grandes almac'ens de iniciais E. C. I.( Almacèns de logotipo verde triangular,dos setenta) Nada que ver ca sùa competencia noutros paises de Europa, como Selfridges ou Harrods en Inglaterra e Printems ou G. Lafayette en Francia.
Temos falado, noutras ocasiòns, da diferencia abismal entre os grandes almacèns do resto de Europa e os españois.
Nas prantas de entrada, consideradas zonas quentes comercialmente, atopàmonos con marcas emblemàticas e iconos do mundo do deseño.
Xusto ese espazo ocùpano, nos establecementos españois como E.C.I. , a perfumerìa , cosmètica e mùsica, tampouco nos esforcemos en buscar no resto das plantas, porque non saben que existe eso do deseño.
Debe ser culpa da educaciòn , de non ser viaxados. Do pouco espìrito cosmopolita ou de erdanzas de èpocas pasadas.





Unha das firmas ca que nos podemos atopar neses templos do consumo, das outras capitais europeas, en forma de corners, con veciños ilustres como Alessi: è Pylones.


Esta firma, Pylones, orixinaria de Parìs, fundada por Jackes Guillemet no 1985, tamèn dispòn de 5 tendas propias en Paris, asì como no resto de Francia e en 11 paises mais. Ademais fabrican e deseñan pezas exclusivas para Renault, France telecom, Dior e Starbucks.


A estètica inconfundìbel da firma e producto dun equipo de mais de 10 deseñadores moi nutrido, de entre eles destaca o estudio Crea Crea, sendo autorìa deles unha parte grande da producciòn da casa.

Pisapapeis/Portaclips: Piu Piu de Ionel Panaït.

Xenuinamente francesa, a estètica desta editora supòn unha verdadeira exploraciòn de camiños con un sò fin , reanima-la vida interior dos obxetos.
O deseño non è mais que a invenciòn de novos usos, mais artìsticos ou funcionais e no caso desta editora, moi domados pola poesìa; ademais dun toque de algo invisìbel.




Paraugas Rain Parade de Laurent Mouveau.

U-LA Boutique conecta con està estètica e filosofìa: obxetos utìs , atractivos un pouco intelectuais pero vitais para alegrà-la vida.


Deixàmos aquì un video dunha das pàxinas mais comerciais de USA con unha demostraciòn interesante dalgùns productos de menaxe de pylones:


10/09/10

Renovèmonos nun plis plas.


Papel de empapelar, colecciòn Sophie de Estudio Inocuo para Tres tintas.
Sticker grande Arbore xapones e pequeno Gatos, da colecciòn Art Applique para KMG.
Marco de fotos Minimix de Anna Beuchin para Umbra.
Marco de fotos Dalì de Pylones.
Mesiñas de 2 e 3 alturas Componibile de Anna Castelli Ferreri para Kartell.

Setembro na casa.


Molde para galletas Xesucristo de Monkey Products.
Reloxio mural magnètico de Bavi.
Fonte fondue de chocolate de Balvi.
Pala de pastel Filou de Laurent Mouveau para Pylones.
Xogo de cafè Casa Lolo de Alexis Rom para Cha Cha.
Salvamanteis de silicona , Desexos de comer chocolate de Caroline Lisfranc.

Axuda tecnolòxica para durmiñòns.


Stereo Alarm Clock Speaker de Balvi.
Reloxio dixital Roswel clock de Yves Malka-Pierre de Poucques para Lexon.
Reloxio Radio Plug in de M. Barandard- C. Fuchs e M. Luck para Lexon.
Reloxio mural dixital Bump de Pierre de Poucques e Yves Malka para Lexon.
Reloxio dixital X-clock de Fumie Shibata para Lexon.
Reloxio dixital metàlico oval de Balvi.
Reloxio dixital Hello clock de Fabrice Berrux para Lexon.

O meu despachiño.


Distribuidor de documentos de Caroline Lisfranc.
Set de tres porta obxetos de Caroline Lisfranc.
Porta notas Morris de Yaacov Kaufman para Monkey Business.
Pinza documentos , Papichip de Crea Crea para Pylones.
Cinseiro de peto de Pylones.
Notas adhesivas Shakespeare de Unemployed Philosophers Guild.
Rato para ordenador Chocomouse de Electrojoe.
Portatarxetas sobremesa Arbore de Fisura.
Tarxeteiro de peto, en caucho de Caroline Lisfranc.

08/09/10

Nòrdico por dentro e por fòra.

Este mes remata o veràn e hai que preperarse para o Outono. ¡Algo nos terà que animar!.

O noso deseñador deste mes è o novo talento e meteòrico Eric Kalen, que colle cada vez un rumbo mais pracenteiro.
Este Sueco rematou os estudos de deseño industrial na Konstfack (University College of Arts, Crafts and Design) de Hägersten-Suecia, no 2000.

Conta, mais ou menos, que no 2003, sendo o 40 cumpleanos da sua esposa, tomou a decisiòn de agasalla-la con un vibrador.
Trataba de atopar un modelo que fora acorde ca profesiòn, buscou en toda-las sex-shops de Estocolmo resultando un obxetivo imposìbel.
O que atopaba era de caracter descriptivo-realista ou mecànico-monstruoso que evidentemente, provocarìa unha desestimulaciòn inmediata , para alguèn afeito à estètica.

Ò ter comprobado a existencia dun oco no mercado,nese momento pensou que sò era cuestiòn de busca-lo xeito de enchelo.
Asì è que,xunto con Carl Magnusson e o enxeñeiro, Flip Sedic fundaron, LELO.
Firma que en poucos anos e con apenas 10 empregados, convirtese na marca lider en sofisticaciòn e deseño de obxetos de pracer.Presente en 40 paises.
Vibrador clitoriano: Lily
Os primeiros modelos Lily e Nea inauguraron a traxectoria.
Xuntando caracterìsticas como estètica depuradìsima, ergonomìa, cinco xeitos de estimulaciòn preprogramados, ademais con recargador que evita as pilas, materiais homologados e suavìsimos, fan destes aparatos uns verdadeiros amigos.
Bolas chinas :Luna Beads
A estes modelos engadìronselle outros de caracterìsticas similares , colecciòn para home e incluso unha gama mais luxosa en ouro de 18 kilates e aceiro inox.
O obxetivo è xogar coa sensualidade das temperaturas e ca nosa psicoloxìa. ¿ Quen se pode resistir à excitaciòn do diñeiro, o ouro e o luxo ?
È neste ano, 2010 cando se incorporan outros accesorios como vendas de seda e esposas ò seu catàlogo.

Plug masculino: Earl ; Vibrador:Inez ; Consolador:Olga ; Vibrador:Ina en aceiro e ouro.

No 2009 crea a marca da sùa propiedade Ticklers (cosquillas) producindo modelos que lembran òs de Lelo, lonxanamente. Cheos de cor e personalidade propia. Cada un estimula zonas eròxenas diferentes e que hai que probar.

Vibradores Ticklers

Varian o tamaño (¡Que non è o importante!) e o dispositivo vibrador, que non precisa tanta potencia.
As caracterìsticas en canto à funcion e materiais son similares pero a filòsofìa è diferente, priorìzase a accesibilidade do consumidor, non tanto a estètica.

U-LA Boutique està ò lado desta figura que seguramente, darà moito que falar ainda.



03/09/10

Animais e nenos.

No 2009 a firma Holandesa Present Time, excèntricos por naturaleza, fundaron a subfirma JIP , das iniciais de Junior In Progres.
A idea è presenta-los productos mais doces para nenos lindos e nais estupendas .


Unha parte dos beneficios vai a parar a Wereldkinderen, (nenos do mumdo) que desenvolven 110 proxectos en 14 paises co obxetivo de axudar à infancia que mais o precisa.


O equipo de deseñadores , ideou un casco de algodòn con unha certa elasticidade para que podan poñe-lo nenos a partir de tres anos.
Pràctico e ràpido disfraz que facilmente caracteriza ò meniño, para xogos nos que non se dispoña de moito tempo.
Estas màscaras de animais, acolchados e con aparencia de peluche; son perfectas para os mais pequenos.
Os que o casco lles quede grande, axùstanse con goma forrada , pola parte traseira da cabeza, asì è que non magoan ò neno.

En U-LA Boutique podes ve-lo e proba-lo.