23/07/12

la marelle bolsos de sempre

Bowling
Esta señora, é a deseñadora Melle heloise, con unha das súas creacións máis todoterreo: Bolso de man e bandoleira de polipropileno.
Que se pode usar polos dous lados, pois como case todos os bolsiños de La Marelle, teñen diferentes ilustracións en cada lado.


Bolso bandoleira e man, en polipropileno, por 24€, na nosa WEB.


Os bolsiños de man, que poden ser tamén neceseres de viaxe, ou dada a temática, tamén poden usarse como bolso para a túa filla, sobriña, etc.
A xogo cas maletas de viaxe, das que xa temos falado, é xa, un clásico.

Bolso pequeno, de man, en fibra de yute, por 39.90€, na nosa WEB.
Maleta grande, en fibra de yute, por 54.90€, na nosa WEB.

14/07/12

Fumando espero...

Ca nova pitilleira de Pylones, poderás tentar a todas esas amigas que creen que deixaron de fumar.
Sabemos que están desexando fumar, ponllo facil e despois de regalarllo,di eso de....¡¡¡¡ Non me lembraba que tiñas deixado de fumar !!!

Arruínalles o plan e regálalles estas fantásticas pitilleiras con peche de imán, que son máis ben un kit narcótico, con sitio para o mecheiro e todo.
Non se poderán resistir a usalo regalo.
Pylones e os seus deseñadores máis carismáticos, Crea Crea, remataron de sacar esta novidade, e ademais, témola en exclusiva en Vigo.

Busca o teu deseño preferido, por 10 € na nosa web.

Non fas mal, podes estar tranquila, elas tamén foron malas e non deixaron de poñerse de parte do lado escuro.
Como dixo a famosa intelectual Dona Isabel Pantoja no seu discurso das campanadas 2011-2012, a venganza é un prato que se toma frío.

10/07/12

40 anos con REISENTHEL.

Bolsas de viaxe, prácticas, fortes e moi, moi cómodas.

Por que teñen unha apertura de "boquilla", reforzada con unha peza interior de metal; (parecida ós moedeiros de estilo señora maior), que abre totalmente á vista, o interior da bolsa, deixándo que accedas facilmente a todo.

Allrounder L marigold olive Special Edition
Bolsa grande, por 51.75€ ou pequena por 45.70€, AQUÍ, na nosa páxina.

O poliester co que se fan é altamente resistente e facilísimo de limpar.
Esta bolsa é unha edición especial, polo 40 aniversario da firma alemana REISENTHEL.


Os fondos, acolchados teñen unha forma ríxida, interior, que se aparta para plegala e gardala, despois de usala.


Ademais teñen seis petos elásticos polos laterais, para que organices mellor a roupiña interior, calcetíns, cintos ou o cargador do teléfono.


Outra das novidades e o estampado de raias, en bolsa, neceser de percaha ou kit de dous neceseres.
Allrounder L stripes
Bolsa grande, por 39.95€ ou pequena por 34.20€, AQUÍ, na nosa páxina.

No caso do KIT, de dous neceseres, por34.20€ na nosa páxina; ten a particularidade de poderse meter un noutro.
Beautyduo stripes

O máis práctico dos seus modelos é este, por 20.40€, aquí, con espello para quitar e poñer e petos por todas partes e unha percha pra colgar en onde podas.

Toiletbag stripes
Viaxa cómoda cos accesorios de Reisenthel.

09/07/12

lomo"lasardina".

Lomography continúa a sacar xoias da fotografía,
sen que nada os pare.

Nesta ocasión destacamos a cámara La Sardina, feita cá estética das latas de conservas retro.
Ven con un dispositivo de rebobinado para realizar múltiples exposicións do xeito máis sinxelo.
Dispón dunha lente súper angular.


Cámara La Sardina, por 54.80 €; AQUÍ, na nosa páxina.
Ollade este vídeo de presentación:


Estas son exemplos de fotos feitas con esta cámara, que seguro, dará que falar.





02/07/12

Lapices que son algo máis.

Deseñadores de Suck-UK

SUCK UK, Orixinal por ser inglesa e por supercreativa, esta firma sempre nos sorprende con deseños sen pretensións de grandeza pero moi, moi cool.

Punteiro de goma para o iPhone, por 8.20€, AQUI na nosa Web.



Para rockeiros, estrelas que non diron suficiente luz e musicómanos, os làpices de madeira natural e grafito que marcarán a diferencia no lugar onde toquen.
Set de dous lápices con ritmo, por 5.90€, AQUI na nosa Web.

Olla o vídeo ilustrativo: