28/02/12

Cociñar, crear e apuntar.

Na cociña, ainda que non todo é matemática, sempre se mide, pesa e calcula algo.
Apuntar en cachos de papel de cociña, folios da oficina e sobres de correspondencia, non da resultados positivos.
¿Vas ter as receitas tiradas e desorganizadas, durante moitos anos máis?

Nunca aparecen cando as precisas e rematas perdendo a base do teu exito social:
...as receitas da túa vida.
Soupe3

Cahier de recettes
Contraportada e portada de Cat the cat, que é, quen ilustrou este modelo.
Por 5€ na nosa web.

Fariñas, ovos, azucre ou calquera cousa, que intervén nas novas receitas da túa creación; ou tamén nas que a túa nai che da, para que podas rememorar os sabores que as "espumas" e a "deconstrucción" actuais non che permiten.

¿ Como lembrarse das cantidades e dos segredos da receita, sen apuntalos?

Todas esmpadas, no interior do mesmo xeito.
Modelo de Hélène Druvert, por 5€ na nosa web.

Da gusto tomar nota nas 64 páxinas de papel ilustrado, a modo de mantel con borlas, que o interior destas libretas nos ofrece.
Ademais poderás compartir esa paixón cos teus fillos, e o resto da familia...

Montage2_bd

O marido, puidera non ser fan do tema, pero se é así, pódeslle suxerir que colabore simplemente, regalándoche estas libretas-xoia, que saberás apreciar.

Marie Desbons, é quen ilustrou este modelo. Por 5€ na nosa web.

Cahier de recettes
Ëlodie, é quen ilustrou este modelo. Por 5€ na nosa web.

Ollo, ademais, deseñadas e fabricadas en Francia.

24/02/12

Unhas pasadiñas e a ligar.

Eso de peitearse, para determinadas ocasións, é recomendable.

¿ Queres parecer un modeliño, dos de look inconformista, desenfadado ou estiño "rebeldes sin causa"?

Espeluxado, podes aparentar descoido, pero só con un despeiteado coidado darás a imaxe necesaria para conseguir enganar ás túas víctimas.


Pylones sacou nestes días o peite Guy, dos deseñadores Crea Crea.

Elixe o teu na nosa WEB, por 8€.

Variedade de estampados, dende un gato ata un rasta, co que sempre poderás regalar un co que identifiques ó agasallado.

Primicia para os nosos usuarios.

21/02/12

Pre-primaverais.

Melle Heloise, deseñadora e ilustradora.

"Marzo marzolo trebón e raiolo"

Ainda que xa pensamos no sol, tamén somos desconfiados, como bos galegos e colgamos o paraugas á espalda igual que os nosos avós.

Paraugas, de Melle Heloise, por 45€ na nosa WEB.

Bolsiño de man para conxuntar, feito de polipropileno, que non pasa a auga e que fará que todas as veciñas che volten a falar, con tal de saber onde o compraches.

Bolsa de man, de Melle Heloise, por 19€ na nosa WEB.

6a0115706e9d70970b0128762430f6970c_450wi


Se che gusta o estilo, poderás ampliar o concepto con outros complementos, de momento este neceser de cousas pequenas, farache un sevizo e darache optimismo e boas enerxías.

Pochette 17x14 cm
Neceser de Melle Heloise, por 5.90€, na nosa WEB.

17/02/12

Rusas con arte.


A nosa firma francesa preferida, Pylones acaba de sacar, xusto agora esa nova excentricidade, deseñada polo estudo JFG e con claras alusións ó mundo cubista.
Esta é a nova entrega da colección de Monecas Rusas ou Matrioskas, que tan de moda están.
Torneadas en madeira e decoradas manualmente, non son as clásicas... pero deso se trata!!!

Matrioska Mon A..., por 25€ na nosa páxina web.

Para calquera coleccionista ou fan do tema matrioska será
un caramelo que engadir ó seu tesouro.

13/02/12

Propostas para o teu amor.

¿Vas lembrarte da túa parella ? ou ¿Pretendes disimular?

Chega o día da verdade, ese no que á xente lle gusta saber que a queren.
Non lle regales outras braguiñas, slips ou o típico ramo de flores, parecerá que eres burócrata do regalo, repetíndote e dando a sensación de que non te preocupaches.

Por eso, este ano, témosche preparada unha pequena selección de inspiracións:
Mandil con punto sexy, para home ou muller,
estes e outros máis, por 13.45€ na nosa WEB.

Mandiles con textil de calidade procedentes de Italia e con unha reproducción tan realista que cando o poña sentirase o mesmo tarzán, enfermeira ou soldado na Roma dos Césares.


Se queres facer máis que un chiste, estas comprometidísimo ou fuches bo pero non tanto, terás que agasallar con algo máis.
Rádio despertador Titan da firma Lexon, para home ou muller;
por 103.80€ na nosa WEB.

Sabes que lle gusta a tecnoloxía pero ves que esos aparatos de acabado simplemente gris ou negro non semellan un regalo, aquí tés:
Radio Cube con conexión de audio para Smartphone, para home ou muller,
da firma francesa Addex; por 39.50€ na nosa WEB.

Trátase dunha muller actual e ten de todo, pero queres darlle algo diferente, que non sexa anodino e impersonal:
Neceser para gardar xoias, sexa seria ou formal, todas temos xoias que coidar;
por 13.50€ na nosa WEB.

Neceser de gran capacidade, para as que precisan levar todo todo;
de La Marelle, por 52€ na nosa WEB.

Broche de Mlle Heloise, por16.90€ na nosa WEB e Colgante de cereixas de Mlle Heloise, por 19.80€ na nosa WEB,todo da exitosa firma francesa La Marelle.


Gargantilla super especial de Mlle Heloise, por 19.80€ na nosa WEB


Nostálxico pero moderno, sen complexos e con un punto sofisticado, ademais pórtase ben e queres que vaia guapo. Aquí está o regalo:
Reloxo de malla elástica da firma mítica dos anos oitenta Timex 80,
dende Italia;por 54.50€ na nosa WEB.


Plano actualizado arrugable e impermeable, para home ou muller,da amrca Palomares; tamén outras cidades por 12.85€ na nosa WEB.

Se viaxa con frecuencia e queres ser super romántica/o co teu amor, algo aparentemente antiguo pero de superactualidade, a fotografía de toda a vida:
Cámaras analóxicas que sacan 4 fotos nun disparo, como unha minipelícula; para home ou muller,dende Austria e da popular firma Lomography;
por 36.95€ na nosa WEB.

Para protexer o seu PC dos golpes, molladuras e para mimalo con accesorios, no traballo ou no ocio:
Porta PC de neopreno con bandoleira, para home ou muller,dende Francia;
máis acabados e tamaños, por 19.60€ na nosa WEB.
ALERTE E-MAIL USB

Sobre USB luminoso que avisa da chegada de correos, para home ou muller,
dende Francia; por 29.70€ na nosa WEB.

MOITAS MÁIS SUXERENTES IDEAS PARA REGALO NA NOSA BOUTIQUE,
PODEMOS ENSINARCHAS CON MOITO GUSTO.

07/02/12

Saude e gusto polo bo.

Dende que hai máis de 15 anos, se empezou a utilizar a silicona para cociñar, a peza clave, o seu indiscutible éxito, son os estuches de cocion ó vapor.
Lékué e Luki Huber, deseño e tecnoloxía en silicona Platinum, para revolucionar as mesas e cociñas dos comúns mortais.
Que non só os famosos cociñeiros Subijana, Adriá e Arzack se deleiten!!!


Fáciles de usar e con bandexas interiores para separar, se se desexa o contido do seu xugo.
Ou tamén se se usa para desconxelar, axuda a separar o producto do líquido de desconxelación.

Este modelo é especial para microondas con asa aillantes que evitan queimarse cando o sacamos do forno.
Estuche grande, por 38.80€ na nosa WEB.

Con capacidade para case 1.5 Kg, optimiza a conservación dos sabores e mantén os nutrintes no alimento.
Ademais se lle engadimos un cordón de salsiña, artisticamente tirado, no fondo do prato... queda con un aspecto de Nouvelle Cousine que impresiona.

¡¡Que xa coñeces esta marabilla da técnica e estás convencida!!
¿Queres regalarllo á túa amiga, para evitar envexas non desexadas?, pois mira este Kit que inclue un estuche de vapor e un libro de receitas,¡¡ é perfecto !!.
Estuche + libro de 40 receitas, por 39.95€ na nosa WEB.

Prara indecisos, este video institucional que aclara todiño... e da ideas:



Anímate e convirte ó teu marido nun,
pequeno Ferran Adriá.

03/02/12

Deshínchate alegremente e sen iogures.


¿Sínteste moi hinchada? pois que sepas que o auténtico relax do intestino, empeza polo bó humor, o optimismo e ningún bifidus activo nin inactivo, pode monopolizar o proceso.

Esta é a deseñadora de 5&Citron, responsable destes deseños auténticos e refrescantes, que recén desembarcan na nosa boutique, da man da inconfundible firma francesa Pylones, co fin de axudarche nestes procesos de optimización e desestrés.

Con Pylones, cos seus cepillos de baño, e os portarrollos da gana de irse a vivir á habitación máis íntima da casa.
Non o teremos que pensar moito, porque alí non hai Telecinco, nen noticias feas, nen contas que facer, só relax e limpeza.
Non estarás só, porque estes humanizados limpadores, estarán contigo ata o último momento.

Cepillos Oops, por 28€ na nosa web.

Para seguir acompañando, tamén no baño, e na liña de robotización de servizos hixiénicos, están os portarrollos Rools, os máis divertidos da casa.


Portarrollos Rools, por 20€ na nosa web.

Con tanta expresividade poderémonos sentir reflexados, según o momento no que nos atopemos sentados e en silencio.

Praceres compartidos na intimidade e solucións estéticas.