04/04/11

Deseñadora do mes de Abril.

Sara Domènech. Deseñadora de sensibilidade escultórica.

Presenta nestes días as súas últimas coleccións para Joi D'art.
Gústanos moito como a autora define a xoia:

" Unha xoia non é só o valor do material que lle da forma, senón a infinidade de conceptos, valores e formas de expresión que laten dentro dela".

Estamos nesta sintonía, por considerar que o auténtico valor da xoia non é o adorno, nin o que coste do producto, senón o que nos transmite, sentimentalmente falando: cariño, interiorización, vínculos... como pode facer calquera obra de arte.


Xoias de Aluminio das coleccións Kalder e Delta, obra da autora.


Nacida hai case 40 anos en Tarragona, licenciada en escultura e con un currículum volcado á xoiería de autor dende os seus estudos de Belas Artes.

Pezas pertenecentes á autora, feitas no 2006.

Algúns premios como o Enjoia't do FAD ( Foment de les Arts i del Disseny), de Barcelona, xa recoñecen a valía da autora.
Pero é a partir do ano 2001, grazas á colaboración, ca firma catalá de xoiería contemporánea Joi D'art, cando se proxecta definitivamente.
Forma parte importante do equipo permanente da marca e ten feito varias das pezas máis exitosas.

A firma catalá de xoiería actual, celebra neste 2011 o seu 30 aniversario, toda unha traxectoria.

Sara Domènech, plasma o seu talento e creatividade en xoias con esencia de escultura que se adaptan ó corpo como se foran unha pel.
Estas creacións sírvenlle de vía de expresión para comunicarse co mundo que nos rodea.
A autora confesa sentirse moi identificada ca colección Carola, polo diálogo cos materiais que a construien.

Anel e pendentes, da colección Carola para Joi D'art, feita en prata con un acabado mate e esmalte ó lume sobre unha base cóncava de cobre.


Pulseira da colección Duna para Joi D'art, feita en prata satinada e esmalte dourado.

Duna é outra das creacións da autora, que ten un marcado caracter escultórico, polo seu volume e polo plantexamento de espazo interior, con esta concavidade que resulta se-lo maior atractivo dun colgante, pendente ou broche.


Colección nova: Laine para Joi D'art, feita esta temporada, pero pensada para lucir en calquera época de calquera ano.

Unha das virtudes do traballo desta autora é contar ca posibilidade de uso de xeito case atemporál, pois ó non segui-los extrictos mandatos das tendencias, as súas xoias perduran máis no tempo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario