30/08/11

Para fans de Starwars.

Tamén para informáticos de imitación, e maiores de 40 anos, para xente con fantasía, indivíduos con sensibilidade artística... e por suposto advertimos: absterse profesionais da informática.

Sen prexuizos cos lados oscuros nen claros, pero poñéndose do lado da tal misteriosa ...Forza.
¿ Quen non quere utilizar a forza do auténtico e poderoso Darth Vader
no seu ordenador ?,
¿ Quen sabe se así podería pensar el por ti ? O seu prezo son 35.80€
e pódelo atopar aquí.

Memorias Flash USB 2.0 de 4 GB, que ademais incorporan fondos de pantalla, iconos, clips de audio e moito máis contido dixital extra para o teu entretemento.
Compatibles con MAC e Windows.
Hai moitos personaxes como Yoda, C3PO, etc. pero estes son os que máis riquiños e que despertaron a nosa fantasía.
R2-D2, o seu prezo é de 35.80€, pódelo atopar aquí.

Contan cas autorizacións de Lucasfilm Ltd. & TM, non son unhas versións chaiñas que logo nos meten un virus no PC, que nos remataría por tolear por completo perdendo así os nosos poderes e a compañía da... forza.
Personaxes moi logrados e con un deixe que de seguro, moitos e moitas saberedes apreciar.

U-LA tampouco se pode resistir ó poder da forza.




Ningún comentario:

Publicar un comentario