13/06/11

Para quenes continuen ca tradición de viaxar...

...abrindo a súa mente, visitando xeitos de vida diferentes, expoñendose á interacción dos naturais do lugar, desafiando sunamis, soportando decenas de controis policiais ...


E tamén para quenes lles guste ve-la arte doutros tempos, aquelo que lembra do libro de arte de 3º de BUP, que lle gustaría ver antes de chegar á xubilación , nunha viaxe do IMSERSO.
¡¡¡ Agora é ese momento !!!, Esquece-las realidades pouco estimulantes e veña, a ver.


Para eso se inventou este curioso visor, chamado Zoomart, pensado para observar máis de cerca a arquitectura e obras de arte.
Provisto de lentes opticas Hi Quality, da para ver cousas que se atopan a máis dun metro axustandolle o enfoque para percibir imaxes totalmente nítidas de cadros, esculturas edificios ou miniaturas.
zoom_art.jpg
Zoomart está deseñado por Odoardo Fioravanti, costa entre 32.20€ e 36.45€,
e pódelo comprar aquí.

É da firma Italiana Palomar que fabrican instrumentos ópticos dende 1956. Seguro que saben facelo ben.


Xa está ben de non enterarse de nada e perde-la oportunidade de ve-la pincelada de oleo do autor ou o golpe mestre do canteiro, culturicémonos un pouco, non queremos parecer simples turistas despistados.

U-LA Boutique tráeche o único instrumento optico do mundo, dedicado á observación da arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario