02/08/11

Personalidade.

Como é tempo de luci-lo corpo e de expresarse con pouco, temos que saber transmiti-lo noso alegre espírito dun xeito rápido e directo. Sen necesidade de recurrir ó alcohol, que tan comunicativas nos fai.
Trapos e xoias son as nosas aliadas.
É verdade que a roupa pódese personalizar con mesturas apropiadas, pero é a xoia a que define esas pequenas características de nós, que nos diferencian da multitude, que se enche de colgarexos con menos que dicir que asnoyicias da TVG.

Xa temos falado da deseñadora Cristina Juliá, de Joi D'art, pero hai unha colección de entre toda-las súas que destaca polo seu caracter e singularidade.

Gargantilla Davi, de 42.80€, podes atopala aquí .
Pendentes de 59.90€, pódelos atopar neste link.

Trátase da colección Davi, editada hai tempo e que nestas datas é motivo de atención para quen a recorre ca mirada e non só polo brillo ou pola estética.
Por suposto á pulseira é a peza protagonista da temporada. Pois ás máns lúcense sen roupa longa que as tape e adquiren importancia.

Do mesmo xeito que as coidamos con cremas por que discriminalas deses outros coidados, non sempre as orellas e a cara van ser as que fagan o primeiro papel do espectáculo.

Pulseira Davi de 105.80€, pódela atopar neste link.

A conbinación do bronce dourado e a prata pulida, xunto ca forma orgánica, que lembra vexetais indefinibles, fan doblemente, destas pezas, unhas verdadeiras xoias contemporáneas e atemporais á vez.

Pasarán os anos e recurriremos a poñer un pendente ou un colgante Davi, simple e cheo de significados; que fascinan a quen os pon e ós que os admiran.

Ningún comentario:

Publicar un comentario