18/04/11

Jamie Oliver axúdache a cociñar.

Jamie Oliver, o popular e mediático cociñeiro inglés, inventou, hai uns anos esta cocteleira de sabores, Flavour Shaker.

Como moitos saberedes, Jamie foi elexido polo goberno inglés para elabora-lo programa Feed me Better, e modifica-los menús das escolas británicas, por que parece que non comían moi ben.
Nintendo sacou un xogo chamado What’s Cooking Jamie Oliver Nintendo DS, para aprender cociña práctica e sofisticada.
Tamén fixo un reality que trataba de ensina-la profesión de cociñeiro a un escollido número de rapaces desintegrados ou excluidos socialmente, cristalizado no restaurante Fifteen, exportado a tres paises máis, algúns dos participantes son hoxe reputados cociñeiros.
Ademais é gañador do premio TED 2010.

Este instrumento de traballo, Flavour Shaker, ten varias virtudes.
Como el mesmo afirma: "É unha forma realmente divertida de engadir increibles sabores ás túas comidas. É facil. É novidoso. É rápido. Vas a transforma-la túa dieta diaria en algo realmente fantástico...¡Lánzate!".



Trátase dunha especie de cruce entre un morteiro e unha cocteleira, que dispón dunha bola pesada que ó sacudila, machaca e tritura, toda a mestura que se atope dentro.
Ademais no kit, están incluidas dez receitas en español, de vinagretas, adovos e azucar de moka.
Está editado pola firma británica Wiliam Levene, propietaria de Cole & Mason, expertos en muiños de pementa.
Esta ferramenta está recomendada pola revista Woman.


Na paxina do producto Flavour Shaker, facilítan máis receitas nas que se lle pode sacar partido ó invento, ó estilo Jamie Oliver, sofisticado, saudable, sabroso e rápido:


Neste vídeo podemos ver como preparamos varias das receitas do pedagóxico cociñeiro, en cuestión de segundos:



U-LA Boutique tamén pensa na operación bikini.

Ningún comentario:

Publicar un comentario