06/04/15

2º ANIVERSARIO en r/Velazquez Moreno.

Como dicía o profe de latín: "Tempus fugit"...o tempo voa, fuxe e corre, e xa van dous anos na nosa actual ubicación.

Por esa razón, conmemorámolo con uns fantásticos superdeseños de REGALO dunha firma andaluza, que vai rachar con todo e que eleximos co noso bo gusto e o noso característico humor.
Estos Sevillanos de Superbritánico, levan desde o 2013, ca edición de  auténticas xoias da traducción literal, que case todos nos fixemos, na nosa época escolar e que agora... nos parte de risa.
Ata agora, en toda Galicia, só hai productos de Superbritánico na nosa Boutique, aprobeita e sé un coolhunter,  podes ser o primeiro en maracar a tendencia.


Nicholas Isard, Marielle Lambrun e Daniel Vivas xunto do Superbritánico

Pensamos que estos ditos populares en version "Superbritánica" definen a nosa boutique, ós nosos clientes e ás nosas clientas.

Deste xeito regalaremos, DURANTE ESTOS DÍAS, cinco deseños das "Superbritánicas" bolsas feitas en algodón orgánico 100%, por compras superiores a 40€.





Para que os que compren máis de 15€, tamén haberá outro regaliño, as chapas "Superbritanicas".


Lembrade que  todo esto non está a venta só temos as unidades contadas pra regalarvos e que cando se rematen non haberá máis.

17/02/15

DESPERTARSE COS FAMOSOS

Ver unha cara coñecida ó erguerse do noso sono, é sempre mellor que levantarse con descoñecidos.

E seguramente estos, dos que falamos,son familiares pra nos.


Lego, é a marca que nos trae esta serie de famosos amigos.

De momento só uns cantos personaxes do cine, son os seleccionados, pero...¿ quen sabe se estos aumentarán co paso do tempo?
  Estos son moi simples de usar e programar. De feito son recomendados para maiores de 6 anos. Ainda que somos os adultos os que realmente os queremos.



Starwars, superheroes e algúns protagonistas da película Legoland, integran este grupo de Despertadores.




Dispoñen de luz que se activa ó pulsar na cabeza, ademáis utilizan pilas AAA, as de toda a vida, que sempre é de agradecer.




Ainda que están articulados como corresponde ós bonecos miticos da marca, a escala maior engádelles un atractivo especial.