29/03/11

Amigos da ecoloxía.


Como estamos Ecofriendlysimos, esta temporada incorporamos unha das nosas máis preciadas novidades.

"Xoguetes solares" que resultan se-los máis famosos de Europa;( pois tampouco é que sexan moitos no mercado).

Son Alemáns e dunha calidade extraordinaria, dispoñen de células solares feitas dun polímero da industria aeroespacial, que garantiza a estabilidade do producto pra uns 20 anos.



Este pequeno avión, xira ó redor do seu soporte, valéndose das células que ten derriba das alas, á vez préndenselle as luces que ten debaixo .


Este tipo de tecnoñoxías levan máis de 30 anos no mercado, pero ainda resulta dificil atopalas, por motivos evidentes de novidade e pola desconfianza infundada, dos consumidores.

O funcionamento destes aparatiños é común a todos eles, actívanse ó contacto ca luz solar directa ou luz artificial intensa.


Os fabricantes deste vehículo, afirman que é o coche solar máis pequeno do planeta.( 33 x 22 x 14 Cm. ) Dispón dun eixo que o dirixe no desplazamento; como se pode ver no vídeo:




A casa solar con doble función; ecolóxica e pedagóxica, pois ademáis de podérselle prende-la luz no interruptor, poderemos sementarlle herba e ver como medra unha microhorta, suministrada, de xeito compactado e que só hai que regar.



Non poderíamos deixar de lado os muiños de vento, tan presentes nos nosos skylines.

Nas versións portaclips para oficina e tamén a versión de madeira.





O que máis simpatías desperta e o grilo solar, ó que aproveitando o parecido da súa carcasa, sustituíronlla por unha pequena célula solar.

Podemos velo en acción neste vídeo:




U-LA Boutique, sempre ca ecoloxía, o progreso e a evolución.

25/03/11

Enxeño no traballo.

-Corcho porta-notas con claviños en forma de abetos, Memo Mountain de Reddish Studio para Monkey Business.
-Lata de sardiñas con trinta clips en forma de peixe, de Ototo Design para Monkey Business.
-Porta-fotos e porta-notas Freddy de Itay Ohaly para Monkey Business.
-Porta-notas hipopótama, Bianca de Yaacov Kaufman para Monkey Business.
-Xogo de dous soportes magnéticos Arrow de Peleg Design para Monkey Business.
-Caixa desmontable, Boox Store de Peleg Design para Monkey Business.
-Xogo de magnéticos Xesucristo de Nazareth de The Unemployed Philosophers Guild.

Delicadeza e sensibilidade.

Todo da firma xaponesa Mark's Europe:
-Libreta de notas e porta-todo, A6 da colección Storage.it.
-Plumier, Radio-casette recorder da colección Graphia de Tokyo Edge.
- Notas adhesivas,Memo-pad Trunk da colección Graphia.
-Caderno de notas con peche de goma, My daily life.
-Porta-todo, block de notas Smartphone da colección Storage.it.
-Rollos de cinta Masking Tape.
-Libretas de notas e porta-todo estampadas, Atelier Izc, con Bolígrafo magnético e Sticky-notes dentro.
-Calculadoras violeta e rosa, Graphia.
-Sticky-notes da colección Scrapaholic.
-Libreta de notas Cyborg de Ishimori Shotaro, da colección Cool-J Manga Series.

Ecofriendly


A firma que deseña e produce esto, é Inprosolar de Alemaña.
-Movil de aeroplano xiratorio con enerxía solar.
-Muiño eólico solar de madeira.
-Muiño eólico solar de ABS.
-Grilo solar.
-Minicoche solar.

22/03/11

Deseño práctico e Xaponés.

En anteriores Post, deste Blog, xa temos falado da firma Nipona con sede en Europa: Mark's Europe. Tamén comentamos algo, do seu famoso deseñador , Yositomo Nara, e das creacións Naïve ou Kawaii. Agora presentan as novas coleccións de papelería, con un sopro de ar decimonónico e unha suma de elementos orientais e europeos que ten un deixe moi cosmopolita.
Como de persoa viaxada e nada facil de clasificar.
Album de 36 fotos de 10 X 15 Cm, con peche magnético.
Libreta de notas , con follas de raias.

Na vertente máis cool, están estas libretas da serie Cool-J Manga Series.
Ishimori Shotaro, fixo estas portadas e interiores, tan Kawaii, con unha perforación na pasta que deixa ve-lo estampado do interior. Continuando cas edicións limitadas que a marca fai dende hai uns anos.

Libretas de notas con follas interiores estampadas.
Libretas de notas con follas interiores estampadas.

Unha das coleccións máis famosas da marca é a chamada, Storage.it; trátase dunha serie de libretas, cadernos, diarios, etc. que se caracterizan por estar encadernadas con funda de plástico transparente no exterior, que á vez é unha especie de neceser ou plumier onde se pode garda-los bolígrafos, tarxetas de visita, calculadoras, smartphones, gomas e todo o que precisemos, que sexa máis ou menos plano.
Podéndonos quedar tranquilas por non perdelo, pois teñen un auto-peche hermético deslizante, similar ás bolsas de conxelar.
Ademais dispoñen de un accesorio soporte de bolígrafos e varios petos interiores, que farán as delicias da máis escrupulosa maníaca da orde.
No noso país é toda unha novidade, pero no Xapón, xa o teñen copiado outras marcas e é xa un clásico da papelería.

Libreta de notas con encadernación do sistema Storage.it.

Outra novidade son as etiquetas adhesivas, tipo post-it, que para chama-la atención e para ser máis glamourosas, utilizan formas e estampados de épocas anteriores.
As da colección Scrapholic son perfectas para apuntar calquera anotación case íntima ou con cariñosos contidos.

Taco de notas adhesivas Scrapholic.

Nesa mesma dirección van as cintas Masking Tape, porta notas.
Son tiras adhesivas de 10 m. de longo, que se poden romper ca man e escribir por derriba.
Boas para facer sobresair un engadido a un traballo rematado, para destacar comentarios, para pegar fotos, etc.
A súa estética, os estampados miudiños, están dotados dun espírito de delicadeza xaponesa.Todo un exito de hai cinco anos no mercado francés.

Cinta para anotacións, Masking tape.

A calculadora ainda non desapareceu das nosas vidas, e a forma deste modelo da colección Graphia, é tan práctica que se fai querer.
Dispón dunha fenda en forma de clip, na que se pode meter pastas, encadernacións, etc. Que nos permite deixala sempre diante dos ollos, preparada para o traballo.
Calculadora Graphia.

Máis novidoso e o plumier da mesma colección Graphia, que dispón de petos suficientes con capacidade e variación de tamaño como para perde-las cousas dentro.
Portabolis, Radio-casette recorder.


Organízate, estámpate e decórate para traballar mellor e máis cómodamente!!
con U-LA Boutique.

21/03/11

Preparados para a nova estación.


Todo o escaparate está editado por Pylones:
-Flexos de sobremesa Globe Troter de Crea Crea.
-Lámpadas de teito Globe Troter de Crea Crea.
-Mesa e cadeiras plegables de Crea Crea.
-Paraugas Chapka de Vanina Crescioni.
-Funda de gafas Voyage de Crea Crea.
-Pulverizador Spray Medor de Crea Crea.
-Tesouras de xardín Secator2 de Crea Crea.
-Fervedor eléctrico para auga, Bizancio de Crea Crea.
-Termo Mini Keep Cool e Keep Cool de Crea Crea.
-Raiador Nonna de Crea Crea.
-Coitelo de pan Mordicus e coitelo de queixo Beau & Fort, de Sam Froid.
-Abrelatas Butterfly de Crea Crea.

18/03/11

Traballar con humor e filosofía.

De novo, dispoñemos dos irreverentes productos da marca norteamericana, TheUnemployed Philosophers guild, de Brooklyn-N.Y.C.
Ideales para a oficina ou para a nosa casa.

Esta marca, da que xa temos falado, destina parte dos seus beneficios a organizacións ecoloxistas ou de tipo caritativo, como Médicos sen fronteiras, Women for Afghan Women, Kids For A Better Future, entre outras.
No ano pasado dedicaron 50.000$ a esas causas.
Os imáns, con roupa tipo recortable, están feitos de láminas magnéticas impresas que se poden superpoñer, dándono-la posibilidade de vestir con diferentes prendas ó famoso modelo.

Xesucristo, Freud, Einstein, etc. son algúns dos escollidos para perpetra-lo atentado, non sabemos como non son denunciados por algunha fundación, grupo relixioso ou herdeiros de..., por que ainda que non resulten ofensivos, non todos temo-lo mesmo sentido do humor.

No traballo ou na casa, podemos disfrutar da peza estrela da firma, Jesus shaved mug, unha cunca que che axuda a socializar, e xenera temas de conversa, diferentes ó tempo atmosférico ou ó consumo dos coches diesel ou gasolina; e que ten a particularidade de que ó enchela co café quente, desaparéce-lle a barba ó Noso Señor Xesucristo:


Seguindo nesta liña de desaparicións térmicas, temos a popular orella de Van Gogh, que por suposto, tamén desaparece ca calor.


Por último, nombra-los Sticky notes, son notas adhesivas, onde poñer comentarios, avisos ou simplemente utilizalos como marcas en textos ou publicacións:
A curiosidade deles é a temática e a súa forma variada, que ven troquelada con motivos relacionados co personaxe, ás veces con comentarios ou frases,etc; e todo esto presentado nun libriño ríxido que axuda conservalos en bo estado mentras non se están usando.


O mundo da arte e os famosos , continuan sendo o leimotiv das súas creacións.
Tamén emblemáticas imaxes, forman a colección.

Humor, sarcasmo, irreverencia, verdadeiros e necesarios instrumentos para loitar contra o pesimismo e o desazo.

En U-LA Boutique temos estas armas para ti.

15/03/11

Imaxinación de sete brazos.

De novo, Monkey Business, presenta colección de obxetos imprescindibles.

A firma isrraelí, que continúa conservando o bo humor e a creatividade a un nivel de sobresainte, aporta máis productos enxeñosos e cheos de contido.

Filtros de infusión que lembran pezas musicais, cumplindo unha función como a de axudar a prepara-la infusión doblemente reconfortante, grazas ó mensaxe humorístico que se sumerxe nela.
Tea Sub - Monkey Business
Teasub de Ototodesign. Novos deseñadores recén saidos da escola, pero con moito futuro.

Moitas destas xoias da creación, son dun tamaño case insignificante.
En forma de xouba, golfiño ou marraxo; como estes clips para papeis, pero que cando os vemos, a pesar das súas reducidas dimensións , quedámonos prendados deles.
Sardines, clips metálicos enlatados, tamén de Ototodesign.

As grandes feiras do sector, dispoñen de pabillóns xigantescos e con productos sorprendentemente atractivos, incluso para os profesionais que leven moito tempo no tema; Ainda así os productos desta editora, fundada nos anos 90, son tan atractivos, que nestes eventos sempre hai unha morea de persoas que rodean o stand e crean unha expectación inexplicable.

Arrow Bookends - Monkey Business
Arrow, soporte magnético para libros, de Peleg-Design.

Noutras pezas hai segredos compoñentes que quedan ocultos, pero que dirixen a mirada e a a curiosidade ós nostálxicos libros, ainda que os doús, ( tanto soporte como libros), sexan hoxe decorativos e mesmo estén en desuso.
Obra do estudo de deseño Peleg-Design.

Hai varios factores que actúan de nexo entre estas creacións, todas elas, tan diferentes.
Ademáis dos xa citados noutros post, ( humor, poesía,etc, ) e que posiblemente expliquen o efecto imán, que provocan.
Un deses puntos, é o efectismo escénico, tanto cando se usan como cando están no seu sitio habitual. Outro é a cantidade de referencias imaxinativas que despertan na nosa mente, tanto da cultura pop, do cine, do comic, como doutras fontes igualmente suxerentes.

Morris, portanotas, de Yaacov Kaufman.
Bianca e Lenny , evolucións do deseño.
Moitos detes productos son auténticas obras de arte Prêt-à-porter, listas para levar, pois teñen a súa orixe en pezas únicas de caracter artístico, de autores recoñecidos internacionalmente, como é o caso do modelo orixinal, en madeira, do burro Morris de Yaakov Kaufman. Que deu orixe ó primeiro burro Morris desta firma e ós dous novisimos Bianca e Lenny, camela e hipopótama, que ademais de levar ó lombo un taco de notas, poden expoñer na súa pinza-boca obxetos e notas.

Tamén é deste autor a torre de boligrafos, Pen Tower, apta para calquera oficina ordenada, que se precie:
Hai creacións que son ideas tan evidentes que poderíamos pensar que xa se nos ocurirían a nós, se non as vísemos xa editadas.
O abano que forman as plumas do pavo real, é un expositor de notas ou fotos.
Freddy Feathers , soporte para fotos, notas etc, de Itay Ohaly.

No campo do menaxe, sempre moi socorrido, tamén fan as súas piruetas.
Sal e pementa caendo do ceo, eso si, cheo de nubes de porcelá. Poesía da que nos gusta a nós.
Salpementa Rain Shakers, de Sooda-Meyer.

Tamén nos axudan a encontrar solucións estético-simpáticas ós nosos problemas diarios: ¿Poñer unha cutre pinza ás magdalenas, ou non poñela e deixar que se poñan resesas?
Pola mañán, ó erguerse, non asustaremos ó noso novo ligue, ó ver o pouco imaxinativos que somos.
Jungle bag clips de Amidov.

Deste estudo, Amidov, sairon escenografías, obxetos únicos, equipamento médico e moitas colaboracións interdisciplinares, pois teñen un concepto un pouco renacentista, do deseño.

Unha xoia para a oficina, bucólica montaña, con abetos de diferentes cores, suxeitarán as notas, fotos de familia, etc, na liña do horizonte alpino, que crearemos con este simple elemento.
Os deseñadores desta peza dispoñen dunha increible páxina que é aconsellable ver: Reddishstudio.
Memo Mountain de Reddishstudio.

U-LA Boutique aporta solucións á túa vida.

12/03/11

A cociña e o relax.

Electrodomésticos que miran por nós, ferramentas de cociña que pensan , moldes de última xeración, etc, novidades para quen quere lucirse e disfrutar do relax na casa.
Dende unha fonte de chocolate, para bañar en cobertura doce a froita que xa empeza a aparecer no mercado, ata unha radio torradora, de dúas rebandas, para face-lo almorzo completo, sen desperdiciar un momento.

¿A quen non lle gusta prepararse un reconfortante postre a base de sanas froitas?, sen estraga-lo tempo. Ver como, nuns minutos elaboramos unha delicada sobremesa Nouvelle Cuisine, que deixe ós invitados ca boca aberta.

Só poñerlle o chocolate e enchufa-lo aparato.
Son da firma Balvi, de Barcelona.








Outro dos productos exitoso, e que nos deixará quedar como un chef de Estrela Michelín, é a Pesciera, o recipiente para forno, ou para facer peixes ó vapor no seu propio xugo; da marca Italiana Silikomart. Feito en silicona de uso alimentario, que dende hai máis de dez anos xa se ven usando nas cociñas de todo o mundo.
Pódese usar para cociñar no forno calquera comida, pois a silicona é adecuada para este uso.
Resiste o lavalouzas e ademais pode ir ó conxelador.

Sempre que atamos un alimento para cociñar, temos que desatalo antes da presentación , pero con estas bridas de silicona da marca Silikomart, non precisamos facelo, queda incluso mellor con elas.
Outra ferramenta, que estamos seguros, se transformará nun útil indispensable nas tardes do domingo, a espátula con medidor de temperatura, para os máis chocolateiros.

Cando fundímo-lo chocolate no microondas, convén movelo para evitar que se queime, este instrumento marca a temperatura apropiada para usalo en bombóns e demais preparacións.

Precisamente estes moldes de bombóns chamados Easychoc, son a cousa máis cómoda de empregar e dan resultados profesionais, mesmo utilizándoos para outros usos.





Deixámosvos uns videos do escorredor multifuncións Scolapasta, plegable de Silikomart, realmente práctico para estas amplas casas de 35 metros cadrados, pois plegado, ocupa o mesmo espazo que un prato de postre:


Outro video que educa e ilustra, sen deixar secuelas traumáticas, é este dun recipiente da mesma firma, chamado Cocotte, para cociñar ó vapor similar á Pesciera, pero máis simple:



Como esquece-las lenguetas de silicona , para evita-las raiaduras dos antiadherentes e para repaña-las tarteiras quentes, xa que resisten ata 260ºC. Son da marca Inglesa Kitchencraft, miden 36 Cm, e están estampadas para dar que falar.

En U-LA Boutique, imaxinámoste xa co mandíl e estamos pensando en dar receitas de cociña ós nosos usuarios.

09/03/11

Orden e progreso.


A compañía que nos tenta convertir nuns ciudadanos ordenados e en armonía ca tecnoloxía, chámase Driinn, con sede en Holanda e producción en Italia, trátase dunha pequena empresa con grandes e intelixentes ocurrencias.
As proliferantes tecnoloxías complemento, ( as que van con nós a todas partes) non teñen que supoñer un desorden nen unha loita interior, estos accesorios axúdannos a resolver a cuestión dos cables.
Os iPod, Mp3, teléfonos, iPhon, PC, etc, nesta avanzada era, ainda precisan "cables".
A solución é o modelo Bobino, que se fabrica en tres tamaños diferentes para distintos diámetros de cables.
É sabido de todos que os informáticos adoran os cables de diferentes cores e grosores, feitos unha maraña.
Pero o resto do mundo non é tan pouco escrupuloso e algúns, incluso preferimos diferenciar de que é cada fío e a quen pertenece. Tamén os máis extremistas limpan debaixo dos ordenadores e teñen que move-los cables.
O seu primeiro producto editado e patentado, outro dos productos imprescindibles é o Driinn, un soporte para o cargador do movil, que ademais evita te-lo rodando polo chan.


A novidade da edición deste ano é que se pode PLEGAR, quedando plano e de xeito que só ocupa uns milímetros de grosor, así podemos levalo con nós ou metelo en calquera sitio.
A firma acumula xa certos premios ó deseño e dende U-LA Boutique, estamos seguros que continuará aportando solucións interesantes para a nosa tecnolóxica vida.