09/06/11

Reviravoltas da vida.

Resucitando ideas... ata empresas exitosas e de tendencia como Custo, se apuntan a reciclar antigos conceptos.
Nesta última edición de The Brandery, ( feira de moda actual de Barcelona), presentaron unha nova e vella idea aparcada dende hai anos.


Os irmáns Custodio e David Dalmau con este último á cabeza, voltan ca que foi a súa liña de complementos chamada Custo Line, que tiña desaparecido por tráxicas circunstancias, hai moitos anos.

Fan esto no seu trinta aniversario, pero conservando a súa característica diferenciadora ... grandes estampados con moito atractivo e sensibilidade contemporánea, inspirada naquelas camisetas surferas que viron na súa longa viaxe a California que lles impactaron e deixaron ca boca aberta.
Para cando a conseguiron pechar, pasalas pola peneira do seu estilo e dar cos fabricantes apropiados, etc, naceu á firma no 1981.
Bolso grande de viaxe, Yaky Heart, en algodón con detalles en pel e correa extensible; o seu prezo é de 90 € e pódelo atopar aquí.

As características de Custo Line son os materiais, onde predomina o algodón e tamén, o prezo, que resulta máis económico.
Nos quremos colaborar con esta firma, e a primeira das súas futuras coleccións; temos recibido algunhas das pezas que a compoñen.
Porta PC Rock Grey, de algodón laminado con asa de Jacquard, petos e reforzos para o teu ordenador; o seu prezo é de 45 €, pódelo atopar aquí.

U-LA Boutique ofréceche valor engadido, NOVIDADE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario