26/04/13

Comida pra levar.


Foto dos deseñadores de Black&Blum London.

Da fiambrera , pasando polo "Tupper" ata os novos cacharros térmicos da firma Inglesa Black & Bloom London, hai un longo camiño
.


Feitas con plásticos ecolóxicos, libres de toxicidade, quitan todo complexo de cutre que se poda asociar co tema Tupperware.


Fiambreira térmica, Bento Box, por 17.95€ 
na nosa Boutique.

¿ Quen foi o que dixo que comer na oficina non ten estilo?


Fiambreira térmica, Box appetit, por 19.95€
 na nosa Boutique.

Máis ben esto é un concepto novo de toda a vida.

Trátase dun recipiente hermético que permite levar comidas ó traballo, á praia ou de merendada.
Dispón dun tenedor que tamén corta e según que modelo,  un cunco interior individualizado  ou unha  peciña divisoria pra separar o polo da ensalada ademáis dun cacharriño aparte que vai dentro, pra salsiña.

 Dúas capacidades, pra  escoller.




Á bolsa térmica con asas e peche de velcro, pódeselle meter dentro un vaso ou unha peza de froita, se queres ser saludable e ademáis pódese usar como un precioso mantel 
individual.

Bolsa térmica, Box appetit, por 8.40€ na nosa Boutique.

17/04/13

NOVABOUTIQUEU-LA

Despois de meses de inactividade aparente, temos un novo proxecto, con nova ubicación.

Trasladámos U-LA Boutique  á rúa paralela:Velázquez Moreno Nº 44, moi perto da anterior U-LA. Máis grande e con máis luz.
Xa postos reseleccionamos os nosos productos, para ofrecer algo que sorprenda, un pouco máis ainda.
 Non albergamos pretensións que non sexan terapéuticas e beneficiosas pra os nosos clientes, sabemos que todos necesitamos, actualmente, algo de desconexión, sorpresa e humor.

Esperamos  que o espírito do personaxe que da nome á rúa, nos guíe,  pois como algúns saberedes  foi a  este Riojano, Norberto Velázquez Moreno, ó que se lle debe, entre outros logros, o primeiro teatro  do que disfrutou esta cidade.

O noso non é o teatro pero tamén somos espectaculares e... unha brisa que rexuvenece esta cidade.

Vistas da fachada dende o cruce con r/ Progreso.

Agardamos que a nosa nova selección de productos vos agrade tanto como a nos, novas marcas e novos productos das nosas marcas emblemáticas, fan un popurri que refresca e soluciona compromisos enchendo estes de orixinalidade.

Vistas do interior dende porta de entrada.

Esta vez, pra esta nova tenda, a inspiración é o espírito cosmopolita que nos invade e que obtido nas viaxes ó redor do mundo mundial, fainos ver o noso microcosmos dun xeito diferente ó que nos ensinan na TV ou na prensa. 
U-LA nace con unha adaptación ós tempos que corren,  renovadores... á forza, cambiantes... por decreto, pero ó final ...estimulantes.

Vistas do escaparate da apertura.

Invitámoste a compartir con nós, esta mirada pallasa ó que nos rodea, con ironía, humor,  sarcasmo e bo gusto...na maioría das veces.
.