28/06/11

Alemaña non é cadrada, tamén é creativa divertida e lúdica.

Nin todo son cogombros na vida, nin esto nos vai a separar; agora os Alemáns saben deso.

Tamén saben moito de deseño e dende hai anos, a empresa Koziol, edita obxetos practiquísimos, bonitos e simpáticos tendo en común ademais, a gran calidade que lles da o ter sido deseñados e fabricados en Alemaña.

Colgador de xoias e baleirapetos PI:P con moita arte, de Qued Design, o seu prezo é de 18.45 €
e pódelo atopar na nosa web.

Práctico e estético, decorativo incluso sen nada derriba.
Case unha escultura para deixar esos colares que tiramos nunha esquina, de calquera xeito e logo choramos por que nos quedan destrozados e impoñibles.



Quenes valoran a comodidade e a practicidade, coincidirán con nós no potencial deste accesorio para meter botellas.
Pode encher unha parede ou ben usarse como base para unha mesa; pois ten unha gran estabilidade, grazas os encaixes milimétricamente calculados.

Botelleiro apilable Set-up, deseño de The Seventhhints, o seu prezo é de 25.95€,
Pódelo atopar na nosa web.

Bowls Mixxx de 1l. 2l. e 3.5l. deseño de Cairn Young, os seus prezos son 9.95, 12.95 e 17.95 €.
Pódelos atopar na nosa web

Pódense encaixar uns noutros e ademais de ter patas de goma,( para evitar que se desplacen) teñen a particularidade de ter unha asa, que permite agarralos mentres se traballa.

U-LA Boutique quere fomenta-la, paz, reconciliación, non agresión e o aprecio mútuo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario