09/04/11

Entre cables e PCS.

Agora que pasamos tanto tempo co noso PC, e mesmo nos divertimos, é cando podemos precisar todos estos imprescindibles accesorios.
Todos son da firma francesa La Chaise Longue, cada un deles é práctico e cumple a súa función.


Os enchufes USB, unha especie de ladrón con varios portos, permite ter derriba da mesa e máis accesibles, ós cada vez máis usados enchufes.
Unha maceta de tulipáns, con catro enchufes e unha nostálxica cassette, carcasa incluida, con tres posibilidades de enchufar.

Mentres traballamos tomamos café, o almorzo ou unha infusión.
Estos quentadores de mugs, fan que non se nos enfríe o que estamos tomando. Como se enchufan nos USB, teñen un consumo reducicísimo.
O branco incorpora un reloxo dixital, na súa base.


Cando levamos moito tempo traballando, algo vai de xeito diferente a como queremos, o xefé colleunos en internet durante o traballo e precisamos unha evasión rápida, pulsamo-lo boton vermello e cambiará rapidamente de pantalla.
O sobre branco, ilumínase cando nos entra un correo e non temos a pantalla visible.



Como non, ímos propoñer unhas alfombras diferentes; o puzzle dispón de dúas pezas independentes, unha delas, a máis gordiña, é un antitendiditis que evita dores de pulsos.
A radiografía é un clásico da firma, está moi lograda.

U-LA Boutique está sempre, cos traballadores e esforzados informáticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario