28/06/10

29 de Xuño: Dia mundial do deseño industrial.

World Industrial Design Day

No 2008, en Toronto, no 50 cumpleanos do Consello Internacional de Sociedades de Deseño indùstrial ICSID, representando a mais de 150000 deseñadores de 50 paises, decìdese instaura-lo dìa 29 de xuño como o seu dìa de conmemoraciòn e reflexiòn. Xa que colectivos como as mulleres, os gais ou incluso a natureza, teñen o seu día, ¿Por que non os deseñadores industriais ?

¿Que reflexiòn?
A principal è si os obxetos que nos rodean nos poden ensinar quenes somos e o que queremos ser nesta vida. Cuestiòn bastante ambiciosa, pero pode valer como unha desas preguntas de autoaxuda. Esto lèvanos a pensar en cousas profundas, como a propia identidade e outras mais superficiais como o consumismo.
Un pensamento apropiado sobre un mesmo e a identidade è o que a "agrado",( personaxe con un humor e pràctica filosofìa de supervivente, propio da sua condiciòn de transexual) pronuncia nunha pelìcula de P.Almodovar, "Un è mais autèntico canto mais se parece ò que un sempre quixo ser", frase que xustifica tanto ciruxìas plàsticas como valiosas xoias ou carìsimos coches pero que resume a aspiraciòn de todo ser humano: a INDIVIDUALIDADE.

En canto ò consumismo, probàbelmente estamos nun momento convulso para redefinir esto, mais è posìbel adiantar que os cambios que se produciràn, estaràn relacionados coa sostenibilidade.
Traducìndose a nivel da rùa en consumir productos de xeito mais esixente e seleccionando aqueles que satisfagan moitos aspectos das nosas necesidades, quedando marxinadas as compras masivas, superfluas e incluso aqueles que as realicen.
A proba pode ser o empalago que nos producen imaxes de producciòn masiva, como estas:

20070627-Fabricas_de_China_1.jpg

Outra relexiòn, mais mesìanica, è si o deseño salvarà ò mundo , si o ten que salvar, de que o ten que salvar e si è preciso que o salve. Materia para as sesudas mentes dos teòricos do deseño.

Seguramente todo esto fainos pensar sobre o valor autèntico dos productos.
Tom Peters , recoñecido como o mais importante pensador de temas empresariais do mundo, di que o valorautèntico do que compramos, non è sò tanxible senòn que ademais estes productos "axudan òs clientes a se convertir no que queren ser", ¿Quen se atreve a poñer prezo a esta axuda?.

Vemos que esta gran reflexiòn parècese à do personaxe, antes citado, de Antonia San Juan en Todo sobre mi madre, esto pode valer de "trait-d'union" cas nosas reflexiòns.

Nos en U-LA Boutique, seguimos a ofrecer productos que axuden òs clientes a sentirse ben.

24/06/10

Raibow makers, invenciòn bucòlica.

A creatividade ò servizo do humor è de agradecer,mais ainda hoxe que tan serios nos poñemos.

David Dear è o deseñador de este artefacto, o inventor e humorista vive e traballa en Nova York, para a firma kikkerland; que nos inunda con productos de deseño pràctico e extravagante. Presente en moitas tendas de museos e de deseño de todo o mundo.



Deste xoguete solar, hai moito publicado desde a Vogue americana, The New-Yorker, Time ata outras revistas europeas, todas coinciden no lùdico do obxeto.

O invento è solar: pègase con ventosa na parte interior da xanela, desde donde ,coa enerxìa que recolle, move un cristal de Swarovsky atravès do que se multiplica a luz e prodùcese un efecto de arco iris, proxectàndose por toda a estancia.
Esto da moita serenidade, armonìa, paz e boas vibraciòns, trasladàndonos òs contos e pelìculas da nosa infancia.
Tamèn hai a versiòn con tubiños metàlicos que producen son de bucólicas e hippies campaiñas.

En U-LA Boutique, os teus nenos van a disfrutar mais ca ti.

22/06/10

O deseño que mata: moscas


Consultadas varias fontes, determìnase que estos animais dispoñen dun sistema de axuste da sùa posiciòn de descanso; para arrincar a voar na direcciòn oposta, cando se sinten ameazados.

Tendo en conta que poden responder con un movemento en 200 milisegundos, o ùnico xeito que hai de sorprende-lo insecto è non apuntar à posiciòn inicial, apuntar à posiciòn de escape.

È de supoñer que estes factores foron tidos en conta à hora de deseña-los matamoscas dos que ìmos falar.

Fly Flap, è un suxerente asasino con forma de à, con calados polos que pasar o ar para non avisa-las moscas da sùa aproximaciòn.
Està editado por invotis, que desde Holanda, traballa desde hai 15 anos; para ofrecer productos que se caracterizan polo seu contido poètico e as veces sarcàstico, pero sempre dàndolle a volta incluindo unha mensaxe reflexiva. O seu deseñador, de Rotterdam , Ramon Middelkoop (1971) traballa con Royal VKB, Duo Design ou Chi ha paura?.

Click here for larger version
Dr Skud, è un pràctico e estètico obxeto que se mantèn de pè, observando às sùas posìbeis victimas. Este efecto consìguese con un tramado de mais fino a mais groso, que è inalterabel. Pode parecer estampado sobre a superficie, pero non è asì; incluso visualizaremos o efecto do rostro sò en determinada posiciòn.

Està editado por Alessi, empresa familiar, xigante do deseño que desde 1921, traballa cos deseñadores mais prestixiosos do mundo. Comercializando desde pezas emblemàticas de aceiro, ata productos de plàstico mais lùdicos e divertidos, estos ùltimos, estàn sendo verdadeiramente criticados polos profesionais teòricos do deseño, por considerar que non son dignos.

O seu creador è Philippe Starck(1949), fillo dun deseñador de aviòns. Philippe seguramente terìa unha nenez repleta de chambonadas feitas por el mesmo e que se manifestaràn en toda a sua controvertidìsima traxectoria, que arrincando de director artìstico de Calvin Klein, òs seus 20 anos, o levou a deseñar desde controis remotos, TV, telèfonos, semàforos, ata a casa de goberno de F. Mitterrand, o Hotel Royalton, a boutique de J.P.Gaultier en Paris e incluso o tren de alta velocidade Eurostar.
Hoxe, na sùa "privilexiada" situaciòn è venerado e odiado contemporaneamente. Incluso el mesmo se cuestiona, seu papel, os seus deseños e a situaciòn actual do consumismo e a transcendencia do deseño.

Poderìa vir à nosa boutique con toda tranquilidade, aquì non o cuestionaremos,U-LA Boutique confìa nel.

21/06/10

Cow Parade

En Irlanda e en Galicia, hai anos medìase a riqueza das familias en funciòn das vacas que tiñan.

Moitos coñècemo-la cow parade desde hai tempo, pero non todos saberàn que naceu como un sistema de marketing.
No 1998, en Zurich (Suiza,tamèn coñecidos polas sùas vacas) o escaparatista,Walter Knapp, para promocionar unha tenda, decidìu encargar ò seu fillo, Pascal Knapp,(coñecido localmente polo seu traballo como escultor) uns modelos de vacas de fibra de vidro e resina de poliester, en tamaño natural.
Pascal, invitou os seus amigos artistas a decorar algunhas das vacas e crearon asì 100 diferentes, cas que encheron a cidade.
O remata-la exposiciòn, os propietarios das vacas, subastàronas e doaron os beneficios òs nenos con cancro.


Esta è a prehistoria da cow parade, pero durante esta exposiciòn un empresario do calzado de Chicago, Peter Hanig, interesouse por repeti-lo fenòmeno artìstico na sua cidade, a alcaldìa aceptou a proposta e con 340 vacas, convertìronse na segunda cidade vacadicta.

Logo destes exitos , un despacho de avogados de Nova York, adquire os dereitos e funda o que coñecemos como Cow Parade Holding Corp; instituindo oficialmente a marca e sentando as bases para a difusiòn do fenòmeno e sua parte benèfica.


En 10 anos, de Atenas a Wiscousin, mais de 50 cidades, mais de 5000 vacas deseñadas por mais de 10000 artìstas que foron vistas por 200 millòns de personas; poderìamos pensar que este sexa un dos maiores acontecementos artìsticos pùblicos do mundo, ou cando menos o mais popular.

Esto permite que a arte sexa accesibel, conceptual e practicamente; nun entorno urbano e a todo tipo de personas, (incluso famosas, como veremos) resultando moi estimulante, divertido e à vez invita a certas reflexiòns, xa que sempre està ben utiliza-las neuronas para algo mais que para ve-la tele.

Unha curiosidade è que os temas de inspiración, nunca poden estar relacionados con polìtica relixiòn ou sexo.¡¡ Asì non se discute !!.


Sobre a parte econòmica hai que aclarar que toda-las vacas das exposiciòns subàstanse, (ata o momento recaudàronse 13 millòns de euros), chegàndose a pagar 110.000 dòlares por un exemplar, destinando os fondos para fìns benèficos no pais da exposiciòn.

Os compradores son de todo-los estractos sociais. Entre os famosos: a raiña Isabel deInglaterra, Elton John, Ringo Starr ou o rei de Xordania, pero tamèn personas normais.

De entre as vacas espostas, seleccionanse algunhas para a sùa reproducciòn e comercializaciòn, e anualmente, parte destes beneficios dòanse para asistencia pùblica ou privada.
Estas pezas vèndense en varios tamaños e a maior parte pìntanse à man. Fanse en poliresina ou en porcelana con ocasionais engadidos de outros materiais.
En España celebrouse a cowparade en varias cidades ( Vigo no 2007); a ùltima foi Madrid, deXaneiro a Marzo do 2009 e pintaron vacas grandisisimas deseñadoras todo terreo, como Agata Ruiz de la Prada e dese mesmo mundo do motor como Fernando Alonso ademais dos concursantes de Gran Hermano.


Algùns artistas traballaron en serio como os autores desta vaca, chamada Verònica que foi seleccionada para a sùa reproducción e venda, de Oñate & Mladem Vladin:


No ano 2001, cow parade foi considerada como unha das 10 mellores ideas de marketing do mundo, pola revista Advertising Age.

En U-LA Boutique traballamos con esta firma desde o 2003 e somos vacadictos tamèn.

12/06/10

Aforro, pero con imaxinaciòn.


Este san costume, adquirido na infancia, fai sentir que nos diriximos hacia algùn obxetivo ,¡¡non estamos perdidos na vida!!, temos un proxecto para o que xuntamos, pero esto non nos forza a encher de diñeiro calquera cacharro feo e con tapa, aforar non è incompatibel con cultiva-logusto polo deseño con imaxinaciòn e poesìa.
A firma alemà Ritzenhoff, edita todo-los anos estos petos de porcelana, coleccionabels, de deseñadores prestixiosos dese paìs.

Como agasallo para recèn casados e como un bo comenzo, Present time ten sacado este modelo, imposibel de desbalixar sen que a outra parte da parella o perciba pois non ten tapa, para saquealo è preciso rompelo co martelo que ven incluido.

Tamèn desta firma, è o tubo para moedas de dous euros que de xeito gradual, vainos indicando a cantidade que xuntamos e ca que poderemos comprar un videoxogo, unha guitarra, unha cadeira de deseño, un fin de semana en berlìn, etc. Apropiado para quen necesita estìimulos concretos.
Un clàsico revisado è o porquiño de Liz goulet para Fred Studio; con estampado de despece carniceiro, donde nos explica como se canalizaràn os teus aforros: liposucciòn, terapia, donuts, entrenador personal, caridade, etc. Unha verdadeira charcuterìa.



Un obxeto desexado e decorativo, alusivo ò concepto de acumulaciòn è o lingote de ouro de Yvonne Doornbos para Present Time. Todo un obxeto poètico con un compoñente romàntico e que pode satisface-los desexos mais avariciosos de calquera.
Por ùltimo, mais que para aforrar, para esconde-los nosos segredos baixo chave e nun lugar insospeitado, està esta tìpica caixa de cereais de Balvi que impedirà que os cacos podan dar cos vosos tesouros e ademais evitarà que usemo-los botes de confitura que ademais de cutres son transparentes.

En U-LA Boutique tamèn cremos nas utopìas.Caja fuerte Flakes & Fruits metal/papel Balvi

10/06/10

Xoierìa de autor,Joi D'art


Colecciòn Simone de Mar Vidal para Joi D'art.


Xoierìa de autor,Joi D'art


Colecciòn Zuco de Cristina Julià para Joi D'art.



Xoierìa de autor,Joi D'art


Colar de coral xenuino, sen pulir e ambar de Joi D'art Plus.



Xoierìa de autor,Joi D'art

Colecciòn Cilia, con Swaroysky, de Joi D'art Plus.



Traballa con alegria.


Mugs : 10C,286C, 484C, 137C, 376C e libretas de notas 186C e 021C de Pantone para W2 Products.
Deadfred de Yann Le Bouedec para Suck UK.
Enrolladores de cables de tres utilidades de Bobino.

Deoorte operacion bikini.

Pulsòmetro e reloxio con monitor de frecuencia cardìaca; cronòmetro e pulsòmetro de Oregon Scientific.
Radio e autofalante para ipod, MP3, etc de Pilma Disseny.
Cool Bag de Suck UK.
Memoria USB con caixa de casete de Kikkerland.

Mesa de primavera con Pylones

Teteira electrica Byzance, raiador Nana, aceiteira Oli, coitelo de pan Mordicus, coitelo de queixo Beau&Fort, peladora Samurai, palas de ensalada Quelle Salade, Saleiro de corda Rolling e abrelatas Papillòn, de crea crea para Pylones.

Premio estival



Bodyes : El sobrino, Presidenta del club de fans de papa e Marques de la casa, de Papalote.
Pixamas:Salvemos la tierra, Angel demonio, Practicas L e Ladròn de sueños, de Papalote.

Mesa-cesto Panier, de Roman&Erwan Bouroullec para Kartell.

Puzzles coches de mic-o-mic.
Coches desmontabels de Calello para Automoblox.
Cabeza de Dinosaurio, antifaz vaca e flotadores de J.I.P. para Present Time.

Latas de Derrière la porte.
Caixa con pinturas de Addex.
Boligrafos Serpent de Kikkerland.
Lapis+afia+goma de crea crea para Pylones.
Funda de platano de Modernhaus.
Baveiros, bolsiña cruzada e bolsa tèrmica de crea crea para Pylones.

Kids cup e culler lalu-lala de Donkey products.
Culler Souper de carl Mitsch para Fred Studio.

04/06/10

Dormilòns actualizados

Algùns de nos, lembraremos aqueles animais que vivìan derriba da cama. Tràtabase dus peluches que, despois de abrirlles a cremalleira da espalda, como si de ciruxìa medular se tratase, chuzàbamoslle, cas nosas mans de meniño, o propio pixama; este quedaba elegantemente camuflado, nutrindo o bichiño que adornaba a cama.

Estes dormilòns deseñadìsimos , son de Catalina Estrada, colombiana afincada en Barcelona desde o 99.
Esta deseñadora gràfica, ilustradora e artista plàstica, de traxectoria increibel, ten como clientes a Coca cola, Microsoft, Sony, Nike, Levis, Paul Smith, Custo, Camper, Marks and Spencer, Unicef, Honda ,Smart e ata o concello de Londres ou Barcelona, que a elixiron para dar òs seus productos alegrìa, cor e a forza do folclore latinoamericano.

O seu traballo non è sò unha colorinchada mais, nòtase que a sùa infancia non foi moi urbana polo que transmite enerxìa ademais de ser moi refrescante. Ela nunca pensou que as suas ilustraciòns foran a paga-la conta do super e ainda que sempre quixo ser artista,( nos 90 o abstracto era o ùnico), non foi a sua arte pop positivista-surrealista e figurativa-natural a que lle abreu as portas , sinòn a ilustraciòn para a aprestixiosa editorial Die Gestalten Verlag de Aladino, para o libro das Mil e unha noites.

Portada de revistas internacionais, e no 2008 declarada como unha das 12 mais excepcionais ilustradoras de Europa pola revista Print.

En U-la Boutique quixemos contar con esta referencia tan deseñadisima grazas à editora Cha-Cha que leva dècadas suministràndonos poèticos productos con claras referencias à España mais divertida do noso pasado e presente.