28/09/11

Oficina conbinadissssima.

A maxima da conbinación: bolso, cinturón e zapatos; exténdese ó deseño da túa mesa de traballo e ademais, incluso feito polos serios e minimalistas do ¡¡¡ DESEÑO !!!: LEXON.

O ter uha grapadora dun xeito, unha perforadora doutro e ademais a calculadora na cor que deus a deseñou, xa se pode evitar hoxe en día. Como se pode ver.


Todo feito polos irmáns Wright, deseñadores da firma francesa Lexon, Jeremy & Adrian Wright; autores ingleses, doutras moitas máis obras de arte.
A variación cromática en degradado fai deste conxunto Buro, algo digno de exibición, só terás que situar os diferentes compoñentes do kit frente da vista para ollar unha escultura, ademais quedarás diante dos xefes como eficiente, ordenada e pulcra.

Perforadora Buro por 16.90€, busca aquí ,
e expendedor de celo, por 13.95€, busca aquí.

As pezas máis destacadas e prácticas son o calendario, dispensador de celo, calculadora, perforadora e grapadora, feito en acabados de caucho mate e co nome da ferramenta tatuado no lombo, para telas localizables cando están ordenadas.

Calculadora Buro por 14.65 €, atópao aquí ,
e calendario electrónico, por 19.95€, atópao aquí.

¿Quen é o que non quere ir á oficina?
con estas xoias na mesa.


26/09/11

Café para todos.

Ven o outono e aparte de segir as coleccións quiosqueiras, de como facer miga de pan e a dos coches de época, ímos facer máis vida na casa e polo tanto, ou vemos a TV,( que xa non se leva), ou conversamos cos amigos tomando un café.

E falando de café, como diría Mayra Gómez Kemp, lévanos a pensar onde... en que recipiente super selecto,(¡ como nós mesmos !), imos a tomar a droga legal e diurética.
Estas propostas poden interesar só ós moi cafeteiros.

O Hangover mug pódelo atopar aquí e o seu prezo son 39.90€.
Como podedes ver trátase dunha inxesta perigosa, só para profesionais do café. Tamén hai que pensar no entrenamento previo, pois levantar ese peso require de certa forza.

Para xente con gustos esactos e cas cousas claras o mellor e dispoñer do pantone de cores e dese xeito poder repetir o café ou que cho repitan, na mesma exquisita concentración que tanto che gusta.
Este excéntrico modelo de mug ofrece esa posibilidade pois ten impreso o mencionado pantone no seu interior.
MyCuppaCoffee é da firma británica Suck UK.
O seu prezo son 8.85€, pódela atopar aquí.
O mug máis o quentador USB, costa 16.40€ e pódelo atopar aquí.

Se estás moito tempo pegado ó ordenador e non queres saber dos humanos, máis que o mínimo, podes ter quente o café ou infusión con este quentador de sobremesa, dotado dun enchufe USB que ademais recollerás con pulsar un botonciño.

En contra do que din os médicos e os naturistas o café, é boa cousa para o organismo, igual que o tabaco, o viño tinto, a cervexa e a empanada.





22/09/11

O tempo enlatado.

¿Por que meter un reloxo nunha lata de conservas?
Cando vexamos ó autor deste reloxo despertador dixital, teremos que preguntarllo. A de ser algún tipo de mensaxe poético, relacionado co tempo e a conserva.
Despois de moito esperar, voltamos a dispoñer dun dos máis exitosos productos da firma Kikkerland.
Intriga, diversión e agradables sorpresas é o que se esconde detrás de cada producto desta marca fundada en 1992 e que está presente nas principais tendas e museos contemporáneos, do mundo.
Dispón dunha placa magnética na parte traseira, ca que poderás deixalo adherido, en calquera compoñente metálico, camas, mesas, carcasa do ordenador,etc.
Funciona con pila e polo seu deseño compacto pódese empregar como despertador de viaxe.
Tres conservas diferentes, entre elas dous tipos de atún e salmón. ¡¡ E con abrefacil !!.

Os Clock in a can costan 7.40€ e pódelos atopar na nosa páxina.

20/09/11

omnipresente MOVIL.

¿Saberíamos vivir sen el ou teríamos un shock se de repente as antenas deixaran de funcionar?, como o argumento dunha desas "boas" películas de catástrofes, diluvios, terremotos, etc, feitas en EEUU.


Para evitar dependencias frustradas e máis para acudir no auxilio dun desventurado e imprevisor usuario da telefonía movil, inventáronse estas axudiñas.

Bateria para iPhone ou iPod.

Pódela atopar aquí e o seu prezo son 28.75€

Recárgase mediante o cargador correspondente ou atraves de USB e proporciona ata 250 horas adicionais en espera, ( Standby ) ou ben 5 horas de conversa, ou ben 20 horas de reproducción de música.

Tamén dispón dun indicador luminoso, de estado da carga.

Non quedarás sen falar, comunicarse atraves do smartphone é o primeiro.
Mentres ves a mala TV, mentres parece que traballas , cando estás cos amigos de cañas ou cando compartes uns minutos ca familia, á que non aguantas.

Cargador de emerxencia con adaptadores intercambiables incluidos, para móviles Nokia, Samsung, Sony-Ericson, Blackberry,iPod, LG e HTC.

Utiliza 1 pila AA, non incluida. Acabado en alunminio anodizado con textura.

Pódelo atopar aquí, o seu prezo son10.50€

Sempre co aparatiño pegado, xogando, falando, ollando o correo, e por suposto...¡¡Ti ó teu!!, sen que ninguén te interrumpa para comunicarse contigo, se quere facelo que chame o movil que pra eso está.

Paradoxas da comunicación,
canto máis cerca estás, menos sei de ti.

Café, copa e puro...


Voltan as temperaturas suaves, o tempo de tomar un café e tamén de revisar como temos a nosa casa, para pasar máis tempo nela.
Rodearse de accesorios agradables non é un crime e non nos vai producir a bancarrota que nos din na TV.

-Carro plegable Kartell, 522€.
-Lata cereais amarela Derriere la Porte, 24.95€.
-Lata tostadas vermella Derriere la Porte, 19.65€.
-lata galletas rosa Derriere la Porte, 21.80€.
-Lata galletas pequena Derriere la Porte, 13.60€

-Set 2 pratos pizza de Alessi, 29€.
-Cortapizza Match'o de Pylones, 22€.
-Tesoura cortapizzas, 13.45€.
-Muiño pementa elefante negro, 12.60€.
-Muiño de pementa botella de viño, 13.60€.
-Raiadores Nonna de Pylones, 13.00€.


-Bolsa de transporte botellas de viño plegable,2.95€.
-Tapón metálico con peche conbinación, 16.95€.
-Tapón acrílico, 6.20€.
-Tapón de baleiro, barril cromado, 6.30€.
-Tapón violeta baleiro, 12.60€.
-Funda botellas, enfriadora, 10.60€.
-Termómetro faixa aceiro, 8.60€.

-Reloxo cereixas vermello Derriere la Porte, 28.71€.
-Reloxo café Derriere la Porte, 31.75€.
-Papeleira vermella Derriere la Porte, 79.95€.

-Cafeteira eléctrica Guzzini, 99.00€.
-Lata de chocolates Derriere la Porte, 14.95€.
-Lata azucarillos Derriere la Porte, 11.85€.
-Dispensador de cereais, 23.50€.
-Lata Tisanas Derriere la Porte, 20.85€.
-Filtro infusións robot, 4.85€.
-Filtro saquiño verde, 6€.
-Lata de cacao Derriere la Porte, 11.95€.
-Bandexa melamina Derriere la Porte, 23.90€.
-Xogo café 6+6 Derriere la Porte, 25.40€.
-Vaso laranxas Derriere la Porte, 5.20€.
-Azucareira bola laranxa, 10.00€.


15/09/11

Asasiña, de novo, ó xefe.

Xa que non o vas facer na realidade, por que ademais de crimen é que te quedarías sen traballo e nalgúns casos sen empresa, o mellor e facelo conceptualmente e de xeito sutil.


Cada día varias cravadiñas no lugar esacto e con precisión, pouco a pouco... os malos desexos afundirán a calquera por moi autoritario e forte que sexa.


Este práctico soporte de bolígrafos, Dead Fred forma parte dos dez obxetos máis desexados da nosa boutique, constituindo xa parte do fondo de armario.
Está deseñado por Yann le Bouedec e feito en inofensiva silicona.

O modelo chamabase Alfredo,(Traducción) ou polo menos así o bautizaron, o seu prezo son 8.85€ e pódelo atopar na nosa páxina.


Según os editores, pode causar extrema agresividade e recoméndase non regalar a persoas demasiado estresadas.

12/09/11

Super-motorizate.

Neste outono inverno e de agora en diante poderemos ser as mais chic de tódolos supermercados da volta.
Ben sexa do Corte, Erosky, Mercadona, Alcampo ou incluso do Dia ou Familia, en todos eles causarán furor e terás que ter conta deles pechándoos ca cadea.
Carro Sumo Urban Girl deseñado por Magali Rieusset.
O seu prezo son 54.95 € e pódelo atopar aquí, na nosa páxina.

Son os carros de Derriere la Porte desta temporada. Os seus creativos estiveron traballando a todo meter, para ofrecernos estas preciosidades e auténticas alaxas que complementan o noso look sen ter que maquillarse, para lucilos.
Carro Dolly legumes, deseño de Bilb, por 57.90 €, pódelo atopar aquí.

Feitos en materiais vinílicos ou de polipropileno, dan moi bo resultado incluso en climas tan agradecidos como o noso, pois repelen a auga e a suciedade límpase moi facilmente. Polo que pasarán anos antes de que se estropeen ou deterioren.
Terás que estar disposto ou disposta a ser a envexa da vecindade, e en todo o rueiro darás que falar.
Carro Miss Chic da deseñadora estrela da firma: Valerie Nylin.
Por 45.50€, pódelo atopar aquí.

Diferénciate deses/as que levan os carros de regalo por puntos do Gadis, que parecen do reparto de correos e non duran máis que unha compra.

Podes optar polo tradicional de dúas rodas ou por outros de seis, para subir as escaleiras comodamente.


Con estilo e distinción comprarás mellor,
serás máis feliz e impotaranche pouco as noticias da TV.

06/09/11

Reinformatízate con estilo.

Supón un comentario xeral, a estigmatización dos profesionais da informática.
Esa clásica imaxe de Heavy, desfasado, descoidado, ou o estereotipo do peliño graxento e perpétuo acne ós corenta anos, vai sendo unha proxección equívoca dos pobriños informáticos.
Hainos máis cool, ó día nas tendencias, que ademais de xogar no PC, disfrutan da estética e dos seus avances; e incluso sabemos que existen un nutrido grupo que ollan o Neo2.

Por eso queremos ensinarvos o último que temos incorporado á nosa boutique.
Esta funda para o portatil é como un tomo de enciclopedia, de xeito que levandoo nela...¿Quen o vai querer roubar?
Seguridade e protección contra raiaduras ou nechas. Tamén humor inglés que podes atopar por 45.50€, na nosa boutique.

Este modeliño de rato é apto para Mac, Windows vista e deseñado en UK,
pódelo atopar aquí, por 19.95€.

Por que os deseños menos ergonómicos tamén nos poden producir benestar, lembrarnos a nosa infancia ou aportarnos humor, non precisamos sempre estar rodeados de miles de cables feos. Ademais podemos sair do master-cuarto-informático e dirixíndonos á cociña, facer un estupendo asado con sabe-deus-que, para recuperar a vida de parella, que a informática nos ten roubado.

Manoplas do deseñador Anderson Horta, por 17.90€ na nosa páxina;
cociña sen deixar á informática.

SI, EXISTEN OUTROS MUNDOS PARALELOS
Ó CABLE DO PC.

03/09/11

Artistas populares.

O futuro dos artistas é incerto nesta nova situación, pero ainda que só sexa por eso de potenciar habilidades... que tanto din os pedagogos, deberíamos incitar ós máis pequenos a pintar un pouco, e quen sabe se algún día nos sacan de pobres.
Color Me Puzzle - On the FarmColor Me Puzzle - On the Farm
Por 19.75€, tés este modelo da granxa, na nosa páxina.

Estes Puzzles reversibles permiten montar a bonita ilustración por un lado e polo outro pintar a mesma ilustración que ven predebuxada, o kit trae as ceras incluidas, nunha bonita caixiña de regalo.
Por 19.75€ neste link, poderás atopar o das autopistas.
Por 19.75€, poderás atopar aquí, o do océano.

Ademais da temática da idílica granxa, moi recurrente, tamén hai un bonito entorno de carreteras e autopista,( moi do país); e o tema océano, con peixes incluidos, unha imaxe verdadeiramente nostálxica.


Os rotuladores que presentamos soaranvos a moitos e moitas pois son algo xa dos setenta, pero que nesta versión incorporan unha novidade: ¡¡¡ As pintadas reivindicativas, en roupa e paredes serán boas de quitar, por que a tinta é lavable!!!.
Set de seis animais da selva, de 13.80€, pódelos atopar aquí.

Selva e granxa cas especies típicas dos habitads repectivos, clásica pregunta de exame de segundo de gardería.
Set de seis animais de granxa, 13.80€ neste link.

O volume do animal facilita o agarre e failles sentir maior control dos trazos, ben pensado para as pequenas mans dun meniño.

U-LA Boutique quere colaborar no fomento das inquedanzas artísticas entre os máis pequenos,
para que cando sexan grandes
teñan outra sensibilidade
distinta á dos actuais maiores.