30/04/11

Comida de mentira.

COMIDA DE MIRAME E NON ME TOQUES, COMIDA DE PAPEL E PVC.

Leva-la comida con nós, pode ser resultado dun trauma da postguerra, por calma-la ansiedade, para estimular algunha neurona... Pero o máis probable é que sexa por que simplemente nos gusta, a comida tamén é bonita.
Unha verdadeira calculadora solar con forma de tableta, cheiro de chocolate, emboltorio prateado e forro exterior de chocolatina.
Non sabemos se é dificil de aturar derriba da mesa de traballo e ás once da mañán.
CARNET FRAISE
Libretiñas de notas, pastel e fresa; para apuntar cousas de todo-los sabores, pero sen perde-lo punto infantil que podamos ter.
Con moita calidade de reproducción, realmente semellan verdadeiras.

CARNET HOT DOGCARNET SPAGHETTI
A versión fast food tamén ten que existir, a quen non lle gusta comer lixo por unha vez??
Libretiñas Frankfurt e lata de Spaghetti ó estilo Andy Warhol, un guiño pop para as notas do teu puño e letra.
Dende apuntar receitas de cociña a notas da oficina...

CARTABLE D'ORDINATEUR PORTABLE 15" SMARTIESETUI IPHONE BONBONS

O tema chuches é tan atractivo que nen de grandes nos podemos resistir, fundas de portatil e para Iphone. Evidentemente serán faciles de localizar.

Ainda non che damos comida... pero en U-LA Boutique podémosche ofrecer un café expresso da marca Italiana Illi, cando veñas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario