23/04/11

Infantil pero non ñoño.2

Cando sintamo-la necesidade de premiar ós meniños, pódemolo facer con certa orixinalidade, eles tamén saben cando nos esmeramos en buscar un regalo e cando o facemos por protocolo.

Non precisamos ser ridículos ou ñoños, para acertar no seu gusto.

Un pouco de nostálxico belicismo co que seguro xogarán tamén os maiores compartindo o tempo cos peques, que non está de máis!!.

Estes avións móntanse en 2 minutos, con facilidade e voan pola súa lixeireza.
O primeiro, máis pequeno, con unha simple élice dianteira, o de camuflaxe, dispón dunha lanzadeira.
Perfectos parameniños entre 6 e 8 anos. Na praia, no monte ou no parque.







Outro estímulo para que aprendan a comer sen axuda: estas fiambreiras, para alimentos sólidos, con capacidade para o xantar ou unha merenda.
Teñen tres compartimentos e os cubertos veñen incluidos.
Opcional froita ou Fast Food, que tanto lles gusta !!




Para que tamén se animen ó pic nic, este xogo de te con caixa, mantel, bandexa e ata panos de mesa. Todo presentado na súa propia maleta.
De lembranzas retro para quenes non o tivemos de pequenos.




A firma francesa La Chaise Longue son quenes editan estas pezas, que seguro os máis pequenos apreciarán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario