30/06/11

Bombillas-lampada.

Pode que os máis minimalistas...
Tamén quenes xa saben que con unha soa bombilla non temos por que iluminar unha casa completa.
Ó mellor quenes xa se desprenderon do trauma da bombilla de postguerra, triste e soiña, colgando do medio e medio do teito da habitación... estos si valoren esta proposta.

fbweb ska

A empresa sueca, Fristandindustriab, que fabricou os primeiros extensores de cable de Europa, adícase tamén a producir cables e portabombillas, con arte e deseño.

Incluso colaborando ca fabrica máis prestixiosa de vidro do seu país, Nybro Crystal Sweden, sacou ó mercado unhas artísticas lámpadas-bombillas decoradas á man que lle cambian o concepto de "bombilla" ó mais turrón dos maridos desfasados.

Samlingbild handmålade 2
Lámpadas-bombillas de baixo consumo, clase A, decoradas á man por Nybro Crystal Sweden. Pódelas atopar AQUI, o seu prezo é de 61.30€.

Non podemos esquecer aqueles cables tricor, forrados de téxtil dos anos sesenta, que nesta colección cobran vida de novo e actualizan calquera canto da nosa casa; ademais de axudarnos a resolver elaboradísimos problemas de alturas dos nosos duplex e casas unifamiliares.


IMG_6432

O obxetivo da colección é crear ambientes con contrastes, sacando de contexto elementos simples como as bombillas e os cables, para convertilos nunhas auténticas lámpadas, protagonistas da casa.

IMG_7389
Portabombillas regulable de porcelana de 61.95€. Pódelo atopar na nosa web.

Hai unha exquisita sensibilidade nestas pezas, non só nas lámpadas-bombillas se non tamén nos propios portalámpadas e incluso nas pequenas pezas de porcelana que fan de cascos e cubrecables.

O Sr. Staffan Svensson, fundador da firma, Fristandindustriab, que edita estas xoias, lémbranos a maxima do arquitecto Mies Van Der Rohe...

"O que distingue un bó deseño dun malo,
son os detalles."

U-LA Boutique, tamén o pensa así, e tráeche de xeito exclusivo e posiblemente único neste país, as lámpadas-bombillas das persoas con sensibilidade.

28/06/11

Alemaña non é cadrada, tamén é creativa divertida e lúdica.

Nin todo son cogombros na vida, nin esto nos vai a separar; agora os Alemáns saben deso.

Tamén saben moito de deseño e dende hai anos, a empresa Koziol, edita obxetos practiquísimos, bonitos e simpáticos tendo en común ademais, a gran calidade que lles da o ter sido deseñados e fabricados en Alemaña.

Colgador de xoias e baleirapetos PI:P con moita arte, de Qued Design, o seu prezo é de 18.45 €
e pódelo atopar na nosa web.

Práctico e estético, decorativo incluso sen nada derriba.
Case unha escultura para deixar esos colares que tiramos nunha esquina, de calquera xeito e logo choramos por que nos quedan destrozados e impoñibles.



Quenes valoran a comodidade e a practicidade, coincidirán con nós no potencial deste accesorio para meter botellas.
Pode encher unha parede ou ben usarse como base para unha mesa; pois ten unha gran estabilidade, grazas os encaixes milimétricamente calculados.

Botelleiro apilable Set-up, deseño de The Seventhhints, o seu prezo é de 25.95€,
Pódelo atopar na nosa web.

Bowls Mixxx de 1l. 2l. e 3.5l. deseño de Cairn Young, os seus prezos son 9.95, 12.95 e 17.95 €.
Pódelos atopar na nosa web

Pódense encaixar uns noutros e ademais de ter patas de goma,( para evitar que se desplacen) teñen a particularidade de ter unha asa, que permite agarralos mentres se traballa.

U-LA Boutique quere fomenta-la, paz, reconciliación, non agresión e o aprecio mútuo.

26/06/11

Distinción e despacho.

Coida-lo espazo de traballo é coidar dun mesmo, rodearse de cousas bonitas é unha cura contra o malestar e a furia antixefes... convén sabelo!!. Esto lógrase con algo da seguinte lista:

-Libreta Mes comptes Préferés, de 15.40€.
-Caderno-plumier Storage-it A5 vermello, de 8.65€.
-Caderno-plumier Storage-it A6 , de 6.90€.
-Aguanta libros negros de 37.80€.
-Tarxeteiros Gene Meyer, de 38.70 e Frank Lloyd Wright, de 39.90€.
-Roller Gene Meyer de 79.90.
-Caixa peixe de Stefano Giovannoni, para Alessi, de 24€.
-Portaclips Dozi, de 16€.
-Portabolis Sebastiano, de 17€.
-Boligrafos 4 funcións de 45.40€.

25/06/11

Incomunicados na era 2.0.


Os Smartphones son un amigo máis, un pouco vicioso e caro de manter, pero é tan boa persoa!!! Para el temos varios accesorios diferentes ó que hai por ahí:


-Funda Iphone Teléfono e Smarties, de 9.70€.
-Funda Smartphone ríxida, de 14.90, de Chloé Remiat e Marie Desbons.
-Funda Smartphone Chocolate, de 6.20€.
-Portamovil adherente con 4 portos USB, de 23.90€.
-Avisadores luminosos,Astrolight, Bulb, Light Badge, de 11.25€.
-Portaobxetos Prohibido, de 14.90€.
-Soporte cargador de movil plegable, de 7.00€.

24/06/11

Alcohol e terapias.

Ser alcoholico, ás veces é unha solución.
Pódese disfrazar con un pouco de glamour e humor, para o que vos propoñemos estos complementos que toda borracha con deseño, debería coñecer:

-Petacas Glou Glou de Crea Crea, de 25€.
-Cockteleira Happy hours e Completement Frappé, de 29.95€.
-Trituradora de xeo Machine á gla gla de 79.50€.
-Pousavasos Wavy Chips, de 15.95€.
-Chupitos Ritzenhoff, de 14.60€.
-Molde de xeo, Cooljewels, de 10.30€.

23/06/11

Para que esperar a voar?

Jan Kaplicky e un dos seus proxectos de coche eléctrico, para Maseratti.

Este arquitecto checo formaba parte de Future Systems, quenes deseñaron estas cuberterías para Alessi dentro doutro proxecto xa editado no 2008, o Bettina.


O nome desta contenporánea cubertería é Zlin, como o dos lexendarios avións checos. O difunto do autor era un emblemático arquitecto dese país.

Outra das razóns de bautizala así foi por que estaba prevista a súa utilización nunha aerolínea, seguramente tiveron medo de que os pasaxeiros non estiveran á altura ou tal vez a roubasen, a pesar de que a aerolínea non era española.

As catro pezas véndense en sets de 8.50€ cada un, pódelos atopar na nosa web.

O falecemento do autor, fixo que a firma Alessi editase esos modelos, pensados para cambiarlle o aspecto á mesa nesas sofisticadas ceas que ti das na túa casa.
Con menús de Nouvelle Cuisine van moi ben, claro que non son aptas para Carne ó caldeiro, Callos, etc.

21/06/11

Series limitadas para amantes da tatuaxe.

A lexendaria tatuadora Amanda Toy creou dúas coleccións de reloxos para Timex 80.
Inofensivas caveiras decoradas, dados flamíxeros, anduriñas gordiñas, corazóns apuñalados, etc son parte da iconografía típica da tauaxe e que esta artista Italiana reinterpreta con sorna e certo toque sexy.
Estos son os modelos, unha exclusiva colección moi cool e divertida.
Pódelos atopar na nosa web e son de 49.90 €.

A tatuadora Amanda Toy na London Tattoo convention 2008.

Amanda Toy, comenzou a súa viaxe no mundo da pintura no 97, logo pasou a ser recoñecida pola natureza infantil das súas imaxes (de aí o nome, toy) e axiña gañou recoñecemento en todo o globo.

Para calquera fan ou coleccionista Amanda Toy-Timex 80 é unha compra prioritaria.
U-LA Boutique dispón destes modelos de xeito exclusivo, pero non moitas unidades, pois è un producto só para os máis escollidiños de toda a volta.

20/06/11

Creatividade poñible.

Xoias de La Marelle, sobre base metálica, con ilustracións da autora encapsuladas en resina, todo 100% libre de Nickel.
-Colgante, broche e pendentes Les temps d'une cerise, de 19.80,19.80 e 17.90€; de Melle Héloïse.
-Broche, 16.90€ de Melle Héloïse.
-Colgante Fleurs des champs, de 19.80€, de Melle Héloïse.
-Colgante e pendentes Tout pour ma pomme, de 19.80 e 17.90€, de Melle Héloïse.
-Pulseira de 15€, de Mijn Schatje.

19/06/11

Nova xoiería, Demiim.


Dúas coleccións con base metálica, unha é Talia, feita con pasta de celulosa e fíos metálicos a outra chámase Galatea que incorpora a cor con resina verde azulada.
-Colgantes Talia grandes 24€ e pequeno, 16.95€.
-Pendentes Talia 25€.
-Anel Talia, 15.95€.
-Colgantes Galatea verdeazulada, grande 36.70€ e pequeno, 32.60€.
-Pendentes Galatea grande 41.50€ e pequenos 37.30€.
-Anel Galatea,31.60€.

18/06/11

Xoiería de JoiD'art.


Colección Alain en prata de lei grabada manualmente, de Filigrana para Joi D'art.

-Colgante garande 76.70 €, colgante pequeno 73€.
-Pendentes pequenos de presión 32.45 €, pequenos de gancho 35 €.
-Pendente doble de presión 55.80 € e pendente longo articulado 46.70 €.

17/06/11

Armándose de complementos.


Viaxar non sò significa trasladarse a outro lugar...
estas axudiñas fan máis pracenteira a viaxe.










No fondo:
-Litografía de Andy Warhol, Sopa Campbells: 140€
-Mapa de New York: 12.85€
-Bolsas de viaxe Custo: 90€
-Taburete laranxa, La Boheme de 171€ e paraugueiro transparente, La Boheme de 113€ de Philippe Starck para kartell.
-Maleta de Mlle Heloise de 54.90€.
-Cámaras Diana F+ Pinhole de 94.90, Fisheye vermella de 42.90€, Actionsampler de 36.90€ e carretes de 100ASA de 7.90€ e de 400ASA de 9.35 €, todo de Lomography.

No primeiro plano á esquerda:
-Mapas textiles de Roma, Paris e Londres de 12.85€.
-Cadernos de viaxe de 5€.
-Neceseres e portalápices con estampado de mapas de FuntasticPlastic, de 21.85,10.50 e 8.20€.
-Bolígrafo GirlPen de Pylones de 6€.
-Etiquetas identificativas de microfibras de 10.45€.
-Fundas de documentación para coche de 13.45€.

No lateral dereito:
-Adaptador de viaxe, para enchufes de 11.80€.
-Fundas cámara dixital en neopreno, de 11.80€.
-Visor Zoomart de 32.20€.
-Neceser de percheiro, Pop de 21.75€.
-Set complementos cámara dixital, para autofotos de 17.80€.
-Neceser flores B/N de 21.75.
-Bolas desodorante futbol de 3.70 €.
-Bolsiña azul para medicamentos, de 4.75€.
-Bolsa roupa de 9.95€.
-Bolsa zapatos de 8.75€.

16/06/11

Para frios e calculadores retro.

Se precisamos calcular canto sae por cabeza esa cea de empresa, ou o regalo de Jose Francisco que mercamos en U-LA Boutique, entre os trescentos vintecinco compañeiros do hospital,... aquí está a solución:
CALCULATOR de TIMEX 80
Modelos metálicos de correa axustable, son de 77.20€ e pódelos atopar en:

Timex, a maraca que sacou os primeiros reloxos dixitais do mercado, cando eramos moi pequenos todos, agora reedita estas xoias vintage.

Tamén, se a ocasión non o require hai outras propostas menos glamourosas pero igual de oitenteiras en caucho.

Modelos de correa axustable en caucho de alta calidade, son de 72.70€ e pódelos atopar en:
Non te conteñas á fermosura e a estética vintage, impacta ós teus amigos.

Sempre é mellor calcular agora que ter que recurrir ós programas da TV, esos como Ajuste de Cuentas, que ademais de facerte indiscretamente famoso, son para desesperados e terroristas da tarxeta de crédito.

13/06/11

Para quenes continuen ca tradición de viaxar...

...abrindo a súa mente, visitando xeitos de vida diferentes, expoñendose á interacción dos naturais do lugar, desafiando sunamis, soportando decenas de controis policiais ...


E tamén para quenes lles guste ve-la arte doutros tempos, aquelo que lembra do libro de arte de 3º de BUP, que lle gustaría ver antes de chegar á xubilación , nunha viaxe do IMSERSO.
¡¡¡ Agora é ese momento !!!, Esquece-las realidades pouco estimulantes e veña, a ver.


Para eso se inventou este curioso visor, chamado Zoomart, pensado para observar máis de cerca a arquitectura e obras de arte.
Provisto de lentes opticas Hi Quality, da para ver cousas que se atopan a máis dun metro axustandolle o enfoque para percibir imaxes totalmente nítidas de cadros, esculturas edificios ou miniaturas.
zoom_art.jpg
Zoomart está deseñado por Odoardo Fioravanti, costa entre 32.20€ e 36.45€,
e pódelo comprar aquí.

É da firma Italiana Palomar que fabrican instrumentos ópticos dende 1956. Seguro que saben facelo ben.


Xa está ben de non enterarse de nada e perde-la oportunidade de ve-la pincelada de oleo do autor ou o golpe mestre do canteiro, culturicémonos un pouco, non queremos parecer simples turistas despistados.

U-LA Boutique tráeche o único instrumento optico do mundo, dedicado á observación da arte.

11/06/11

Bikini in extremis.

Como non colaborar un pouco máis ca operación Bikini?

Mirar o peso das comidiñas é agora máis rápido, práctico e facil que nunca con esta util báscula para pesar directamente os ingredentes da túa dieta mediterranea.
Tan sana, divertida e doada de seguir:
   Práctica báscula cuchara de cocina en color blanco.     A la hora de pesar los ingredientes, puede resultar algo incómodo el utilizar un recipiente sólo para comprobar el peso de lo que vamo...
A báscula culler costa 15.80€ e a báscula Plus costa 37.90€, pódelas atopar na nosa web.

Para cantidades superiores,¡ pero sen exceder as recomendacións do dietista!, tamén está este outro modelo plegable de báscula Plus, pensado para os que ademais de ter sobrepeso, temos unha casa de 40 metros cadrados.

Froiteiro Babel de Wien Thesevenhints, pódelo comprar na nosa web por 23.95€.

Se a túa opción é a dieta disociada, a da froita ou incluso a antidieta, este precioso froiteiro de Koziol, pode ser un aliciente para usalo e poñer unhas nutritivas mazás nel... e logo ilas comendo ¡Claro está!


Como ves en U-LA Boutique, non só pensamos en vender e vender, (como a famosa tendeira, Señora Oleson en La casa de la pradera), se non que miramos pola túa saude.

09/06/11

Reviravoltas da vida.

Resucitando ideas... ata empresas exitosas e de tendencia como Custo, se apuntan a reciclar antigos conceptos.
Nesta última edición de The Brandery, ( feira de moda actual de Barcelona), presentaron unha nova e vella idea aparcada dende hai anos.


Os irmáns Custodio e David Dalmau con este último á cabeza, voltan ca que foi a súa liña de complementos chamada Custo Line, que tiña desaparecido por tráxicas circunstancias, hai moitos anos.

Fan esto no seu trinta aniversario, pero conservando a súa característica diferenciadora ... grandes estampados con moito atractivo e sensibilidade contemporánea, inspirada naquelas camisetas surferas que viron na súa longa viaxe a California que lles impactaron e deixaron ca boca aberta.
Para cando a conseguiron pechar, pasalas pola peneira do seu estilo e dar cos fabricantes apropiados, etc, naceu á firma no 1981.
Bolso grande de viaxe, Yaky Heart, en algodón con detalles en pel e correa extensible; o seu prezo é de 90 € e pódelo atopar aquí.

As características de Custo Line son os materiais, onde predomina o algodón e tamén, o prezo, que resulta máis económico.
Nos quremos colaborar con esta firma, e a primeira das súas futuras coleccións; temos recibido algunhas das pezas que a compoñen.
Porta PC Rock Grey, de algodón laminado con asa de Jacquard, petos e reforzos para o teu ordenador; o seu prezo é de 45 €, pódelo atopar aquí.

U-LA Boutique ofréceche valor engadido, NOVIDADE.

06/06/11

Viaxa con comodidade e información.

Perderse viaxando é normal.
Pero suar a gota gorda, por pechar e despechar un plano, non o é tanto.

Agora unha marca italiana, ( país experto en turistas ), pensou o xeito de facer un plano de uso rápido.
Deu con este material 100% Waterproof, que só temos que arrugar e meter onde queiramos. Ainda que no paquete inclue unha pequena bolsa, para gardalo.

Rematouse tanto dobladillo e planchado que mesmo pareciamos unhas costureiras.
A firma Palomares e o deseñador Emanuele Pizzolorusso, pensaron moi ben canto tempo e discusións colectivas, se aforran con este sistema, que se chama Crumpler City.
Costan 12.85 € e pódelos atopar aquí.

Tardamos 2 segundos en gardalo ou abrilo, inclue a información máis importante da cidade así como unha lista dos dez sitios a visitar.
A medida dos planos é de 87 X 58 Cm. algo mais grandes que os GPS, pero diferentes.

Pesa 20 gramos, e ademais é superresistente pois está feito con un tecido de enxeñería empregado como barreira contra a humidade, na construcción.
Por eso se pode usar con vento, choiva e para poñer como pano da cabeza, estilo señoriña.


U-LA Pensa para ti...

04/06/11

TeleiPhoneando.

Coque pour téléphone

Modelo deseñado por Mlle Héloïse para La Marelle, o seu prezo é de 14.90€ e pódelo atopar aquí.


Pasou pouco tempo dende que tirabamo-lo noso móbil no bolso e non pasaba nada, pero xa sabede-las consecuencias desta revolución que se está a producir na telefonía.
Por eso precisamos bonitas carcasas para a nosa xoia... o iPhone de turno.




Deseños de Marie Desbons e Chloé Rémiat para La marelle.


Hai madelos ríxidos e duros que protexen e mesmo parece que se trate da propia carcasa do aparato.
Estes modelos son da firma francesa La Marelle, e están feitos en plástico de acabado mate. Aptos para iPhone 3G e 3GS.


Chocolat, é de La Chaise Longue, costa 6.20€, e pódelo atopar aquí.


Modelos brandos, pero que ó ser de goma, tamén protexen de golpes e raiaduras.
O máis apropiado para persoas cálidas e doces, absterse xente sen humor ou quen non está disposta a dar conversa a toda unha cafetería.




Deseños de Crea Crea para Pylones, costan 15€ e pódelos atopar aquí.



Ou estos de Pylones que están feitos de loneta de algodón laminada e plastificada, que son espectaculares e rechamantes. Aptos para iPhone 3 e 4.

Lado práctico... que se cho rouban, saberás quen o fixo, xa que non vai haber moitos iguais.



U-LA Boutique mira polos teus tesouros.

01/06/11

Delicadeza artística derriba do corpo.


A firma Joi D'art, presentou hai uns meses as coleccións novas, como tódo-los anos apostan por xoias para unha muller sofisticada, con certa cultura e que segue as tendencias sen agobios nen imposicións.

Broche en prata oxidada.

Esta colección chámase Lectra e pertenece á deseñadora Cristina Juliá, está realizada en prata oxidada e fío de pel ou aceiro.
As formas circulares cóncavas teñen un certo punto étnico, pero os puntos dánlle profundidade e luz.
Pulseira de tiras de pel.

O oxidado é un tratamento permanente, que altera a superficie proporcionandolle un acabado definitivo con tonos escuros.
Ten a virtude de non alterarse, e moi facil de manter, evitando limpezas e coidados excesivos; en definitiva práctico, para unha muller dinámica.

Colgante con fío de aceiro e pendentes.

A colección Lectra dispón de varios tamaños de colgantes, pendentes e outras pezas.

U-LA Boutique preséntache NOVIDADES.