26/04/11

Primavera con sal e pementa.

Todo resulta un pouco mellor se ten sal e pementa.
É por eso que estes son os ingredentes que se acostuman a poñer nas mesas, para correxi-lo gusto dunha comida e achegalo ó noso.
O humor é outro ingredente máis poderoso ainda, para a comida e todo o demais.


King Pepper, muiño de pementa e bate de baseball, da firma inglesa Cole&Mason.
O exquisito acabado da madeira, a forma tan fetichista e as dimensións realistas, convirtenno nunha especie de obxeto escultórico, util e decorativo.
O uso defensivo, non se recomenda, por que... a violencia só xenera máis violencia.


Botella e muiño de pementa, Peppermeister, feito en madeira, da mesma firma británica que evoca o pais no que se deseñou.
Os máis nostálxicos e os que ainda non o coñecen disfrutarán deste artefacto.

Estes bichiños, Animills, son tamén da firma inglesa lider en muiños de pementa.
Son prácticos e versátiles, pois tamén valen para saal e moen só con apreta-lo botón lateral.
Dispoñen dun visor para non confundi-lo contido e dun imán para deixalos pegados en lugares que visitamos a miudo, como o frigorífico a tapa do forno, o ordenador, etc.


Este cubo Rubik, é un auténtico muiño de sal ou pementa, con moa de cerámica; editado pola firma inglesa Worldwide co.
Perfecto para os nostálxicos ou quenes, no seu tempo, non chegamos a facer máis dunha cara do xoguete máis vendido do mundo. (Aproximadamente 300 millóns de unidades)

Pass the salt, é un modelo da mesma firma inglesa.
Este saleiro dispón dun mecanismo de inercia e catro rodiñas, na parte inferior. Con un simple empuxón, sae como un Sputnick.
Bó para quen, querendo mante-la cortesía, non está disposto a levantarse.

U-LA Boutique, axúdache a poñer sabor no día a día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario