18/04/11

Joseph Joseph

Menaxe para cociña e presentación, esto é o que esta marca británica, nos propón.

Pero todo super práctico e pensado para traballar menos, concebido para aprobeita-lo espazo na cociña, potenciando o feito de dispoñer de varias utilidades e ademais de precioso é de calidade máis que excelente.

Estes xemelgos ingleses superpremiados, xuntáron as súas capacidades e ...
¡¡ A crear !!

Un deles estudou deseño en St. Martins e outro estudou empresariais en Cambridge. Dende o 2002 que montaron a firma,( ano no que deberon de face-la foto ), ata hoxe , acumularon moitos premios pola suma de funcionalidade, deseño e cualidades dos productos da marca,


Elevate
de Derek Roberts, para Joseph Joseph.

Elevate, é unha colección de ferramentas que teñen un punto orgánico, semellan unhas mascotas, pero non sabemos se é intencionado; por que a pata que teñen no final da empuñadura si o é; está pensada para resolve-lo problema de onde pousa-la ferramenta cando se nos queima a nosa exquisita Nouvelle Cuisine.


Elevate de Derek Roberts, para Joseph Joseph.

Reforzadas interiormente con aceiro, esta multicor colección poderá quedar derriba da encimeira despois de recolle-la cociña.
Bó para estudos ou apartamentos onde se ve todo, actuarán de pequenas esculturas, estilo Henrry Moore caseiras.


Catcher de Graeme Davies e Spaguetti Measure, para Joseph Joseph.

Quen non quere evitar as pepitas do zumo, ademáis de exprimir directamente no recipiente de traballo; o medidor de pasta axústase as doses que precisemos con un regulador que o indica.


Uni-Tool de Derek Roberts, para Joseph Joseph.
Uni-tool é espumadeira, espátula antiadherente, coitelo e lengueta de pastelería, resiste ata 240ºC; especial para casa contemporáneas, de 35 m. cadrados.

Index de Damian Evans, para Joseph Joseph.

Para quenes nos queixamos da hixiene das táboas de corte, dos cheiros que non se van co lavado etc.
Aquí está Index a solución ven en forma de arquivador de oficina, para peixe, carne, verduras e cousas quentes, catro cores diferentes para os máis pedagóxicos, como no instituto!!


Scoop de Morph, para Joseph Joseph.

Escoa-las verduriñas cocidas, do teu novo réxime , tamén escorre-las frituras que farás despois do réxime, ou coller cantidades grandes dunha soa palada, non serán un problema co supercoadoiro Scoop.

Chop 2 Pot Plus de Mark Sanders, para Joseph Joseph.

Quen non se cansou de recollelos restos que van caendo polo camiño da tarteira, pois esto será a táboa do futuro, cortar e baleirar!!, como se fora unha pala.
Dóbrase polas marcas, está garantizada para tres anos, ( o nunca visto), pode ir ó lavalouza e ademais de cómoda e raibosamente bonita, da gañas de usa-la como pai-pai no verán.

The King e Marilyn, para Joseph Joseph.

Tamen un tributo as figuras populares en plan Arcimboldo, neste caso posaron para a foto Marilyn e Elvis, cas que se fixeron salvamanteis-táboas de corte.
Vidro especial que resiste temperaturas ata 280ºC e lavalouzas, ademáis sirve para presentar unha táboa de queixos, embutidos, etc. na propia mesa, sen que quede cutre.

O listado de productos engrósase con escorredores, táboas de froita, pinzas plegables, etc.
En U-LA Boutique atoparás outras cousiñas sofis, da marca Joseph Joseph.

Ningún comentario:

Publicar un comentario