03/05/11

Os novos deseños dos profesionais de toda a vida.

Deseñador do mes de Maio.
Como cada mes queremos paga-la deuda cos responsables de que exista, ainda a palabra DESEÑO neste mundo. En Maio é o experimentado Marc Berthier, o que nos atrae.

Deseñador e arquitecto, polifacético pero con un espírito minimalista propio da súa formación e sobre todo do tempo no que traballa; dende os oitenta deulle tempo a crear e crear.

Así que é coñecido polos seus mobles para Knoll, Magis, Ozoo, etc. que podemos disfrutar na páxina do autor; tamén outros productos como pequenos electrodomésticos, polos que destaca no seu labor con LEXON, dende hai máis de 16 anos.

«A miña colaboración con LEXON deume a oportunidade para desenvolver e producir obxectos de deseño en diversas áreas do deseño industrial. Obxectos persoais e accesorios para a casa, xardinaría, oficina, viaxes e lecer. Un gran número de proxectos. Sempre con unha unidade coherente. »

Marc Berthier

Dende hai dez anos forma parte de Eliumestudio, xunto con catro deseñadores novos.

Pero as creacións deste autor teñen sido moi recoñecidas.
Premiado en Francia, co Gran Premio Nacional da Creación Industrial, o Prix Gabriel, a medaille de L'Art et L'Industrie, o premio DesignPlus +, tamén recibiu dous Compás d'Oro, en Italia;
En diversas ocasións premios ó deseño en Alemaña e nos Estados Unidos.

Unha das pezas máis coñecidas do autor é a radio de goma THYKO, feita en silicona suave de alta calidade.
Este acabado permite usala en exteriores, barcos, praia ou baño.
esta peza forma parte das coleccións permanentes do MOMA de Nova York e do Centro Pompidou de París.


Ademais desta, moitas das creacións de Marc Berthier, foron seleccionados para as súas coleccións permanentes, polo Musée National d'Art Moderne, o Museo de Artes Decorativas, en Francia, ou o MoMA, en Nova York.
Podemos significar tamén outras pezas espectaculares de Lexon, como a radio Longclock, rematada en aluminio anodizado e madeira. Un gran aparatiño de dimensións proporcionadas.
O reloxo despertador Cube sensor está tamen acabado nese mesmo material, propio da cultura minimalista deste creador e un dos leitmotiv que protagonizan a estética da firma francesa .

O reloxo chamado Large Cube Clock, é máis ben unha estación meteorolóxica que o autor codeseñou con Pauline Minguet.
Expléndidas:
Son tamén as pezas de escritorio da colección Boxit, feitas en acabados grafito e aluminio, con aplicacións de caucho e grabados laser.
LD 55 - BOXIT ENVELOPE HOLDER gun/blackLD 52 - BOXIT TAPE DISPENSER gun/blackLD 51 - BOXIT PEN CUP aluminium/grey

Non podemos evitar evoca-lo espírito puro do minimalismo.

Dan ganas de tirar todo o que temos na mesa, poñer estas cinco cousas e como dicían na teleserie da BBC, Absolutely Fabulous, recupera-las nosas limpaaaasssss superficieeeeessssssss !!!... dan tranquilidade, sosego e benestar.

U-LA Boutique recoñece o traballo dos experimentados; por que son a verdadeira identidade do deseño...ainda vivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario