01/06/11

Delicadeza artística derriba do corpo.


A firma Joi D'art, presentou hai uns meses as coleccións novas, como tódo-los anos apostan por xoias para unha muller sofisticada, con certa cultura e que segue as tendencias sen agobios nen imposicións.

Broche en prata oxidada.

Esta colección chámase Lectra e pertenece á deseñadora Cristina Juliá, está realizada en prata oxidada e fío de pel ou aceiro.
As formas circulares cóncavas teñen un certo punto étnico, pero os puntos dánlle profundidade e luz.
Pulseira de tiras de pel.

O oxidado é un tratamento permanente, que altera a superficie proporcionandolle un acabado definitivo con tonos escuros.
Ten a virtude de non alterarse, e moi facil de manter, evitando limpezas e coidados excesivos; en definitiva práctico, para unha muller dinámica.

Colgante con fío de aceiro e pendentes.

A colección Lectra dispón de varios tamaños de colgantes, pendentes e outras pezas.

U-LA Boutique preséntache NOVIDADES.


Ningún comentario:

Publicar un comentario