05/08/11

Fumadoras, depiladas e amañadiñas.

Todos sabemos que o sentir xeral oponse ás fumadoras, pero... ¿E se esas fumadoras estiveran coidadiñas, guapiñas e amañadas como se se tratase dunhas glamourosas Mata Hari versión galega?...¡ Pois non sería tan facil de negativizar!.


O primeiro son estos espelliños para estar sempre insuperable e que podas face-los retoques sempre que o precises, son de 10€ e pódelos atopar aquí.

Os cinceiros de bolso son tamén apropiados para as verdadeiramente prácticas e para non quedar de suxa, aló onde che entre necesidade de fumar.
Son de 11€ e pódelos ver na nosa páxina.

Farían falla moitos máis argumentos difamadores e mala publicidade, para nos convencer do repulsivo que supostamente poderían selas fumadoras amañadiñas e glamourosas .

Estas pitilleiras daranche un estiliño que vai dar que falar entre as amigas. Son de 13€ e pódelas atopar neste link.

Fartos de tanto esfolamento e posta verde, imos axudar á difusión dunha imaxe máis positiva desta minoría aplastada e vilipendiada... as fumadoras, con todos esos efectos nocivos e tantas enfermidades que arrastran e propagan!!. ¡¡¡Uuhh!!

Por se din que o tabaco deixa mal cheiro, aquí están os vaporizadores de Pylones, son de12 €, e pódelos atopar aquí.

Por esa razón e sen que poda parecer unha apoloxía do cancro de pulmón, lingua, etc propoñémosvos uns obxetos imprescindibles para vos sentir ben con vos mesmas e incluso para regalar a outras amigas delincuentes tamén.

Dedos e mans ben coidadiños para colle-lo cigarro con estilo e para os momentos de aburrimento, limas e tesouras son de 8€ e 14€ e pódelas atopar neste link.

Estamos seguros que todo esto pode supoñer unha axuda psicolóxica para garanti-la supervivencia nun universo plagado de presións e agresións; que por suposto, dentro duns anos veremos patéticas.

Interesadas en facer un grupo de loita e lea contra a presión patética, podedes facer comentarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario