26/02/11

Pylones con estilo persoal.

Non poderemos negar que os obxetos desta marca, teñen personalidade, son diferentes, magnéticos e en definitiva...
únicos.
Pylones presenta novidades nestas datas, pero non aparecen normalmente no mercado ata pasados uns meses, este ano adiántanse e xa podemos empezar a disfrutar delas agora.
Manteñen ese aspecto lúdico-pop e sofisticado, ó que xa nos teñen afeitos.


Cheekita, o novo pincel de maquillaxe, completa e redondea a colección iniciada polas pinzas, limas, etc. todo con ventosa, para poñer no espello ou de pé.
Estes son os oito estampados que o estudo Crea Crea deseñou para esta peza.


Tamén eles, crearon cos estampados da firma, estas fundas de gafas,EGC case ríxidas, máis grandes, que as anteriores versións metálicas, da firma.
Complementan a colección Voyage, que dispón de carteiras, chaveiros, etc.
Pensando, seguramente, nas gafas de sol e nos días primaverais, que ainda que non o pareza, algún día chegarán.


As sete diferentes variantes, xa están no mercado.


O atomizador Flairy, é tamén un dos accesorios que ainda que xa se editou hai uns meses, non podiamos dispoñer del, agora si, xa nos estampados da marca e con un recheador superpráctico para saca-lo perfume do frasco orixinal.
Deseño de Crea Crea.

vapo de sac pylones

O metro XL da deseñadora M. Gabrielle Verdoni, é outra das novidades da firma, que non é nada cutre en canto ó que orixinalidade se refire, pois ainda que xa temos visto metros con este sistema, non estaban rematados así, con este luxo e derroche.
Dez diferentes deseños, con unha cinta de 150 Cm. ou 60 Inch. de longo .


Medor dos deseñadores Crea Crea é un pulverizador para auga, limpacritais, fertilizante, etc. que fará preguntar ás veciñas e dará tema de conversa ás visitas.
Catro cadeliños diferentes, que terán dono rapidamente.


Esperamos que esta actualización do catálogo de Pylones teña a boa acollida que a firma francesa sempre tivo, á vez que vos convidamos a ve-las seguintes novidades que chegarán nunhas semanas a U-LA Boutique.
Sempre innovando para ti.

19/02/11

Prácticamente obras de arte.

Parece ser que agora valoramos máis a comida, a súa procedencia e a elaboración.
Polo tanto, tamén lle damos máis importancia á posta en escena.
Quedou lonxe esa necesidade de poñe-las tarteiras na mesa, derriba dun trespés de posguerra.
Se queremos luci-la nosa deseñadisima ola, na que invertímo-la extra, podemos contar ca talentosa intelixencia dos deseñadores de Alessi.

Tripod de Gabriele Chiave e Laura Polinoro.

Este modelo que semella un colar, é unha cadea de aceiro inoxidable 18/10, con topes fixos nos extremos. Contén catro "estrelas" que, caigan como caigan sempre quedan na mesma posición: preparadas para soporta-lo peso e a temperatura da tarteira máis pesada.
Ademais adáptase a moitas medidas, concentrando ou separando máis as "estrelas".
Salvamanteis Try it Trivet de Dror Benshetrit .

Outro enxeñoso artefacto é este compoñible, pensadísimo para axustarse a todo tipo de recipientes, dende unha ola pequena ata unha peza de forno alongada.
Os seus compoñentes teñen a particularidade de estar dotados dun imán nos seus extremos sinalados con + e -, dándolles a posibilidade de unirse según as necesidades ou espallarse, para tarteiras familiares, paelleiras , etc.

Salvamanteis Pescher de Donato D'Urbino e Paolo Lomazzi.

Trátase dun Best Seller da firma Italiana, seguramente por práctico, bonito e un pouco clásico.
É extensible , ten unha certa inspiración nun banco de peixes, incluso no seu movemento, que lle permite estirarse máis de 40 Cm. de longo.

Tampouco é de recibo poñe-la botella de aceite, pingando, derriba do noso mantel, limpiño e planchadiño.
Cata aceites Taste Huile de Lorenzo Piccione e Köbi Wiesendanguer.

Podémolo usar para proba-lo aceite con un anaquiño de pan, para os gourmets; ou para presenta-lo aceite, incluso o aliño dun prato.
A forma de aceituna e o pequeno prato de aceiro pulido, con forma de folla de oliveira son moi evocadores.
Medidor de pasta, Voile de Laura Polinoro e Paolo Gerosa.

Para traballar na cociña resulta imprescindible este accesorio en aceiro inoxidable pulido de 18/10, que ainda que semella un brazalete, é un medidor con tres ocos , para 100, 200 ou 300 Gm. a dose de pasta necesaria para 1, 2 ou 3 persoas.

Cocteleira Chiringuito Shaker de Ron Arad.

Para facer un coctail con glamour, colabora con nós o escultor e deseñador industrial Ron Arad, sofisticándonos con este modelo en aceiro inoxidable 18/10, que dispón dun peche hermético, antigotexo.
A forma entorchada do recipiente resulta moi ergonómica e polo seu diámetro é moi cómoda de usar.

Intelixentes e bonitos, obxetos pácticos esquisitamente minimalistas pero tamén decorativos.
U-LA Boutique está contigo.

18/02/11

Borrachas si !!, pero de deseño.

Chegadas a unha idade, quédanos pouco que facer para ser máis divertidas, que faga pouco mal ó corpo e á mente como é o beber viño.
Temos a desculpa de que... se trata de algo cultural, e que...¡¡ Un pouco non fai mal !!.

O certo é que poñerse os coloretes vermellos, é estético e entretido, xa que axiliza a linguaxe e facilita expresar moitas cousas simpáticas que seguro que doutro xeito non diríamos.
Ainda por riba non cho toman en conta, é ideal polo que de liberación e catarsis, supón.

O deseño tamén está do teu lado, crea para os que son como ti, artiluxuios sofisticados que te diferencian dos borrachos vulgares, e deses que durmen nos bancos nas películas.
Ademáis de simplificarche o traballo de decantar un viño de crianza, ou medí-la temperatura dixitalmente; para que o teu padal adquirido en cento e non sei cantos cursos de cata , finísimo, non se deteriore.

A Jakob Wagner, tamén lle interesa o tema, e por iso deseñou para a firma danesa Menú estos productos tan prácticos.


Sacacorchos Vignon, con cortacápsulas plegable, incorporado. Un redeseño do clásico pero mellorado, dispón dunha espiral de 5 voltas, ( pensada para non perforá-lo corcho de todo, evitando que caigan restos no viño), revestidas de teflón, para conseguir deslizarse mellor.
Moi seguro, incluso cos corchos máis antigos.

Como curiosidade mencionar que os Daneses agasallaron á Michel Obama, cunha antorcha desta firma, emblemática do Deseño Escandinavo.

Os decantadores, ou osixenadores, cumplen a función de introducir certa cantidade de partículas de osíxeno, nos viños, que despois de estares pechados durante moito tempo, precisan antes de ser bebidos. Para aprecia-los seus matices como corresponde á categoría do que se está bebendo.
O modelo Vignon deste deseñador, é ademais antigotexo. Adeus ós decantadores de vidro que ocupan moito, nas nosas mansións de 40 metros cadrados.

Maiormente tomá-la temperatura dun viño , é preciso para ofrece-lo nas mellores condicións posibles ó que o vai consumir, tanto para o tinto como para o branco. Estes termómetros dixitais, son como unha pulseira, que posta na botella, é capaz de indicarnos de xeito preciso, a temperatura do contido.
Resiste ben as caidas e ós meniños.

Os tapóns de baleiro, son un tipo de bomba que extrae da botella o ar, con simples movementos. Esto faise ca finalidade de evitar a oxidación do contido, pechando de xeito hermético o recipiente, ata o seguinte uso.

Moi práctico para quen vive só e non quere inxeri-la botella enteira,o contido aguanta seis días en optimas condicións sen estropearse.
Práctico para evitar que o teu marido diga: ¡¡Total para o que queda, mellor remato a botella!!, e outras respostas inxeniosas que obrigan a ter que disculpá-las faltas de respeto, comentarios e improcedencias alleas.

En U-LA boutique pensamos que beber è imprescindible nos tempos que corren.

15/02/11

Tenrura e orixinalidade.

Cando unha empresaria é nai; pode pasar de todo de bó.

Neste caso aconteceu outro feliz nacemento, o da firma Madrileña Papalote. Trátase dunha conxunción de características positivas que auguran que algo está a pasar.
Moda, orixinalidade, deseño e calidade, ingredentes que xuntos, dan como resultado o éxito, incluso nos nosos dias.

Roupa para bebés simpática, con mensaxes divertidos e incluso algo filosóficos, ( sen profundizar, tranquilos!!), diferente á moda dos séculos pasados, con omnipresencia dos lazos de raso e demais elementos decimonónicos desfasados.


Só unha reflexión:¿ Pòdese te-la conciencia tranquila despois de vestir a unha inocente persoiña, con relazos, puntillas, etc. os 365 días do ano?

Ningún pai responsable consentiría que o seu fillo, ou filla, puxese un disfraz de Astronauta, Princesa ou Superheroe, máis dunha semana, pois ningúen pretende que no futuro sexa carne de psicólogo.

Tampouco merece a pena ser popular no edificio, por sair no programa de Suprernani, ó ter un fillo con transtornos da personalidade provocados por poñer roupiñas, que máis que atemporais, son desfasadas e alquilables como vestiario de película de época... (antiga).

Afortunadamente poderémos-lles ensina-las fotos da súa infancia, sen ter que esperar reaccións violentas.

'Pijama

O aspecto máis destacable da roupa desta marca nova, é a calidade, pois está fabricada con algodón Pima Peruano, que è xunto co algodón exipcio, o mellor do mundo.

A lonxitude e finura das súas fibras da como resultado moita máis durabilidade, resistencia ó lavado, evita o pilling ( bolinñas ó envellecer a prenda) e o mellor, unha suavidade ò tacto insuperable, que os meniños merecen.


Moitos dos deseños teñen doble lectura e mansaxe pola parte traseira, que completa a portada.

Agora xa dipoñemos dos modelos de manga curta para os menos frioleiros, que xa queiran ensina-los biceps e triceps, nas primeiras xornadas de sol.


Unha das novidades é que editaron "Ladrona de sueño" e "Marquesa de la casa", a versión feminina do estampado da temporada pasada.

'Body

Tamén é novidade a ampliación do tallaxe, xa que agora ofrecen a nova talla de 18 a 24 meses, moi práctica xa que os meniños do norte non entraban ben no modelo de 9 a 12 meses, que se viña facendo escaso.
'Body'Body


Son unha boa inversión, pero tamén un agasallo co que non corremo-lo risco de coincidir ou repetir nas nosas visitas de cortesía, pois esta firma ten unha producción moi reducida e unha distribución en exclusiva con U-LA Boutique.

10/02/11

Curiosidades de autor.

Só para epatar, deslumbrar, pero tamén funcionais, prácticos e motivo de conversas e deliberacións, case de tese doutoral, son estos obxetos que ahora ensinamos.


Xa temos falado dos coiteleiros Voodoo de Raft Design, Rafaele Iannello, este deseñador despois dos bos resultados da famosa peza, ( agora reformada, nas últimas edicións con máis peso na base e máis protección nos coitelos), protagonista de películas e fotografías de todo tipo, lanzou a súa versión soporte para bolígrafos: Pen Set Voodoo.
The Ex pen-holder-by-Raffaele-Iannello
Perfecta para un despacho de avogados.
Ven cos bolígrafos incluidos e as concavidades da base, están pensadas para depositar clips, gomas e outras menudencias.
Outro obxeto, propiamente decorativo, como un floreiro, pode dar para crear algo sumamente artístico.
Trátase dos Hose Vases do deseñador e arquitecto Walter Musacchi, xa editados no 2002.
Este creador italiano que traballou con Jean Nouvel, entre outros, dedícase a deseñar tendas para firmas como Prada, Puma, Adidas, etc; pero tamén a crear productos reciclados , dende cadeiras a sofás, con materiais industriais.
Esta peza está feita con media ducia de mangueiras e unha abrazadeira, poderíamos face-la nos mesmos, pero el chegou primeiro.




En U-LA Boutique seguimos " dándolle a volta" ó que atopamos.

Necesidades cubertas.

Nestes días, as folgas xerais continuadas, fan meditar sobre a dependencia dos servizos externos, obrigan a pensar na necesidade de autosuficiencia e incluso no aburrimento, e no tempo de lecer.


Lembramos a toda-las persoas usuarias deste Blog, que a escolma de servizos, mostrada a continuación, está pensada para ocupa-lo tempo, pero tamén fortalece a autoestima, a independencia e axuda a tirar polo chan, vellas cintas que a educación de épocas pretéritas, puidese deixar no noso disco duro.




Este modelo de vibrador, é o Delight de Fun Factory, especialmente deseñado para estimular o punto G. Avisamos que só se xoga ca parte rosa clariña de silicona, o resto é só empuñadura (deixámo-la fóra).

Resulta moi ergonómico, a súa forma lembra un pouco a un cabaliño de mar.

Non precisa de pilas, pois recárgase dentro da súa discreta caixiña de sobremesa.

Calidade alemana.


Dinky Digger de Fun Factory, lembra unha pequena toupa que non ve por onde vai.

Ten regulador de intensidade e ademais é sumerxible, que sempre axuda a cumplir fantasías.

É de tamaño reducido e o relevo do corpo estimula disimuladamente.

Calidade alemana.


We-vibe II. Premio ó xoguete do ano 2008.

Trátase dun pequeno vibrador con dous estimuladores, para non desperdiciar ningunha oportunidade.

Pódese utilizar para estimulá-lo clítoris e mailo punto G, ou outras variantes.

Dispón de varias pulsacións diferentes.


Smartballs de Fun Factory, bolas chinas de silicona, unidas permanentemente; as máis silenciosas do mercado.

Moi recomendadas para mulleres que xa foron nais, e para ir á oficina os días malos.

Calidade alemana.



Pirates Rabbit Stoya LilaPirates Rabbit Katsuni Negro

Rabbit Stoya e Rabbit Katsuni, dous feroces coelliños que farán que tremas.

Pirates, unha marca novísima en España. Teñen moita fantasía e están adornados con pedras de strass de cores, como si dunha bisutería se tratase.

Dispón dun saquiño para garda-lo.

Son tendencia estética, teñen un punto Kawaii, na honda xaponesa que os fai moi atractivos.

Tamaño grande, con estimulador para o clítoris en catro modos diferentes; con tres velocidades e dous modos variables na punta.

En realidade xira e móvese conbinadamente, por todas partes.



Pirates Rocket Riley GrisPirates Rocket Katsuni Azul

Tamén de Pirates, son os modelos de medio tamaño, aspecto retro, recto e ultraliso.

Rocket Riley e Rocket Katsuni; con tres velocidades, soportan a auga e dispoñen dunha bolsa de satén para leva-lo de viaxe e conserva-lo acabado extrasuave.

Por suposto adornos en strass para non perde-lo glamour que caracteriza estos momentos íntimos.



U-LA Boutique pensa en ti e faino por evitarche entrar nunha sex shop.