31/05/12

Pan-pan-prapan...

Pensando nos almorzos de torrada e confituras, e para que podas erguerte para ir a traballar con boa sensación, deseñaronse estas torradoras da firma Pylones.
Esta segunda xeración de torradoras sae ó mercado en sustitución do modelo antigo que non tiña selector de torramento, ademais doutras melloras.
Estes son os dous primeiros estampados que lanzaron os creativos do estudo Crea Crea.

Pensamos que están moi ben seleccionados pois a amarela é un deseño que gusta moito ó público pero a de raias, será a que encaixe en todas as alegres mesas e encimeiras de Vigo.
Estas torradoras tan fantásticamente exclusivas, por 79€ na nosa WEB.

Dispoñen de seis posicións de toste, botón Defrost para desconxelado, outro de Reheat, para cando se che enfriaron as torradas e queres voltar a quentalas.
E como non, o de Stop, para parar o proceso antes que se calcinen, non queremos que experimentes as amarguras da vida, xa no almorzo.
Alegraránche as mañáns.

23/05/12

Cremas que non engordan.

Cremas para as túas delicadas mans, pero con unha preciosa presentación que non quedará sen comentarios de amigas e envexosas compañeiras de mesa.
Estas cremas de coco, aceite de jojoba e oliva, que che presentamos como novidade, vanche facer moita falta... querida amiga.
Máis ainda, vistas en directo, pois o cheiriño e os fantásticos acabados non se ven nestas fotos.
Crema por 9.80€ aquí.
Hidratantes e nutrintes, ademais de espectaculares na presentación, son da firma Natural products de Londres.
Por 9.80€ son un auto-regalo merecido que poderás atopar na nosa páxina, nestas resecantes datas.

Non terás que te preocupar máis que de apartalas da mesa.

16/05/12

Xa estamos aquí para suxeriche que escapes de aquí.

Nas nosas novidades incluimos a firma Luckies, e o seu producto máis exitoso.
Dado que xa é tempo de viaxar o mellor e escapar, evadirse, desaparecer, etc .
Tamén, se non podes viaxar o máis doado é lembrar os sitios ós que xa fuches ou pensar nos que vas a descubrir.


Os mapas de rasca e descubre.
Agora xa podes rascar algo que non sexa os bonos do supermercado e descubrir algo que te fascinará.
Só terás que ter unha moeda, para ir redescubrindo os diferentes lugares que coñeciches, ó redor do mundo, cidades, paises ou continentes.

Por 16.40€ o modelo pequeno e por 19.30€ o tamaño grande. Atópao na nosa WEB.

A idea de Xavier Unwin, para afirma londinense está causando furor e nos principais foros de internet, só falan de como atopar os famosos planos.



Estupenda idea para agasallar ó teu mozo mochileiro ou á tua muller executiva da Thermomix.