16/06/11

Para frios e calculadores retro.

Se precisamos calcular canto sae por cabeza esa cea de empresa, ou o regalo de Jose Francisco que mercamos en U-LA Boutique, entre os trescentos vintecinco compañeiros do hospital,... aquí está a solución:
CALCULATOR de TIMEX 80
Modelos metálicos de correa axustable, son de 77.20€ e pódelos atopar en:

Timex, a maraca que sacou os primeiros reloxos dixitais do mercado, cando eramos moi pequenos todos, agora reedita estas xoias vintage.

Tamén, se a ocasión non o require hai outras propostas menos glamourosas pero igual de oitenteiras en caucho.

Modelos de correa axustable en caucho de alta calidade, son de 72.70€ e pódelos atopar en:
Non te conteñas á fermosura e a estética vintage, impacta ós teus amigos.

Sempre é mellor calcular agora que ter que recurrir ós programas da TV, esos como Ajuste de Cuentas, que ademais de facerte indiscretamente famoso, son para desesperados e terroristas da tarxeta de crédito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario