28/11/11

A todo vapor!!!

Hermética como un espía ruso, esta ferramenta fará da nosa cociña un laboratorio de sabores propio de Ferran Adriá e do difunto do seu restaurante, El Bulli.
Trátase dunha "tarteiriña" de silicona Platinum 100%, ca súa tapa, que permite facer todo tipo de alimentos ó vapor.
Dispoñemos de dous tamaños o de 20Cm, de 18.20€ e o de 27Cm. por 27.50€;
pódelos atopar na nosa boutique online.

Estas siliconas véñense usando dende hai máis de 15 anos, na cociña e teñen todas as garantías necesarias para o uso alimentario.
Feitas en Italia pola marca Silikomart, un referente mundial en deseño e calidade.
Apta para fornos convencionais ou microondas. Resistindo ata 230ºC nos fornos e ata -60ºC no conxelador.
Pode ir o lavalouzas, se é que lle fai falla, pois o hermetismo da tapa fai que sexa do máis hixiénico e facil de limpar.
Ideal para alimentos ó natural, conservando todas as características de sabor e propiedades.
Tamén é apropiado para preparacións en frío, como Mousse e Bavaroise, para as que supón un molde perfecto, preservando o sabor da interferencia dos outros alimentos que poda haber no frigorífico, grazas á tapa hermética.



Por ser tan facil de usar,(como se pode apreciar), pola comodidade do seu manexo e pola estética, este tipo de Cocotte, estáse impoñendo ás súas predecesoras, da firma Lékué.

25/11/11

Raiña ecofriendly.

Nos tempos que corren ata as Raiñas de Inglaterra, se apuntan ás tendencias Ecofriendly, do mercado.

Sempre atemporal, con un deixe de señora de barrio alto e dende logo sen abandonar esas cores pastel que non favorecen a ninguén.


Por suposto o máis importante, o seu movemento de man característico, que neste caso non gasta pilas, pois a placa solar do seu bolsiño suminístralle a enerxía precisa.

Nesta ocasión Kikkerland mellorou o modelo, engadíndolle a base e orientando a placa solar do bolso para optimizar a enerxía.


Raiña solar por 15.95€, pódela atopar aquí, en rosa ou azul.

22/11/11

Fráxiles corpos.

Diseccionar un polo é o mesmo que facerllo a un marido, ou eso parece que pensa o deseñador Sebastian Errazuriz.
Este artistísima deseñador Chileno creou para Kikkerland, algo que podería interpretarse mal, en paises onde a violencia doméstica fai tanta pupa.
Pero en realidade invítanos a reflexionar.

A táboa do marido costa 18.50 e pódela comprar na nosa tenda online.

O noso corpiño, derriba dunha mesa, cal se fóramos unha víctima dun asasino múltiple; a fraxilidade da vida e finalmente o paso inexorable do tempo e a importancia de utilizalo ben.

O nome da versión feminina lembra algo bíblico, Cutting Board The Better Half. Supoñemos que o deseñador estaba máis místico ese día.



A táboa da muller, costa 18.50 e pódela comprar na nosa tenda online.

Suponse que se temos esta táboa, ademais de para picar a cebola ou algún chourizo, é para ensinala, pois aprender anatomía faise nas facultades de medicina e nas carnicerías.
Por esa razón traen asa, para colgalas en sitios estratéxicos, pode supoñer ademais unha advertencia para quen se pase.


A súa superficie antideslizante pode lograr que un peixe escorregadizo, non remate no chan, que logo fai moi feo poñerllo os comensais.

Non nos responsabilizamos do uso destes productos,
por parte dos nosos clientes.

19/11/11

Macabros deseños.

Despois de ver a tele, sempre é agradable ver como o terror e o macabro poden chegar a ser humor e poesía.
O caso dos obxetos que nos ocupan pode ser un exemplo.

Unha reproducción da momia de non se sabe que faraón, gardará o teu colar de perlas ou os pendentes que máis aprecies.

Xoieiro Mummy por 9.25€, pódelo atopar, aquí na nosa páxina.

Tamén relacionado con este tema, o sarcófago do primo dese mesmo faraón pode ser o regalo que lle fagas este nadal á túa amiga á que tanto lle gusta a ficción e as películas historicas de Indiana Jones.

Xoieiro Tut por 9.25€, pódelo atopar, aquí na nosa páxina.

Indo ó máis obvio podemos pensar no poético e artístico cráneo que contén, en vida o mellor de nós, ou nalgúns casos o peor.
Neste caso trátase dun peto para gardar preciados €uros.
Hucha caveira por 11.80€, pódela atopar, aquí na nosa páxina.

Xa en plan portatil, temos este moedeiro de silicona ca garantía de non sufrir chupaduras non desexadas.
Indiscutiblemente ¿que hai máis poético e romántico que o tema vampiro?
Moedeiro Vampire por 9.25€, pódelo atopar, aquí na nosa páxina.

En resumo a morte: vampiros,caveiras, mómias, sarcófagos e demais efectos post mortem, poden ser lugares para gardar cousas moi apreciadas ou do día a día.

17/11/11

Chaveiros con luz e son .

Hai anos que os fabrican pero segue a ser a chorrada que máis que fascina, o que fan non debería sorprender tanto a todos.
Non sabemos se tocará algunha neurona da nosa frustrada infancia. Freud tería moito que analizar para explicarnos esto.

Chaveiro cámara, por 4.60€, aquí.

Ou será que o feito de soar con un son relacionado ca forma do propio chaveiro e ademais despedir luz, colapsará as nosas funcións perceptivas ?, pero o certo e que apasionan a grandes e pequenos por igual.
Chaveiro parruliño, por 3.80€, aquí.

Un parruliño ou un fantasma de sábana e ollos azuis, conseguirán atraparte.

Chaveiro fantasma, por 3.80€, aquí.

Nunca foi tan facil facer feliz a alguén con tan pouco esforzo.
Só apretar o botón e quedaremos como parvos vendo o que acontece.

15/11/11

Regalos prácticos para cociñeiriños.

Pensando, pensando, os deseñadores de Joseph Joseph, dixeron... ¿Que é o máis útil na cociña e que conseguiría que un home cociñase?
Pois psicoloxía e o básico pra facer pasta e fritir un ovo, en aceite.

Temos que dicir que, por circunstancias, coñecemos personalmente a un actual conselleiro da Xunta, na súa etapa estudante, que intentou fritir un ovo en... auga!!.

Por esto é importante, que se de pequenos, non se lles foi capaz de inculcar a afición, non frustremos ós principiantes, cando xa son adultos,( fisicamente).
Kit básico de cociña Kitchen Set, por 59.95€, pódelo atopar na nosa páxina;
para iniciarse cos medios apropiados.

Ademais da culler de 4 medidas magnética e o escorredor pra unha soa man, inclue:
-A táboa de corte plegable que é un excelente e páctico instrumento, galardoada con varios premios de deseño e ademais ten tres anos de garantía. ¿Que instrumento de cociña ten tres anos de garantía?... Ningún.


-O medidor Spaghetti, pódese regular para calcular dende unha ata catro doses, co que xa non vai ser preciso comer só pasta, durante quince días, por erros de cálculo do cociñeiro.


-O mellor dos inventos, as palas antideslizantes Elevate, que ademais de ergonómicas e non dañar os cacharros antiadherentes... no deixan que a ferramenta toque na encimeira!!!

Todo un deseño para evitar discusións e ter que ir limpando detrás.

Os teus futuros cociñeiros non van ter desculpa.
Prepárate para facer a estratexia.

13/11/11

Máis Windups.

Último modelo da famosa colección de Wind-up do deseñador brasileiro Chico Bicalho.
Moitos mecanismos de corda teñen saido das súas mans, dende o primeiro chamado Critter, no 1992 , comercializado por primeira vez na tenda do Guggenheim de Nova York.

Agora saca, dende Kikkerland o máis pequeniño dos seus bichos metálicos, en acabados brillantes e como son tan pequenos, semella que levan botas.


Ominúsculo pequeno de entre todos os bichos de Chico Bicalho, chámase Pea.Este só mide 4.5 cm. e corre que se mata.

Mecanismo Pea de 11.60€, pódelos atopar aquí.

Só darlles corda e a disfrutar do xoguetiño.

11/11/11

timbres

As novidades deste ano, da firma Kikkerland incluen de todo, pero esto é do máis riquiño e suxerente.

Timbres con unha segunda lectura cándida e inocente, da deseñadora Annie Legroux que están pintados á man, por eso teñen ese aspecto Naïf que os fai tan atractivos.
¿Quen é a bicicleta que non quere ter un?


Diferentes modelos de timbres de 16.20€ cada un;
pódelos atopar na nosa páxina.



Non penses que só é apto para os pequenos, os adultos ainda os atopan máis divertidos ainda .

09/11/11

Outono na cociña.

Á calor da calefacción e co forno posto facendo unha rica comidiña,
tamén se pode disfrutar da casa.

-Servilleteiro gota vermella por 18.60€.
-Porta rollos gota vermella, por 16.85€.
-Bote para kepchup, por 3.75€.
-Colador Scoop de Joseph Joseph, por 11.50€.
-Ensaladeira verde con palas, de Joseph Joseph, por 46.30€.
-Salvamanteis magnético en silicona, por 9.25€.
-Batedor de capuchinos ou espumador cociñeiro, por 7.20€.
-Taboas de corte con silueta de home e muller, do deseñador chileno Sebastian Errazuriz, por 18.50€, cada unha.
-Moldes de silicona para bombóns, de Silikomart, por 6.90€.
-Kit de chocolate Choc-Colata, por 62.90€.
-Molde de silicona amarelo, por 17.50€.
-Molde de silicona verde por 19.90€.

-Cocotte de silicona para vapor, laranxa pequena, por 18.20€.
-Cocotte de silicona para vapor, laranxa grande, por 27.50€.
-Cocotte de silicona para mazás ó vapor, verde, por 12.95€.
-Escorredor plegable Joseph Joseph, por 21.80€.
-Mandil Tarzán, por 12.95€.
-Papeleira Soup, por 45.50€.

08/11/11

Terrorismo de merenda e infusión.

¿Que máis se lle pode pedir á vida?
Facer un atentado, tomar unha tila e falar cos compañeiros de traballo en amor e compaña.


Este deseño de teteira inclue un pasamontañas, á medida, para conservar a temperatura mentres falamos e se concentra a valeriana, case sería o típico capuchón térmico inglés, ou neste caso...¿ teríamos que dicir irlandés?.

Deseño de Jackie Piper W2 Products.
Todo unha provocación para estes momentos políticos...¿ Ou será unha inspiración?

ATeteira terrorista, darache para 4 ou 5 tomas.
reláxate e pénsao antes de facer algo do que te arrepintas;
por 30.75€, pódela atopar na nosa páxina.
Descoñecemos os efectos que pode causar este artigo, pois é novidade na nosa boutique.

Non desexamos que esto semelle apoloxía do terrorismo, que cada un perpetre o que precise... unha manzanilla, unha menta ou se quere ser máis british, pois un té, clásico.

04/11/11

Lectura iluminada.

Fenosa non está facendo ningunha campaña de fomento da cultura. Podes estar tranquila.

Trátase dunha creación que decorará a túa casa, só apta para lectoras de a diario.


Calquera tipo de lectura pode ser apropiada para empregar como tellado da lámpada do deseñador Lee Sang Gin.
Esto consiste en ler ata que desexes e marcar a última páxina, ca propia lámpada; retomando a lectura só con levantar o libro.
Lampada para libros por 46.85€, atoparala aquí.

Xa sabes... elixe un libro, e pon tellado á túa casiña.