12/04/11

Na cociña divertida...

Do bonito ó práctico, pasando polo innovador e cómodo. Eso é o que a firma Francesa La Chaise Longue, nos ofrece.
Esta cadea de tendas é moi popular no paìs veciño, saca moitos accesorios que marcan a diferencia.

Filtros de infusións ca forma tradicional de bolsiña de papel, pero feita en silicona, ou unha póla de limoeiro do mesmo material; apto, como non, para uso alimentario.



Outro dos filtros, con forma de robot, para os máis nostálxicos, semella un xoguete e pode articularse, para enganchalo no recipiente da infusión.


Coitelos antiadherentes, para ir á mesa directamente e en diferentes cores para diferencia-los nunha churrascada. Tamén os fan máis grandes , para corta-lo pan, picar cebola...


Un temporizador, sempre axuda a controla-la comida cando facemos varias cousas á vez.

U-LA Boutique viaxa para traerche cousas que non teñen as túas amigas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario