28/10/13

Scrap con libretas e álbumes de fotos.

Laciños, puntillas, etiquetas, chapas, recortes, remaches, fíos ou botóns, son algúns elementos que se usan habitualmente no Scrapbook. 




Libreta de notas, por 24.95 €, se queres saber máis

A firma británica que  fai estos scrapbook, é Disaster Designs. 


Libreta de notas, por 24.95 €, se queres saber máis

Libretas de receitas, libros de viaxes,  álbumes de fotos, etc son as propostas  cas que nos tentan...e caemos, ¡ Claro ! .



Con detalliños cheos de bo gusto, por todas partes, que lles aportan un compoñente máxico, lúdico e de coleccionista.
Libreta de receitas, por 24.95 €, se queres saber máis

Tapas ríxidas forradas con esmero e todo encadernado como se fose un libro.



Con elementos comúns, que lles confiren un aspecto poético e romántico, perfecto para facer un regalo. 


Libreta de notas, por 24.95€, se queres saber máis 

Moitos dos acabados lembran acuarelas e estampados con un sutil deixe decimonónico e ás veces algo british.



Ademías da función do propio libriño, tamén funcionan decorativamente, dando ambiente, onde os poñas.




Libreta de notas, por  21.95 €,  se queres saber máis
 olla  a nosa tenda online.


23/10/13

"Legos" enanos e para adultos.

A firma xaponesa Nanoblock, é a autora destas miniaturas que todos os que eramos fan do Tente e Lego, adoraremos.
Xa sabemos os problemas de metros cadrados que teñen en Tokio e o que lles gustan as cousas pequenas, en consecuencia.



Por eso é "lóxico" que sexan eles os que inventen este micro Lego de milímetros; deseñado polo equipo creativo de Kawada.

Piano de Nanoblock, por 11.60 € na nosa web.

Os maiores de 40 e os máis fans das montaxes, disfrutarán como tolos de lembrar o que eran estes entretementos e tamén os pequenos (maiores de 3 anos), que sexan hábiles.



Como se pode ver son dunha calidade estética superior e reproducen moitos detalles que ainda que quedan con un efecto tipo pixel, continúan sendo preciosos dado o seu tamaño.

Guitarra de Nanoblock, por 11.60 € na nosa web.

Con cada kit, veñen unhas instruccións elaboradas, pero os máis expertos poderán facelos case sen mirar.



Os músicos e os  Rockeiros poden construir a súa peza preferida, con luxo de detalles.


Batería de Nanoblock, por 11.60 € na nosa web.

Non só fabrican instrumentos pero estos son os que maioritariamente teñen máis aceptación.






Ca escala tan reducida, non teredes problema de espazo na oficina ou na sala de ensaio.




¡¡¡ QUE GRANDE É O PEQUENO!!!

15/10/13

Retro timbres de sobremesa

¿ Como fas para chamar á mesa, sen que se enteren todos  os veciños ?
Con discreción e valéndose da alta tecnoloxía, de toda a vida... Dedo e timbre.

Timbres sobremesa á table, por 9.65€,




Con estos timbres de campaiña, típicos das películas dos anos 50, pero máis divertidos, poderás facerte escoitar.





Tamén os podes usar, para poñer na mesiña de noite e chamar para que che traigan o almorzo á cama, para cando tes gripe e precisas reclamar atencións ou nesa preciosa mesa do despacho, para avisar que estás cheo xa, de tanto traballar...


Timbres sobremesa panic button, por 9.65€,


O son da típica campá 
que non pasa desapercibido,
 será o aviso.

09/10/13

Zapatillas que son como un guante.

"Suave como un calcetín confortable como unha zapatilla, Collegien mima ós teus pés" 

Comodidade para os pequenos e seguridade e tranquilidade para nós é o que nos regalan estas zapatillas...que ademáis son boas e bonitas.



O peso da tradición do fabricante, vese na estupenda calidade, pero o deseño é case futurista.

A sola de inxección é antideslizante, pois ten unhas "puas" de goma que evitan o deslizamento por calquera tipo de chan.
Tamén dispón dunhas perforacións estratéxicas que facilitan a transpiración.
Flexibilidade significa ergonomía, no caso do calzado.


A parte do calcetín está feito en algodón e elastano, adaptándose ó pé como unha confortable funda a medida; lavable ata 30ºC na lavadora...non hai problemas.



Zapatillas-calcetín tallas de nenos, por 24,85€,
 aquí na nosa web

Fanse dende 2006, pero a firma é do 1947, cinco xeracións fabricando dan moita confianza. Feito e deseñado en Europa con todas as garantías.


L'Usine Collégien desde 1947
800 puntos de venta en todo o mundo U-LA Boutique é un deles, para que o disfrutes.

07/10/13

Chaves e fetiches de rockeiro.

Todos temos algunha que outra chave, ¿Como identificalas con facilidade?

As formas estandar son similares e todos os días temos que tolear buscando a que precisamos, despois de tentar con dúas ou tres diferentes, conseguimos acertar.

Estas fundas de caucho adáptanse á cabeza da  maioría  das chaves, póñéndose na parte ancha da chave e con un orificio que deixa pasar as argollas dos chaveiros.



Tres tipos de guitarras para Indies, Rockeiros ou Glam,  o panorama guitarreiro resumido en 6 fundas para identificar as túas chaves.
A estética da chave e a funda compleméntase totalmente.
Un pack de 2 fundas de gran exito por 3.85 €, na nosa web.

01/10/13

Tazas de Pantone.


Todos os deseñadores coñecen o que significa"Pantone Matching System" (PMS); pero imos explicalo.
 Tratase dun sistema de clasificación das cores, plasmado 
nun "catálogo" onde podemos atopar a nosa cor preferida 
entre todas as posibles.


Taza grande 14.25 €, Comprar aquí.




Cada cor recibe un número e ese é o que se emprega nas imprentas, nas casas de pinturas e nas industrias en xeral...


A nos gústanos o noso de U-LA Boutique, o 813 que é un 
fuxia-violeta,  claro que para outros sería un rosa, para 
outros un violeta e... por eso é mellor ter unha norma e un 
número ¿ Non ? pois xa está explicado.




Con esta clasificación como idea matriz, créanse todo tipo 
de productos estampados ca cor precisa do Pantone, e por 
eso Pantone chega a ser un icono POP para moitos, pois 
ademáis de ser unha referencia é un verdadeiro "obxeto" de
culto no mundo do deseño.



Screen-shot-2012-10-06-at-18.08.34



Estas Tazas están feitas en porcelana Bom China, que é 
considerada a máis pura e a de mellor calidade do mundo
, pode chegar a verse case transparente, sendo moi fina e 
cristalina...un verdadeiro luxo nas mans.


Taza  pequena 10.55€, Comprar aquí.